Translate

martes, 18 de agosto de 2009

O RAKÚ

Amarrado en Muros. Foto: Joan Sol


Xa temos falado nalgunha que outra entrada sobre o racú dos Amigos da Dorna Meca. Hoxe volveremos sobre os nosos pasos para afondar no carácter desde barquiño e a súa navegación. O RAKÚ, que así se chama, mercouse en Cambados nos primeiros tempos da Asociación, cando Manolo Parada e compañía botaban o tema a andar. O barco traballou como naseiro e estaba algo tocado pola falta de uso. Cando chegou ao Grove os irmáns Garrido ocupáronse de axeitalo, de casco e cuberta, e aparellouse para velear.
Por circunstancias inherentes ao xeito de funcionar e a vida das asociacións o Rakú caeu no desuso, cousas que pasan… e foi no 2004 cando se lle volveu a botar a man, con moita boa intención pero con demasiados bances tocados como para ser “remendos”.
O racú en 2004 foi "asistido" de novo. Foto: Lino Prieto

Finalmente valorouse solicitarlle á Consellería de Pesca, agora de Mar, a posibilidade de que os alumnos do módulo de Carpintería de Ribeira do Centro de Formación A Aixola, ponderan formarse e empregar o seu tempo na restauración de un barco real e ao que se lle daría uso unha vez recuperado.
Así foi, o barco estivo un tempo en Marín e volveu para O Grove, onde continúa a darlle satisfacións aos que o empreñan para velear. A súa primeira saida unha vez reparado foi para participar no IX Encontro de Muros, a onde foi e volveu sobre a toldilla do Hidria (de novo gracias!).

Navegando en Muros. Foto: Joan Sol


En Muros houbo unha anécdota ben bonita, cando varios dos Amigos da Dorna Meca estaban a aparellar para sair achegouse un rapaz no pantalán que prestaba moita atención á manobra, preguntou se ese era o “racú do Grove” ao que se lle contestou que si, resulta que este mozo traballou na rehabilitación do barco nun dos cursos da Aixola. Inmediatamente foi convidado a embarcar e pasar a tarde veleando na saída a Monte Louro.
Hoxendía o Rakú está amarrado no porto meco e sae cada pouco a navegar.
No porto do Grove. Foto: Lino Prieto

Particpando na II Regata de Clásicos, San Vicente. Foto: Lino Prieto

miércoles, 5 de agosto de 2009

Fomentar as embarcacións tradicionais

As "tripulantas" abordo da Meca. Foto: Martina Miser


A Asociación de Amigos da Dorna Meca está a facer saídas abeertas de navegación, un método práctico e real para fomentar as embarcacións tradicionais e a súa navegación. Na primeira saída embarcaron: Lara, que ven desde Santiago, Rocío, María, chegadas desde VIlagarcía, e Martina, unha moza de Cambados que traballa como fotoxornalista na Voz de Galicia que, que onte sacou unha reportaxe sobre a iniciativa coas fotos que fixo da travesía, podedes vela pinchando sobre a seguinte imaxe.



Recorte da reportaxe na voz

domingo, 26 de julio de 2009

e a navejar

Este sábado despois do café aparellamos de arriamos cabos: 3 dornas e o racú iamos a pasar a tarde navegando con un vento norte que daba justo. O racú foi o último e sair do porto, pero non tardamos moito en alcanzar ás dornas.


Adiantando a Cores e a Mundo


Javi fixo de proel, ainda que todos nos turnamos á caña




Chegamos á Praia das Pipas, onde había un mundo de xente a asollar, varamos o racú e a dorna quedou fondeada. Desembarcamos entre bañistas e tomadores de sol para ir dereitos coma flechas ata o kiosko, onde nos refrescamos á sombra.

