Translate
lunes, 6 de julio de 2009
Todos din "Muros"
Comenzou a conta atrás, estafin de semana arribaron ao porto muradán algúns dos máis de 100 barcos que participarán no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Do 9 ao 12 de xullo alá estaremos, e estaremos de festa, compartindo conversas, navegación, actividades, concertos... e moitas cousas máis.
Atracaron en Muros a Peza de Rabo, a Irmandiña, A Meca, o Ría de Ferrol, o Nuevo Sofía e o Râna, entre outros.
Mentras tanto outros barcos atópanse recibindo os ultimos retoques, pijadiñas imprescibles para a navegación e esta posta de largo na gran festa do Patrimonio e a Cultura Marítima. Hai uns días podíamos ler no Faro de Vigo a noticia de que os Amigos da Dorna Meca están a preparar o seu racú para participar no IX Encontro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Ola Lino, que rápido estás. Como sempre, esquecimos levar cámara de fotos e despois arrepínteste. A travesía foi moi tranquila. Nos, tomamos a decisión de ir polo canal interior de Sálvora. Unha vez fora da Ría fumos tamén por fora das Basoñas, por onde vimos un delfín blanco soitario que daba uns chumpos de medo. (Non sei que especie será), depois xa entrando na Ría de Muros levamos moreas e moreas de delfíns grises xogando coa Ráná ate o faro do muelle muradán. En fin, pouco mar, vento xustiño e un día precioso de luz. En terra vellas caras coñecidas de ferrol (Bedoia e Mini), de Arousa (Parda e a tribu de compostela), e barcos como o galeón de Vilanova, dornas de Ribeira, o "Xeiteiro" de Parada (non o coñecía), a Parisina dos calmoseiros (Felipe e Gerardepardié), os Jatiños de Portonovo (Anxo an compani), moito meco solto da Meca e a Miña Miniña, e tamén andaban os de Vigo ainda que non os "mirei" ..., bueno moita xente e moito barco,
O mércores levaremos a Muller de Balboas que anda cabreada porque xa sabe que vai ir por terra, pero pensemos que o domingo poda regresar por mar.
saúdiños
Xaquín:
haberá que facer algun post tamén do Encontro Aberto de Bloggeiros, que non lle demos moita difusión, e non está de máis.
Vai ser unha boa ocasión para conversar cos amigos dixitais e tamén para entregar as camisolas do Boudevara, que xa están no forno.
oido cociña.
avanti Lino
Publicar un comentario