Translate

miércoles, 5 de agosto de 2009

Fomentar as embarcacións tradicionais

As "tripulantas" abordo da Meca. Foto: Martina Miser


A Asociación de Amigos da Dorna Meca está a facer saídas abeertas de navegación, un método práctico e real para fomentar as embarcacións tradicionais e a súa navegación. Na primeira saída embarcaron: Lara, que ven desde Santiago, Rocío, María, chegadas desde VIlagarcía, e Martina, unha moza de Cambados que traballa como fotoxornalista na Voz de Galicia que, que onte sacou unha reportaxe sobre a iniciativa coas fotos que fixo da travesía, podedes vela pinchando sobre a seguinte imaxe.



Recorte da reportaxe na voz

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Ola Lino. Tal e como estan as cousas, con asociacións moi en precario, cando non agochadas debaixo dos cons (a cousa ven de lonxe e segue agravándose), estas actividades case deberían ser obrigatorias para as asociacións que reciben cartos públicos, non só para recuperar barcos senón tamén para socializar o seu uso e disfrute. É excesivo o número de entidades con dous ou tres socios e case ningunha actividade de difusión, publicidade nin comunicación. Dende logo é unha actividade chapó, tanto polo significado de abrir a asociación ó público como polo feito da difusión nos medios de comunicación. O ideal é que esta xente que participa, tomara a decisión de facerse socia, a ver que pasa.
Eu apúntome mañán para dar unha volta no Racú.
Nota: Esta semana deberíamos pechar Muros.

Lino dijo...

Tal e como se di na reportaxe na Voz esta iniciativa deberíase ter feito hai moito tempo, o que pasa é que non é facil porque todos temos os nosos traballos, as liadas.... pero finalmente pudemos facelo. Vai habendo xente para saír e para a semana virá xente do Grove con nos. En canto ao de facerse socio, se eu estivera no caso faríame socio sen dudalo (18 euros ao ano), pero cada persoa é un mundo, e para mín ten máis importancia persoal activo que se involucre e o da cuota xa virá... o conto é que nos demos o paso para que a xente tuvera oportunidade de embarcar.
NOTA: a ver se repaso as fotos de Muros, pero con todo mándame un correo cos temas a tratarr para buscar en relación.