Estamos en tempo de postulados e candidaturas para o X Encontro de Embarcacións de Galicia, polo de agora, segundo soubemos pola prensa, hai dúas iniciativas para acoller a décima edición e vixésimo aniversario da Grande Festa da Cultura e o Patrimonio Marítimo.
Hai que recoñecer que o feito de que concorran dúas candidaturas para a celebración dun Encontro é sempre unha boa nova, xa que os que estamos metidos nesto sabemos moi ben o que implica meterse en fonduras organizativas a este nivel.
A Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa, e a Asociación Cultural Rompetimóns, de Carril, en conxunto coa Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán, son boa mostra da boa saúde da que goza a actividade máis representativa da FGCMF.
O prazo continúa aberto para aquelas entidades que desexen que o seu porto sexa sede do X Encontro, polo que no Boudevara decidimos animar un pouco o cotarro con unhas poucas fotos de encontros pasados, para ir abrindo boca, ata que a Xunta Directiva da Federación faga pública a súa decisión.
Ben, e como xa fixemos no ano 2009, imos abrir unha enquisa para mirar as preferencias do persoal.
Así que en boudevara podedes manifestar as vosas preferencias e despois xa miraremos se acertades coa elección oficial.
Ahí vos quedan as noticias ás que nos referimos:

