Imos continuar coa 2ª entrega de imáxenes antigas de Cambados que corresponden na maioría dos casos cos anos 50 do século pasado. A fotografía antiga da mostra de moitas cousas que non fai fallar mencionar, chega con mirar e imaxinar, de igual xeito que as coplas que circulaban pola vila nesas datas, nos revelan alcumes que aínda hoxe perduran, e as veces, sorprendemonos co emprego distinto da toponímia..., en todo caso ecos dunha mesma voz.
"Na taberna do Charelo, xogan a brisca o Catelo, Pombo, Vieho, Piroleiro, Pepú, Crego, Corbatilla, Cuco, Pataco, Esparrilla, Caja-rabisas io Cordeiro."
Alfonso Caamaño Silva. 1885
Avieiras do Bahído,
zamoriñas de Xestelas,
birbirichos do Sarrido
e xoubiñas de Cestelas.
Copla anónima. anos 50
2ª entrega:
Cambados. Vista aérea. Anos 50
- E así eran as Goritas antes de que as cousas do progreso xustificasen o seu recheo para facer unha illa artificial onde aparcan os coches os días de mercado e onde os moz@s fan botellón nas fins de semana.
Pedras "As Goritas", tamén chamadas A Ostreira |
Limpando o peixe |
- Mariñeiros, barcos e aparellos:
- e peixe:
Barco de Cambados decargando en Vigo |
- Galeóns:
Tamén Cambados tiña os seus galeóns. Algunhas destas imaxes xa teñen aparecido noutras publicacións coma a que ten editado o Grupo Etnográfico Mascato baixo o título "Galeóns de Arousa" no ano 1997.
Descargando ladrillo |
detalle: navegando co petifoque e maior en cangrexa sen botavara |
Amarrado no muelle de Cambados |
-Pero cecáis, o que mellor representa ao Cambados mariñeiro, sexan as gamelas e as súas mulleres mariscadoras:
- sen esquencer ás redeiras, ou "atadoras" como lle gusta chamalas ao noso Lino Prieto.
- e tamén tiña dornas "mecas", coma estas amarradas na praia do Borrón, hoxe como non, desaparecida baixo o recheo do Paseo Marítimo de San Tomé.
Pregunto: ¿Algún día alguén repostará ante tanta desfeita?
remate:
Deixamos aquí a segunda entrega coa que queremos ir conformando unha ollada que xa non é posible máis alá dos arquivos fotográficos. Os cambios na paisaxe, van deixando atrás unha ribeira sepultada baixo un recheo de olvido. Dende aquí faremos o esfozo de imaxinala ainda que sexa de esguello e por un breve instante, como a mirada do vello mariñeiro que semella anticipar unha inmensa adversidade.
auga salgada ao fin baixo a miña nave de madeira vermella
comezo a viaxe cara o máis fermoso da liña do horizonte
onde me deitarei e volverei respirar salitre en cada bocanada de vida
Ramón Nogueira
do blog Frores Versadas
-Fonte: arquivo Confraría de Pescadores "San Antonío" de Cambados
7 comentarios:
Majete, miña avoa Joaquina a Semparada dedicouse a ese oficio, ela desia que era atadora, por eso uso sempre esa palabra.
Sr. Lino, "quen te atara a tí".
Alégrome de verte por aquí. Paréceme que te vai tocando poñer algo no blog, non?.
Ánimo
Que boa terra, que bo mar e que lindas fotos. Vós si que estades desatados!
Seguide así co blogue, non sei se somos muitos ou poucos os que pasamos por aquí, pero sempre o lemos con interese.
bicos!
Boas Andrea, gracias polos ánimos, mentres teñamos público coma vos, seguiremos adiante aínda que sexamos poucos. Apertas
Ola amig@s, acabo de publicar un artigo sobre as mariscadoras gaelgas na nosa revista cultural A REVOLTA, usei unha das vosas fotos para ilustralo , non sabía como firmala, así que puxen o nome do voso blog (Foto: Bou de Vara) ;) son xeniales!
http://arevolta.net/mariscadoras-as-sereas-galegas/
Moi bo traballo, parabens e a seguir navegando polo tempo.
Publicar un comentario