Translate

martes, 4 de septiembre de 2018

Clausura da EVT. Cambados 2018



Clausura e entrega de diplomas 
III Xornadas da Escola de Vela Tradicional
Cambados 2018








A pasada fin de semana tivo lugar no salón de actos do Concello de Cambados, a clausura das 3ª Xornadas de Vela Tradicional que por terceiro ano consecutivo se desenvolven na vila organizadas pola Asociación Vela Tradicional Cambados en colaboración co Concello.


As actividades de desenvolveron, ao igual que os anos anteriores, no antigo peirao de Cambados onde se pretende consolidar a Mariña Tradicional Porto de Cambados como espazo para realizar actividades abertas ao público en xeral coas embarcacións tradicionais onde se mesture “cultura e deporte”.



MARIÑA TRADICIONAL PORTO DE CAMBADOS. 2018


Na presente edición se desenvolveron dous cursos, un en xullo e outro en agosto, cunha participación de 24 alumnos/as de distintas idades e procedencias, que tiveron a oportunidade de aprender durante as dúas semanas de duración de cada curso, como se navega en distintas tipoloxías de embarcacións tradicionais.



   







 Para isto a Escola de VTC conta cunha ducia de embarcacións tradicionais repartidas entre loros, dornas polbeiras, dornas de tope, un bote de ribadeo e mesmo un veleiro clásico da clase nordic folkboat.


 

Rana (Nordic Folkboat), Aiexa (dorna de tope) e Unicornio (bote de ribadeo). Fronte ao Carreirón (Illa de Arousa). 2018







Durante a entrega dos diplomas correspondentes, os alumnos amosaron a súa satisfacción e os seus desexos de repetir a experiencia e dende a organización resaltaron que durante estes 3 anos pasaron pola Escola de VTC, máis dun cento de persoas que ademais de iniciarse no mundo das embarcacións tradicionais, cada un deles se convirte en embaixador e protector da cultura e do patrimonio marítimo.


Unha escolma de imaxes da Escola de Vela Tradicional Cambados 2018:










 



































Salientar que todo o equipo técnico que conforma a escola (monitores/as e auxiliares), saen das asociacións de cultura marítima de Cambados: A Torre, As Joritas e Clube Mariño Salnés e mesmo nalgúns casos, contamos con axudantes formados nas anteriores edicións da escola.


 






















Remate:

 Xa van alá tres anos dende que se puxo a andar a EVT de Cambados, tres edicións onde máis de cen persoas puideron navegar e coñecer algo máis sobre a navegación e as embarcacións tradicionais. Moitos navegaban por primeira vez, outros repetían experiencia e todos salientaron a necesidade de seguir adiante coa Escola.


A intención dende logo e seguir se ben, para isto faise necesario unha serie de premisas que neste momento non se cumpren:

- Amarres consolidados para a flota da escola.
- Colocación de elementos flotantes para o embarque /desembarque seguro dos alumn@s.
- Maior infraestrutura en terra.
- Mellora do financiamento das necesidades da Escola.


De todo isto depende que no futuro siga funcionando. De momento temos 3 edicións ao lombo e agardamos poder sumar outras tantas. Sirva esta entrada para seguir a reivindicar a MARIÑA TRADICIONAL PORTO DE CAMBADOS como espazo de lecer e a un tempo, de protección e difusión do patrimonio e a cultura marítima.

(Imaxes: alumnos/as da Escola 2018)








No hay comentarios: