Translate

miércoles, 18 de septiembre de 2013

UNHA TARDE NO FREIXO

O verán esmorece e a nós tócanos reiniciar a actividade no blog para tentar facer máis levadeira a transición dos pés espidos, acostumados a un camiñar en "chancletas", para afrontar a entrada do outono que vai pedindo calzado axeitado para acomodarnos ao asfalto frío e a esas chuvias que non han tardar en aparecer.
Certo que aínda quedan as vendimas e que vai cair algunha que outra saída de navegación antes da invernaxe definitiva dos barcos, pero o paso do tempo é inevitable e antes de que nos decatemos, o chan estará cuberto de follas, os barriles cheos de viño novo e pronto andaremos polos loureiros a remomorar os días de verán roendo froitos enxoitos e se cadra algún que outro centolo. Pois eso, en boudeva pregamos velas, preparámonos para o outono ao abrigo das imáxenes que nos deixou esta tempada de navegación e empezamos, como non, polo Freixo, que albergou o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e facémolo a través da ollada de Aloia Ínsua na tarde de sábado navegando na dorna de tope A Muller de Balboas do Clube Mariño Salnés de Cambados.


Unha tarde no Freixo
sábado 13 de xullo
Tripulación: Rafa "O Gato", Jorge "Satélite", Isabel, Santiago (á caña), Aloia e Emilio e maís eu.
imáxenes: Aloia Ínsua 

O sábado pola tarde tivemos unha xornada de navegación moi agradable coa familia Insua-Avión que embarcaron con nós e tomaron estas imáxenes do mar do Freixo, cousa que agradecemos porque se non, non teríamos case ningunha imaxen para ilustrar esta estrada no blog.
Imos aló:




Aparellando:

Dorna "A Muller de Balboas". Clube Mariño Salnés. Cambados

Comentario dos de popa: "Mimá, cacho cú que está a votar o Gato"

Posta do pao na fogonadura

 Embarque:

 



 
Rafa "O Gato" recibe con elegancia e cortesía aos convidados

Preparando para saír:

Vela arriba

Navegamos para rebasar a bocana do porto






Temos pouco vento, pero suficiente para encher a vela



Cruzámonos con outras embarcacións:

Lancha do xeito. "Nova Marina". Réplica, a partir de pecio localizado en Caldebarcos, realizada na Escola Aixola. Na actualidade adscrita á Escola de Navegación Tradicional da Asociación Cultural Dorna. Illa de Arousa

Racú "O Laberco", feito do Asteleiro de Gerardo Triñanes



 Fasquías mediterráneas




Trainera da Escola Mar de Vigo


moitos barcos navegando ao lonxe:

















Os amigos portugueses presentes como sempre dende o primeiro Encontro alá polo 1993 en Ribeira



Galeón Illa de Cortegada. Asc. Rompetimóns. Carril

preciosas imaxenes dunha gamela coruxeira. Asociación Mar de Pedra de Cangas.



Galeón Rei do Mar. Illa de Arousa


Traíña "Pescadoira". Asociación Os Galos de Bueu


Buceta "María AD" do Clube do Mar de Ferrol navegando co vento de popa.

 Embarcacións procedentes do Pais Vasco. Unha imaxe xa habitual nos Encontros:

 





 e outras moitas tan habituais coma Santi dándolle á gaita: 

 
Dorna de Tope "Peza de Rabo" . Illa de Arousa


As vistas dende a Muller de Balboas:

Pola proa:

Cara Sur da Ría de Muros

















Pola pola








 



Polo costado:












      


E a tripulación:

Santiago á caña:

 





  


Jorge "Satélite"




Rafa "Gato"



                                                                                                                              
 

Aloia               Xaquin                           Santiago                     e     Emilio

Imos regresando a terra:






 




O Galeón "Luísa" do Clube A Reiboa de Combarro.


Dorna de Tope "A Lavandeira" da Asoc. Fasquía da Illa de Arousa.

 




Dorna xeiteira "A Jatiña" da Asoc. Amigos da Dorna de Portonovo.
 





 A Muller de Balboas tamén chegando ao seu atraque:









Xa amarrados despedímonos das visitas dunha xornada de lecer que se agradece cunhas cañas ben frescas a bordo. Saúdos a Isabel, a Emilio, a Santiago, por levar a caña e a Aloia polas fantásticas imáxenes que nos cedeo para esta entrada no boudeva.
Moitas gracias e ata sempre.




E nós ficamos a bordo da Muller de Balboas recibindo as visitas de amig@s mentres a noite nos caía enriba... ¡que ben se está nos barcos tomando un refrixeiro despois dunha tarde de navegación contemplando toda a flota amarrada!. Así o vivímos dende o teléfono mobil:











A Lavanqueira a carón do Búrbida











Remate: A tarde tranquila do sábado reflicte para min a esencia do XI Encontro. A pequena vila do Freixo tiña espacio sobradamente para albergar a toda a flota dun gran Encontro. Se cadra menos barulleiro que outros anos, pero en troque máis repousado e sen tanta estridencia. Estaba o fundamental que caracteriza un Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia: unha vila con tradición mariñeira que nos acolleo con agarimo, unha abondosa representación do patrimonio marítimo flotante e un programa de actividades suficiente e adaptado a unha realidade económica dificil.
Noraboa e agradecementos á vila do Freixo e a Comisión Organizadora, coa FGCMF ao fronte, polo éxito da cita e por suposto a todas as tripulacións presentes.


