Translate

jueves, 30 de septiembre de 2010

O ARTICO

Na entrada anterior deste blog, realizada por Lino Prieto con motivo do 2º Encontro de Embarcações Tradicionais do Río Lima (Viana do Castelo), aparecía unha imaxe do GIL EANNES acompañada de texto onde se relata de xeito resumido o seu periplo vital. Esa imaxe lembroume a figura dun mercante, o ARTICO, o cal non cheguei a ver, pero gardo na memoria moitos relatos narrados por meu pai, ademais desta foto que conservo con especial coidado.


Foto: O Artico. Capetown.1966
Buque frigorífico construído polos asteleiros de Elcano (Sevilla). O seu nome orixinal foi "Tropicana" e tiña 125, 13 metros de eslora, 17,3 de manga e 11,3 de puntal.

Sobre o Artico, meu pai comentaba, con moita nostalxia, que fora con moito o mellor mercante no que navegou, era o ano 1966 (no que nacín eu), xusto cando o concepto da Mariña Marcante empezou a cambiar radicalmente: os recortes presupuestarios das grandes compañías (sobre todo bilbaínas como por exemplo "Antonio Menchaca Cía."), a competencia de custes coas bandeiras de conveniencia e a contratación de tripulacións de paises con nula formación marítima, cambiaron para sempre o xeito de entender o mar e a navegación ..., por suposto os barcos también cambiaron.


Foto: Mercante a vapor "Cilurnun". Propiedade de Antonio Menchaca e Cía. 1939


Foto: Vapor Iberia. Bilbao 1920
Botado no ano 1.901 polos asteleiros Northumberland Shipbuilding Co. Ltd. de Howden, Newcastle on Tyne, e bautizado como Mercedes, para a compañía Christie & Co. de Londres.


Foto: Anotación no Diario de Navegación de Eduardo López Padín. Vapor Iberia. Viaxe Leixoes-La Habana. 1924.
Meu tioavó fixo estas anotacións un ano despois de que o Vapor fose comprado por Sainz e Inchaustegui e renomeado como Iberia.



Un ano antes (no 1965), meu pai aínda navegaba no Alonso de Ojeda, da empresa nacional “Elcano” de la MM, desde onde tomou distintas fotos como a do Bahía Gaditana, un barco enorme da época que contrasta coa faquía doutros barcos que se podían atopar nas travesías naquel mesmo ano.


Foto: Mercante "Bahía Gaditana". Port Said. 1965.


Foto: Mercante "Alonso de Ojeda". Leixoes. 1965

Algunhas fotos tomadas dende a cuberta do Alonso de Ojeda:






Foto: Buque escola. Mar Báltico


Poucos anos despois tocoulle navegar no MARGARA, un cascarón comparado co flamante Artico, e onde teño os meus primeiros recordos a bordo dun mercante. O barco era xa unha reliquia para a época: mantiña un goberno de roda no exterior, cuberta de madeira, botes salvavidas de tingladillo, sencillas adegas e unha fermosa bitácora, amáis dun mobiliario precioso do que conservo algunha peza como un reloxo de fabricación inglesa marca Smiths Astral.









Depois viría o LUCHANA botado no ano 1963 é propiedade de Naviera Bilbaína, onde papei algún verán da miña adolescencia en compañia de meu pai. Anos despois escoitaba pola radio que un mercante de nome Luchana se afundira fronte as costas de Gijón nunha noite de mércores do mes de xaneiro do ano 1986 (ese mesmo ano estaba previsto o seu desguace). Para entón lucía pavillón nixeriano e esa noite perdéronse tres vidas.


Foto: O Luchana en porto. Na imaxe o gran cociñeiro vasco Patxi que sempre nos decía depois de servir as comidas: ¡Hai más!


Fotos: Luchana. 1970

Durante moitos anos o carteiro traía fotografías e postais de cidades espalladas polo mundo adiante que me facían soñar e me axudaban a gardar a impaciencia da chegada do verán e o final de curso escolar e poder ter a oportunidade de embarcar naqueles “Troula”, “Nuestra Señora del Carmen”, “Pola de Lena”, “Valfragoso”, nomes que non esquecerei xamáis..., sobre todo do Acuario, un fermoso mercante xemelgo do Géminis, onde realicei a última navegación mercante dende Casa Blanca a Barcelona, atravesando un gran temporal até cruzar o estreito.








Foto. Mercante "Valfragoso". Golfo de Botnia. 1973


Foto: NS del Carmen II. 1974


Foto: NS del Carmen II. "Yan.Suf". Sudáfrica. 1974



Foto: Mercante "Pola de Lena". Lago Eric. Welland Canal.1979


Foto: "Pola de Sena". Río San Lorenzo. Canadá. 1979

Todos eses veráns quedan xa moi lonxes, e revisando estas fotos me invade un sentimento de contrariedade, como si un reloxo da miña vida se parase para sempre, como o Smiths do Margara, e non podo deixar de pensar como sería a miña vida se non me desviara do rumbo previsto.

Foto: eu de meniño na ponte do Luchana.
(Nota: non vale reirse)

Como curiosodade, esta foto de 1970. Vos sona?




Material:
fotos: Joaquín López Blanco (Capitán da Mariña Mercante)
diario de navegación: Eduardo López Padín (Capitán da Mariña Mercante)
webs: www.vidamarítima.com ; www.buques.org

8 comentarios:

andrea dijo...

Moito sabe, sr. Boudevara! Que envexa de material gráfico, que sorte vivir esas experiencias todas... E linda foto de patronsiño!

Lino dijo...

Sírvenos esta entrada para comprender o comentario do cambio nas formas e na filosofía da navegación mercante nos últimos 40/50 anos.
Impresionante e conmovedora entrada Xaquín, gustoume moito.

bou de vara dijo...

Dna. Andrea:
O do saber é como o dos cartos e a santidade: !a metade da metade da metade¡.
Foron verán bonitos, e como é lóxico, só fixen alguns tramos das travesías que saen na foto. Moitas delas quedeime coas gañas, como a de Canadá, porque miña nai simplemente non me deixou ir. Pero con todo considérome afortunado por ter vivido esas "experiencias".
Non lle vas ó Grove a chuchar uns bichiños da Ría?.

Sr. Lino:

Creo que nesa época acabouse para sempre o romanticismo do mar como aventura vital e impúxose a lóxica da peseta. Moitos mariños desa época acabaron sumidos no desacougo e recicláronse como mestres, prácticos de portos, funcionarios das capitanías, de aduanas e cousas así (home de mar en terra mal asunto).
Agora, as nosas xeracións polo menos temos os barcos tradicionais que conservan o sabor do auténtico e o respeto polo mar.
Chega o mes de outubro, así que teremos que elexir persoeiro.

bou de vara dijo...

Por certo Lino:
¿Recoñeces o sitio da última foto?

Lino dijo...

pido papas

bou de vara dijo...

Onde vai ser o Encontro?

Lino dijo...

Carril!!

bou de vara dijo...

Ola Lino, non exactamente pero si ó porto do concello no que está integrado.