Aparellando para sair

Ao regreso fixémonos un pouco os remolóns para que nos alcanzase A Meca pola zona do faro do Jaliñeiro, que saíra de mañan para ir ata Aguiño. Nós ainda seguimos ata a ponte da Toxa, aprobeitando a marea e navegando achegados ao paseo onde a xente se quedaba a mirar para a vela (non nos caiu ningún manís na cubierta)

viernes, 24 de julio de 2009

Pasos necesarios

Comentabamos esta tarde que hai quen opina que destaca moito a noblesa dos nosos barcos, comentábamolo diante de unha boa caña de servesa, á sombra de un bar cambadés. Esta noblesa pasa por ter os barquiños ben arranxados, que dea justo velos e xa de paso impedir que nos entre o bicho na madeira e tela ben nutrida.

Pois ben, hoxe venres, nesta transición meteorolóxica... con ese solaso ás 3 da tarde alí estaba Liniño enriba do varadero de Peralto, con unha brocha a estrenar e unha garrafiña co "condumio": aseite de liñaza, xilamón e un pouco de coloriño, todo ben axitado e coa misma darlle unha boa man a todo, corredores, cuarteles, saleiros, panas, remos, palo...

Esta é a única forma de ter os barcos ben bonitos pa cando nos veñan a faser fotos e tirarnos manises. Mañán haberá algo de navegasión...

miércoles, 22 de julio de 2009

TRIPULANTE OSCAR (CMS)

Oscar merendando no RÁNÁ despois dunha xornada de traballo abordo

No resumo de Muros 2009, non quero deixar a ocasión de citar o noso tripulante OSCAR que non pudo facer a travesía Cambados-Muros no RÁNÁ como estaba previsto. A causa foi un “resbalón” en cuberta nada máis embarcar no pantalán. Durante a semana previa o Encontro de Muros, Oscar traballou arreo para que todo o barco estivese listo para a travesía e o Encontro, pero coma sempre as presas son malas conselleiras e este ano non mesturei os polbos antideslizantes na pintura de cuberta. Esto, unido as presas” por sair, ocasionaron o patinazo.

Consecuencias: un ferida aberta na canilla e un forte golpe no ombreiro. Despois de ir con Oscar ó Centro de Saúde para aplicarlle asistencia médica decidimos saír aínda que a moral xa non era a mesma.

Lección: extremar a seguridade e aplicarlle máis calma porque a cousa quedou nun susto pero a tripulación non deixou de pensar que un dos tripulantes tivo que quedar en terra por unha tontería.

Saúdos da tripulación do RÁNÁ nesta foto que apareceu no mobil entrando en Muros cando unha manda de golfiños nos daban a benvida.

Tripulación travesía Cambados-Muros: Majete, Acha, Jato, e máis eu.

Máis cousas:
RESUMEN ENCONTRO BLOGUEIRO. Muros 2009
POR LINO PRIETO

Para ser fieis á verdade empezarei reconocendo unha falta: cheguei tarde ao Encontro Bloggueiro, e tiña causa xustificada: ese sábado pola tarde saín a dar unha voltiña na SEMPARADA, levando como proel ao amigo Xabier Camba-lache. E aproveitando a coiuntura enleámonos a arrancar todo e meter a dorna no carro.
Ao chegar ao Telecentro de Muros, recibin unha grata sorpresa ao primeiro golpe de vista, veume á cabeza o anterior encontro de blogueiros en Ferrol, no que nos xuntamos catro gatos (case literalmente). Pero nesta ocasión entrei nunha sala de ordenadores na que se atopaban case 25 persoas, blogueiros, blogueiras, consortes e amiguetes.
Xocas facía de moderador im-placable, repartindo os 7 minutos de gloria que nos tocaban a cada un de nós. Cando entrei estaba o amigo Joaquín Yarza, de modelismonaval.com, comentando o mundo de tráfico que rexistra o seu portal, todo un referente dese mundiño en Internet. E logo falou o “recente” amigo Joan Sol, de elmareselcami.blogspot.com, que nos explicou como entende o mar e como leva a súa afición-adicción a el.
Falou Mar, a Amiga Atlántica, que estaba verdadeiramente emocionada e alegre polo resultado dos dous Encontros (o de EETT e o dos bloggers), e logo Regino, de caamouco.net.
E tamén falei eu, que non teño moito que contar e que ando metido en blogs por un tubo.
O encontro foi ben productivo por coñecernos todos e resultou dinámico porque as intervencións non se prolongaron moito, achegábase a hora de cear e alá fomos todos xuntos para a Taberna Mariñeira, onde tomamos unha caña.
Anotacións para vindeiras edicións:
- algo máis de luz, para vernos as jetas e non deslumbrarnos ao sair da sala
- unhas cervecitas frescas,que estamos no mes de xullo!!