Por último resaltar o esforzo do pequeno Clube Mariño Salnés para estar presente. Certo que na actualidade o protagonismo vai para todos eses barcarróns, esas inmensas fasquías arboladas con enormes panos que deixan desventadas e deslucidas ás pequenas embarcacións como a dorna A Muller de Balboas. Pero caldamente, sabemos do esforzo de moita xente acarrexando embarcacións ata o mar do Freixo atravesando a serra do Barbanza. Nós tamén tivemos o noso e o luns previo ao Encontro atopamos por fin un remolque despois de días na procura dun carro axeitado. Entre buscar o remolque, cargar a dorna e facer a viaxe, déronnos as tantas da mañán, despois tocou agardar a subida da marea para poder botala ao mar e deixala amarrada e finalmente regresar ata Cambados. Para entón eran as 5 da mañán e algún tiña que erguerse as 6 para ir traballar..., ousexa que non durmeo. E para traer a dorna de volta, máis ou menos o mesmo. En fin, inda que sabemos que se non estivésemos no Freixo ninguén se decataría, o Clube Mariño Salnés estivo presente e aportou o seu grao de area, se cadra pouca cousa comparado coa aportación doutras asociacións, pero para min xa é moito.

Por iso, noraboa e unha forte aperta a todos os membros que traballáchedes para que o Clube Mariño Salnés de Cambados estivese no XI Encontro. O Freixo 2013. 

       



7 comentarios:

Lino dijo...

Reportaxe completo, reportaxe Comansi.
Moi boa a entrada e coincido contigo nas tuas reflexións, creo que a principal lección que debemos de sacar do XI Encontro é que o Freixo nos enseñou como facer as cousas ben baseándose na esencia.

bou de vara dijo...

Boas Lino, gracias polos comentarios e pola corrección do erro na identificación dun barco. As veces pasan estas cousas, agora mesmo releendo a entrada atopei outra errata no nome da dorna de tope da Asociación A Fasquía, onde se etiqueta o nome de "Lavandeira" en vez do correcto "Lavanqueira", pero case que non o vou a correxir xa que estas cousas forman parte do anecdotario de erros dos moitos que se teñen dado ao longo destes anos. Acórdome por exemplo que na II Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Cambados (alá polo 2002 penso), o Atlántico Diario redactaba o seguinte: " a la cita de Cambados acudirán afamadas embarcaciones como la Dorna "A Galiña" de Portonovo y también una "Lancha Leiteira..." . Anos máis tarde un diario de tirada nacional (o dos abecedarios), nun extraordinario afán de traducción comentaba "En Galicia existen distintos tipos de barcas tradicionales como las dornas, las bucetas y los raculos".
Pero se tivese que quedarme con unha destas anecdotas elixiría a romántica conversa que escoitei a pé do pantalán de Combarro entre dúas mozas, unha preguntaballe á outra polos tipos de barcos que ían mirando e a outra ía explicándolle:
- esa es una dorna y la que está al lado es un bote.
- ¿Y este otro?
- Ah, si, bueno -(vacilou a rapaza na resposta)-, pues eso es un GAMALEÓN.

A parte das rosotadas que non votanos, non deixa de ter un deixe romántico, xa que se presupón que a critura tiña que ser o froito dos amororíos entre unha Gamela e un Galeón. Sen dúbida escribíase un bo conto.

Por iso, e a non ser que Santi Mougán nos pida que corrixamos, imos deixar a cousa como está depois de todo o importante é que falen de un , inde que sexa de forma incorrecta.

Saúdos


Xocas dijo...

Moi boas "erratas"! o de raculo pasa á historia :-)

Tamén estou de acordo na visión do Encontro. Foi "familiar", e dou para que a xente se xuntase e falase con calma. Ademais de tomarlle unhas birras, claro.
Os barcos ían a plan de xente ao mar, moitos do Freixo, foi cousa boa.

Xaquín dijo...

Pois se a "Muller de Balboas" nos estivese no encontro seríamos moitos os que a botaríamos de menos, non o dubides Xaquín.

andreia dijo...

Que boa xente e que bos barcos. E claro que vos íamos botar de menos, parviños! Non deixedes nunca de ir, nin deixedes tampouco o bló.

bicos!
a.

Santy dijo...

Ola Xaquim:

Moi boa reportaxe, que nos fai recordar esas maravillosas navegacións que pasamos nos barcos con xente tan agradable. As embarcacións pequenas, sempre se botan de menos porque en realidade é a verdadeira esencia dun encontro que semppre nos fai recordar de onde vimos, porque xente como eu foi donde realmente empezamos a amar esta maneira de entedela vida.
Por o de "Lavandeira" por min non hai problema, estou de acordo contigo, que forma parte do anecdotario e hai que deixalo como está.

Unha aperta

bou de vara dijo...

Boas Xocas: agradecidos pola promoción da entrada na páxina da FGCMF. Coincido co calificativo de "familiar", depois de todo también o mundo dos barcos tradicionais é coma unha Gran Familia.
Apertas

Xaquin: gracias pola visita e polos ánimos que boa falta fan.
Saúdos para toda a xente da Reiboa.

Sr. Andrea, ti si que nunca deixes de vir por este blog senón si que te votaríamos de menos.
Reparte bicos para toda a familia.

Hola Santy, xa facía tempo sen verte navegar polo Boudevara. Coincido co comentario, xa que a maioría iniciámonos na gran escola dos barcos pequenos, aos que xamais deberíamos esquecer.
Unha forte aperta


Gracias a todos pola visita e polos comentarios, sodes sen dúbida o tesouro deste blog que neste mes de setembro cumpriu 5 anos (2008-20013), e está a piques de chegar ás 25.000 visitas.
Un blog pequeno pero cun público fiel e excepcional.
Noraboa e totalmente agracecidos por seguirnos, porque sen vos, este blog non tería chegado ata aquí. Adiante