Translate

jueves, 2 de septiembre de 2010

Arranxos no RÂNÂ

Van alá tres meses dende que o Rana entrou no dique seco do asteleiro dos Irmáns Garrido no Grobe. Este ano non só era cousa de mantemento, había que facer algúns arranxos necesarios que se viñan aprazando dende hai tempo. O estrago dun bance do forro por mor dos temporais de inverno precipitaron a acometida das labouras de asteleiro.
A estas desgracias teño que sumar que o motor gripou e tiven que mercar outro.



Foto: Orellas de burro. Inverno 2005

Primeiro tocou eliminar o bance danado e con él unha parte da cuberta que xa estaba tocada dende había tempo. Despois, reforzo das ballestas das amuras de babor e estribor que estaban seriamente tocadas polos moitos pantocasos que papou o barquiño nos seus 40 anos de existencia (a partir dos 40 xa se sabe).







Xa postos, tocou tamén sanear a sentina e dar unha capa de protección ó forro interior.





Por fora tamén se sellaron unhas pequenas fendas da taboa 2 da obra morta.



Traballiños dou o mastro, que cada dous anos se baixa e tratase con barniz. Pero cada 4 anos hai que espilo para deixar a madeira viva e comezar a tratalo de novo (van seis mans, e quedan outras tantas)





Agora xa estamos na fase final, imprimacións, poñer pasta nos riscos, retoques de barniz, pintar, dar patente e para o mar. ¡O dia que o vexa nadando non o creo!.



A verdade é que este verán para min non foi o mesmo sen o RANA, voteino moio de menos, pero agardo poder levalo o desembarco de Ons e alongar así a tempada alomenos até o mes novembro, cando tentarei poder dispoñer de sitio para invernalo.


Foto: O RANA fondeado en Ons no desembarco do ano 2007. Na imaxe, en 1º plano, Toño o "cesteiro", habitual tripulante do RANA para a cita anual do desembarco de Ons. Ó fondo, o novo barco de Mikel e Julieta os alemán anteriores propietarios do RANA

Por outra banda o Rana xa non está só en Galicia, outro folkboat está a prepararse e onte mesmo entereime que é posible que este ano veña outro máis dende Dinamarca. A estos dous hai que engadir o que está en Barcelona, así que o Rana xa non é unha rara avis nos nosos mares e eu alégrome moito por poder compartir con outros armadores de folkboats as experiencias de navegación deste maravilloso clásico.


foto: Baixada do RÂNÂ. O Grobe 2008

Para os interesados neste barco estes enlaces:

asociación nordic internacional folkboat
folkboat nórdico

5 comentarios:

Xocas dijo...

tes un barco cojonudo, si se me permite a expresión :-)

bou de vara dijo...

Ola xocas. O barco é cojonudo, látima que non poda darlle toda a atención que precisa. Nós, somos os quintos propietarios (eu mais Montse), e en realidade non sinto o barco como unha propiedade senon como un compañeiro. Imaxino que algún día chegará un novo armador e a min quedarame para sempre a lembranza dos anos nos que navegamos xuntos... esa é a única propiedade. Soa cursi pero así é.

barcoantigo dijo...

E que tal aparecer por Viana para o encontro?
Abraço

bou de vara dijo...

Ola Joao, onte mesmo estivemos falando desa posibilidade. Hai moitas ganas de ir, pero temos algún problema, en concreto dous: remolque e carro.
A ver se se conseguimos que nos presten algún.
Apertas dende acá paralá

Anónimo dijo...

Hola, en Moaña ai outro folkboat dende fai ano e medio nestes momentos estan a restauralo, esta no asteleiro que teñen os de Sueste.
Un saudo.