E ata aquí a miña parte, Xaquín terá que explicar como empezou o tema, que el foi máis puntual ca min.

martes, 21 de julio de 2009

máis xente elegante en muros

Aquí vai a foto dunha "muller elegante en Muros" lucindo a camiseta boudevara, aínda que como veredes a foto está tirada fronte a Illa de Toralla.
Foto: Amiga Atlántica (blog: Unha mirada a la Ría de Vigo)

Saúdos canheros para Mar, menos mal que ai xente coma ti que se acorda de levar cámara de fotos e tomarse a molestia de publicalas porque se fose por este blog vos quedaríades coas gañas.
Bueno Mar, o Vinho Canhero penso que pode ir de lastre pero despois de bebelo, non te preocupes que "é da casa". Cando veñas por Cambados o probas cunhas vieiras, unhas ostras ou mesmo un cordeiro.
Un saúdo e gracias pola foto

Outras cousas:
1. O RÁNÁ xa está en Cambados de regreso de Muros.
A saída foi o sábado as sete da mañán con vento lixeiro do norte, así que fumos en orellas de burro ate Corrubedo.

Foto: teléfono mobil boudevara

Despois, a eso das dez da mañán o vento quedouse e fixemos o paso de Sagres en calma chicha, mala sorte, pero con todo, poder contemplar Sagres cun mar chumbizo nunha quietude inmensa foi sobrecolledor. Como sempre ningunha cámara a bordo, cousa da casa. Como aínda era cedo, decidimos ir ate o Grobe a ver a Regata dos Faros (gañou Pardavila), onde nos fixeron esta foto (esta tripulación non ten remedio):

Foto: unhas claras no Moscón (Ogrobe) as 13.30h

2. Lino Prieto en Salitre:
Onte luns o noso corresponsal boudevara Lino Prieto (Amigos da Dorna Meca), saíu pola telejaita no programa Salitre, para os que non tivechedes a sorte de velo, aquí tedes o enlace:

http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=615

E para finalizar a entrada de hoxe, lembrarlle a Lino ese resumo do encontro blogueiro en Muros 2009.
Ata mañán

viernes, 17 de julio de 2009

máis muros 2009

Novas imaxes recibidas no Centro Sentral Boudevara.

Policía Local de cartagena:

autor. Lino Prieto
Título: Xa estamos todos

Aula obradoiro da pesca artesanal CHASULA. Intramar s.L:

Autor: lino Prieto
título: O Chasula, barco ecolóxico

Dorna Jatinha. Amigos da dorna de Portonovo


Autor. Lino Prieto
título: A Jatinha, masa social activa

E aquí van imaxes que atopamos do Clube Mariño Salnés noutros blogs::

1. Dorna de Tope "A Muller de Balboas" e o Folkboat "RÁNÁ"
Blog: http://www.modelismonaval.com


2.Proa folkboat RÁNÁ
Blog: nautijorge.blogspot.com

Saúdos e gracias a estes blogueiros e disculpade a collida das fotos.
A medida que vaiamos recibindo material o iremos publicando. Faltan moitas imaxes espectaculares como a chegada de San Francisco o sábado pola tarde coas embarcacións alineadas e o vento na popa. Tamén estamos a agardar videos prometidos e para o final reservaremos unha conclusión con propostas que estamos a recoller para ter en conta no seguinte Encontro.
Lembramos que podedes enviar material a:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es
Graciñas pola vosa colaboración con este irreverente blog.