 |
| cartel |
Esta fin de semana, dende a Web "Vivir Cambados", anunciaban a celebración dun Mercado Mariñeiro Medieval organizado polo propio Concello e o Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa. No cartel promocional do evento pódese leer na parte superior dereita o eslogan COME O MAR e entre os obxectivos pretendidos enuncianse os seguintes:
- promocionar os productos do mar
- promocionar a gastronomía e a artesanía da costa galega
- difundir a cultura mariñeira dunha vila que se carracterizou por vivir aberta ao mar.
 |
| Imaxen capturada da Web "Vivir Cambados" |
Pronto a prensa reflectíu o evento con mensaxes coma estas:
Faro de Vigo:
 |
| La carne asada es el producto estrella |
No texto pódese leer: "y su finalidad es promocionar el turismo y la gastronomía del mar. Hay puestos de embutidos y carne, productos de artesanía como piezas de madera y jabones aromáticos, de bisutería...", e ilustra a nova coa foto dunha gran parrillada acompañada da lenda "La carne asada es el producto estrella"
Aparece outra foto onde nos anuncian que tamén se "despachan bebidas exóticas y tropicales"
La Voz de Galicia:
De igual xeito, recollen a toda páxina que "Cambados se suma a la moda de los mercados medievales" e o obxectivo da iniciativa é "promocionar la cultura marinera".
Grupos de Acción Costeira:
Nesta "iniciativa", participa o GAC da Ría de Arousa, o cal intégrase nos Grupos de Acción Costeira que é un programa financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europea do Pesca que pretende "investir na pesca sustentable". Un programa que entre outros, ten como obxectivos principais os seguintes:
"Un dos obxectivos prioritarios do Eixe 4 é mellorar o traballo no sector pesqueiro, incentivando a diversificación económica, reorientando os investimentos cara ao sector turístico-pesqueiro, cultural, ambiental, etc.
O obxectivo será manter a poboación
nestas rexións (fomentando a substitución xeracional) e lograr con iso a
sostibilidade económica a longo prazo. A diversificación económica
permitirá mellorar as taxas de crecemento económico e emprego destas zonas e aumentará a capacidade de elección dos traballadores á hora de buscar novas fontes de ingresos".
A REALIDADE:
Hoxe achegeime a contemplar esta "iniciativa" que pretendía fomentar a cultura mariñeira, poñer en valor os productos e a gastronomía local, diversificar o sector do mar, promocionar un turismo mariñeiro e dar a coñecer ao visitante unha aposta pola pesca sustentable e artesanal, poñendo en valor a cultura da franxa costeira galega. Pois ben, esto é o que me atopei:
Nota: As fotos foron quitadas co mobil e estan por orden do que aparece na feira:
1º Tenderete:
2º Tenderete:
3º Tenderete:
4º Tenderete
5º Tenderete:
6º tenderete:
7º Tenderete:
 |
| Nota: o único viño presente na feira era de Rioja. |
8º Tenderete:
9º Tenderete:
10º Tenderete:
11º Tenderete:
12 Tenderete:
13º Tenderete: (queixos de cabra de Cáceres)
14º Tenderete:
15º Tenderete:
16º Tenderete:
 |
| "baba de caracol" |
Ao final aparece unha bruxa que nos anima a sonreir:
É máis nada, nin un triste birbiricho ou unha lata de alquicres, nen tan sequera un aparello de pesca por aquelo de pescar incautos..., nada, nin ratro de mar nin de peixe, ni de marisco, nin de barcos, nin nada de nada. Unha festa mariñeira sen mariñeiros nin mariscadoras, onde tan só pululaban pola Praza unhas rapaciñas disfrazadas de mariñeiriñas, con puchos brancos cunha áncora debuxada, camiseta con franzas azuis, flotadores con cabeza de parrulo na cintura e unhas gafas de buceo con tubo colocadas na fronte.
Por moito que a bruxa nos diga que temos que "sonreir", a min no me fixo ninhunha gracia, supoño que a maioría dos cambadeses tampouco, e imaxino a indignación que sentirán os homes e mulleres do sector do mar de Cambados, incluíndo aquí ás entidades de cultura marítima. Unha tomadura de pelo ao bestia, unha burla para tod@s, un despilfarro indecente e unha vergoña para a vila de Cambados. Lembro o obxectivo enunciado polas autoridades responsables: "o obxectivo non é outro que amosar ao visitante o xeito de vida en toda a franxa costeira de Galicia". Eu como cambadés quero pedirlle desculpas a todos os que nos visitaron esta fin de semana e tiveron a desgracia de achegarse ata ese Esperpento. Tentarei na medida das posibilidades deste blog, reparar o agravio e facer unha entrada onde se amose o cambades mariñeiro de verdade, o que por lóxica e dereito tería que estar representado.
Falando cun artesan que facía roupa con pelo de cabalo, dixome que esta tenderetada a montaba unha empresa que cobraba 50.000€ pola montaxe. De ser certo, estaríamos a falar de cartos que veñen do Fondo Europeo da Pesca para os obxectivos que se enumeran máis arriba. A estes gastos habería que imputar todos os custes correspondentes cos comisarios da pesca, eurodiputados do Fondo Europeo de Pesca, directores xerais cos seus asesores da Consellería de Pesca, Centros Tecnolóxicos como o CETMAR que coordinan os Grupos de Acción Costeira, a organización mesma dos distintos grupos de acción costeira (sete en Galicia cos seus respectivos xerentes e persoal administrativo), reunións, desprazamentos, dietas, etc.
En fin, se esto é como se xestiona Europa está claro que a nave europea vai a pique seguro. Despois desto, penso que xa non queda outro calificativo para reflectir a indignación máis que a palabra NOXO.
Remate:
Señores eurodiputados, xestores e políticos en xeral, ou cambiamos a maneira de facer Europa, ou o vello continente vaise convertir nunha Gran Choqueirada onde a dignidade dos pobos se vende a prezo de saldo en calquera tenderete feiral..., "medieval y marinero", eso sí.