Translate

domingo, 26 de septiembre de 2010

Barcos en Viana

Dez anos tiveron que pasar para que fora posible a celebración do 2º Encontro de Embarcações Tradicionais do ría Lima, en Viana do Castelo.
Os pasado días 17, 18 e 19 de setembro acudimos a este evento no que nos xuntamos uns cantos barcos dos dous lados do Miño para compartir experiencias e navegacións.
Como a programación para o venres se limitaba á recepción das embarcacións eso fixemos: deixar a dorna na marina de Viana e ir a coñecer un pouco a cidade, e mais concretamente doto o que se refire ao ramo da hostelería, xa se sabe: tabernas, cervezas…
Visitamos o porto vello e os seus tradicionais postos de venta nos que se pode mercar peixe e marisco fresco a pinchar. Ao final está o Castelo que da Nome a Viana, que alberga no interior varias dependencias da administración así como unha escola de Hostelería.

O que mais abondou nesta viaxe, como ven sendo lóxico e habitual, foron os barcos, neste caso, ademais das embarcacións participantes no Encontro, tanto as que navegaron como mas que formaban a exposición en terra.

O sábado pola mañá botamos ao mar a Semparada, a falta de vento, e o roubo da cana do timón (no porto do Grove) obligáronnos a bogar durante toda a xornada. a propulsión animal levounos a cruzar a ponte Eiffel e chegar ata a xunqueira na que se procesaba bacallau chegado de Terranova a bordo dos lugres. Cando o calado da dorna non nos permitiu continuar volvemos a ir río abaixo, poñendo proa ao Santa María Manuela, o cal visitamos tras amarrar a dorna pola súa popa.
O Santa María Manuela é un lugre bacalloeiro de catro paus, construido pola Companhia União Fabril de Lisboa e botado en 1937. Pescou bacallao en augas de Terranova durante moitos anos, xunto ao Creoula, formando parte da coñecida Flota Branca portuguesa. En 1993 o barco cae no abandono i é parcialmente desguazado, conservándose só o casco. En 2007 a compañía bacalloeira Pascoal adquire o casco e acomete a restauración do mesmo, que rematou en maio de 2010 e que deu como resultado o estado actual.O SMM actualmente é un buque escola con capacidade para 50 cadetes que participan en todo tipo de actividades como instrucción astronómica, avistamento de aves e cetéceos. Por exemplo, nos días da visita o barco chegaba de Oslo, recalaba en Viana do Castelo de venres a luns, e continuaba a viaxe rumbo a Aveiro.
Ten 62,64 metros de eslora en casco, 9,90 metros de manga e 5,94 metros de calado. Navega a vela con 1120 metros cadrados de superficie vélica, e dispon de máquina con máis de 1000 HP de potencia. A tripulación está formada por 22 persoas que xunto aos 50 cadetes se reparten as 18 cabinas das que dispón.

O Outro barco grande que tivemos oportunidade de coñecer foi o Gil Eannes, un navío-hospital construídos nos Estaleiros Navais Viana do Castelo en 1955. Nese ano comezou o seu traballo asistencial á flota portuguesa, e de outros paises, en augas de Terranova e Groenlandia; onte non só se limitou á asistencia médica senon que serviu como capitanía flotante, remolcador e rompe-xeos garantindo a seguridade e o abastecemnto dos pesqueiros.
En 1963 sofre cambios na súa misión realizando viaxes de comercio con mercancía refrixerada e de pasaxeiros entre tera e os caladoiros. No 1973 viaxa por última vez a Terranova e tamén a Brasil en viaxe diplomática. Despois de aquela "deixa de ser util" e pasa estar amarrado de porto en porto en Lisbo, ata que en 1977 é vendido a un chatarreiro para ser desguazado.
Esto fixo que se movilizara a sociedade vianesa e que se conseguira salvar o navío para convertelo en buque-museo, atopándose aberto ao público desde 1998. Ten 98,45 metros de eslora e 13,7 metros de manga.
Ademáis de todo esto na proa do barco os camarotes de enfermería funcionan como albergue, e foi alí onde pasamos a noite.

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Sr. Lino:
moi bonita a reportaxe de Viana e moi argumentada. Da gusto ver o Creoula e mesmo o Gil Eannes, que aínda que orixinariamente foi buque-hospital lembra nas súas liñas aos mercantes do século pasado, moito máis estilizados que os actuais que semellan simples plataformas de transporte de mercadorías.
Se me ocurre que podíamos facer unha entrada sobre algúns mercantes da época. Que te parese?

Lino dijo...

é boa idea pero non estou nada ducho na materia, pero si te animas...