Translate

martes, 9 de marzo de 2010

ASAMBLEA do 13 de marzo


A Muller de Balboas con rizos entrando no Grobe. Verán 2008
Foto: Lino Prieto

Estimados soci@s, este vindeiro sábado, en cumprimento do acordado na Asamblea do pasado día 12 de febreiro, imos celebrar a 2ª Asamblea Xeral do ano coa seguinte orden do día:

Asamblea Xeral
sábado 13 de marzo 2010
20.00h 1ª convocatoria
20.30h 2º convocatoria
Local social: baixo da escalinata de San Tomé.
Tempo aproximado de Asamblea: 1 hora

ORDEN DO DÍA

1. Lectura acta anterior
2. Distribución e ratificación de cargos da nova directiva
3. Enmenda á Lei Xeral de Navegación Marítima
4. Dominio Web
5. Actuacións 2010. Creación de equipo de traballo se procede.
6. Rogos e preguntas

Duranta a Asamblea falaremos ademais da reunión coa FGCMF en materia de coordinación de regatas de dornas; e previamente, quedaremos a partires das 17.00h para limpeza e acondicionamento do local social. E como estamos en campaña de captación de novos socios, esta convocatoria vai tamén para aquelas persoas que teñan interese en achegarse ó Clube, ven como socios ou simplemente para informarse, seredes benvidos.
Tfono contacto:
Juan ("Cube"): 670652397

Pasade a voz para ós despistados, vémonos o sábado.

Nota aclaratoria: acabámonos de enterar de que o Faro de Vigo publicou hoxe unha información errónea relativa ó CMS polo que haberá que enviarlles unha nota aclaratoria e en todo caso preguntarlles de onde sacaron esa información. O lóxico sería que chamasen a alguén do Clube para ter información de 1ª man. Flaco favor nos fan os medios de prensa publicando datos falsos e sen contar con ninguén do Clube. En fin.

E para poñer o boce na boca da nova tempada que xa se sinte perto, esta foto do verán pasado:


Día de curso. Baixando velas para maniobra de atraque.
Foto: Lino Prieto

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por un momento ó ler o pé da foto ..."a muller de Balboas entrando con rizos no porto do Grove" pensei que era unha que acababa de saír da " pelu". Con ese nome se non se pon a foto qué se podería pensar senón ?

bou de vara dijo...

Para evitar problemas, por decisión da maioría, este verán a Muller de Balboas vai lucir melena pretexada.