Translate

lunes, 7 de septiembre de 2009

Parrocheira 2009.

Esta fin de semana celebrouse en Ferrol Vello, no porto de Curuxeiras, a XVII edición da Parrocheira. Os festexos comezaron o sábado cun nordés bastante fresco, os barcos sairon ao mar e houbo algun que outro susto pequeno pero sin que ninguén se mancara. O Nove Metros tivo algunha dificulta que lle provocou un anegamento de auga, chegaron a terra pero houbo que reflotalo, tras unha primeira inspección o barco non tivo danos.


Revisando a caixa negra do Nove Metros
A xornada do domingo foi algo máis relaxada que a do sábado, houbo tamén navegación, un ano máis tivemos oportunidade de velear no Ría de Ferrol, co amigo Bedoya de Capitán e Xefe de Maquinarias Varias. O vento xa non foi como na xornada previa pero permitiu unha navegación ben cómoda.
Don Bedoya: vuelve el hombre
Ainda que o domingo faltaban xa os barcos de Redes e Ares, entre as embarcación atopámonos algunhas das dornas da Illa de Arousa, tamén o Punta Pragueira, o Galeón da Asociación de Amigos das Embarcacións Tradiconais da Coruña, e tamén andiveron por alí os Mariñeiros de Bouzas, que arriaban cabos despois do xantar, baseado no caldo limpo (o marmitako papárono o día antes), xamón e marscos de cortello pasados pola grella.
As dornas da ENT da Illa de Arousa
Alegrámonos do carácter continuista da Parrocheira: o Cabazo, Susa toda atareada, moitos paus de madeira, a flota de embarcacións tradicionais de Ferrol (non hai duas ijuales) en completa mobilización, o bo ambiente en terra e a gran idea da Operación Acougo.
O Ría de Ferrol descansa en Curuxeiras

5 comentarios:

O navegante enmascarado dijo...

Que ben vives ;-)

bou de vara dijo...

Sr. Lino, véxote moi en plan "pepita" ferrolana, e ollo que por aí andan decindo que vives moi ben.....

Lino dijo...

pois fajo o que podo para vivir o mellor posible, porque o que vive para sufrir ou non pretende vivir ben é mellor que se quite do medio :-P
eso da pepita has de explicalo con mais detalle

bou de vara dijo...

O da "noite das pepitas" é unha festa que fan os de ferrol polo mes de marzo dende xa ai un lote de anos, a orixe semella estar en ir a cantarlle pola noite a algunha rapaza. (o de sae o balcón tira un xamón .....). Podemos quedar un día, disfrazarnos de tuno (¡que repelús!) e ir a cantar por Ferrol, por exemplo baixo o balcón de Bedoya.

Lino dijo...

dame grima solo de pensar no disfrás... Bedoya non ten balcón ademáis de vivir no monte curuto, que ë monte e máis é curuto...
e se lle cantamos aquela de "Cala compadre, que non se sepa nada..."?¿