Translate

lunes, 7 de junio de 2010

CARRIL 2011



Carril ven de acadar o apoio da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), para organizar o
X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA 2011.
,
que se vai desenvolver enter os días 30 de xuño e o 1, 2 y 3 de xullo do vindeiro ano.
Alí estaremos.



Dende Boudevara felicitamos a toda a candidatura, encabezada polas asociacións Rompetimóns e a Asociación Náutica e de Cultura Marítima de Vilaxoán e co apoio da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol, o Círculo Artístico Deportivo Gato Negro, Mulleres Rurais, a Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía de Arousa.


Bote de Carril.
(Foto: rompetimóns.blogspot.com)

Neste caso, Carril presentábase por segunda vez cunha candidatura máis madura que no ano 2009, cando finalmente foi Muros a vila elexida. Agora aqueles tempos erroneos do pasado (no meu entender) nos que Carril deambulaba polos terreos fangosos da Federación Galega de Vela con aquel intento de reducir o Bote Tradicional de Carril a un mero artiluxio para regatear baixo unha regulamentación de plástico denominada Clase Bote de Carril, semellan lonxes, moi lonxes. Aquel invento case acaba con boa parte da cultura mariñeira carrilexa, pero agora a cosa trocou e moito, e os botes voltan a ter un futuro digno por onde navegar e lucirán máis que nunca acompañados do galeón Illa de Cortegada. (recoñecemento tamén para Pepin, director do Parque Nacional Illas Atlánticas por respaldar o proxecto).


Galeón Illa de Cortegada. Asteleiros Mougán. Illa de Arousa.
Foto: rompetimóns.blogspot.com



Galeón Illa de Cortegada nos asteleiros Mougán da Illa de Arousa con motivo da botadura da dorna de tope Lavanqueira da ACD A Fasquía da Illa de Arousa (2008). A bordo, o carpinteiro de ribeira Juan Servando esforzándose en explicar os detalles do proceso de contrucción, aínda que a miña prole non semella moi concentrada na lección.


ENQUISA

Finalmente, dicir que os votáchedes na enquisa, acertáchedes mairitariamente coa elección da sede do Encontro (80%). Moitas gracias por votar na enquisa con maior participación até o de agora. Finalmente o Xefe da Mesa electoral, coma sempre, unha vez feito o reconto, recolleo a mesa e marchou.



NORABOA A TODOS

domingo, 30 de mayo de 2010

Preparados, listos....

Remata xa o mes de maio, moitas das embarcacións están xa no mar, e as que non navegan aínda están prontas para facelo.

A muller de Balboas volveu ao mar despois da súa invernada, ocasión que aproveitaron os majetes do Club Mariño Salnés para armar unha festa (como se nota que a todos nos justa), a dorna de tope chegou a Santo Tomé no seu carro e unha vez alí púxoselle o palo arriba, a vela drizada e a esperar pola marea. Tamén foi protagonista da xornada a dorna polbeira Nerea.










No Grove a cousa ándalle aí, este sábado os Amigos da Dorna Meca dábanlle mimos ao seu buque insignia, que tivo que ser reparado de unha desafortunada avaría provocada polo temporal de xaneiro, pero todo indica que o vindeiro fin de semana estea de novo no mar para seguir facendo millas mentres as dornas pequenas comezan co a súa temporada de regatas.


Barcos o mar e peixes na brasa!!

viernes, 7 de mayo de 2010

BLOG DO CMS

Imaxe de portada blog do CMS

Esta mañán ó entrar no correo electrónico atopome coa sorpresa de que o Clube Mariño Salnés ¡ten un blog propio para a asociación!. A iniciativa é cousa das novas incorporación á asociación e estará principalmente xestionado por Verónica e Milena, pero tamén van a estar aportando fotos e datos Rafa, Bruno ou Sixo.

Esto é o que nos dí Verónica despois da posta en marcha :

"Abrin o blog, nunca fixera isto, asique, xa bo foi o que saiu asi á primeira. Non sabia moi ben como comezar asique puxen o primeiro que se me ocurriu. Probin mil cores distintas de plantilla e non sei, a que mais formaliña me pareciu foi esta. Logo metinlle catro fotos por poñer algo de primeiras. Penso que non estaría de mais poñer algún enlace por exemplo á páxina da Federación e outros blogs relacionados. Imaxino que isto será unha vez que o blog colla corso: lugar da sede, patrimonio, os barcos que hai, nomes, tipos e tal e cual, proxectos para este ano.... pero eu diso non che sei.
Bueno, que esta na man de todos poder cambiar calquera cousa, apuntar novas cousas ou o que sexa. Agora pouco a pouco"...


Esta é a dirección do blog: cmarinhosalnes.blogspot.com

E para mandar cousas para poñer no blog esta direccion de correo electronico: cmarinhosalnes@gmail.com

Quero lembraros que o CMS mantén o seu correo xeral anterior: cmsalnes@gmail.com


Equipa do blog: Verónica, Milena, Rafa, Bruno Eva e Sixo.

Noraboa pola iniciativa e non ter medo de trabucaros, total os vellos xa solo contamos batalliñas.

domingo, 25 de abril de 2010

NAVEGANTE "JAVUCHO"



Javucho no Rana. Palmeira 2006
Foto: Persoeiro de boudevara. Outubro 2008



Hoxe recibimos unhas fermosas fotos de Javucho e Lolecha navegando no seu barco por augas canarias.

Esta é a información que nos manda:

"Travesía de Semana Santa das Palmas ó sur de Furteventura, porto de morro jable. Fumos unha flotilla de tres veleiros ainda que o tempo estaba no límite de marejada, ventos de 20 nudos e mar de fondo de 3 metros. Todo ben, ainda que tiven que cambiar unha batería en Fuerteventura e teño que levar a coser a banda protectora do génova. Eu sigo de curso en curso e aguantando a crisis nas illas. SAUDOS. Cambio e corto".

A quí van as fotos:







E tamén non manda este video onde podemos ver como fan as probas de examen náutico en USA:



Unha forte aperta Javucho e sinto non ter podido estar aí este ano como estaba previsto. Quedamos para a seguinte. Até sempre. Cambio e corto.

domingo, 18 de abril de 2010

O CHASULA EMPALMADO

O pasado venres 9 de abril, o Chasula serviu de escenario e decorado para unha sesión fotográfica de alto nivel. As modelos enchían a cuberta posando para aqueles afortunados que poideron contemplar a beleza das rapazas.

Aquí van algunhas:





E aquí o video da emisión na TVE en Jalisia:



Así o veu Isidro Mariño (Capitán “Chancletas”), patrón da pasarela Chasula


Isidro manexando o aparato

Según explicou Isidro, as "periquitas" se portaron moi ben a bordo e toda a tripulación fixo boas migas co equipo de realización da reportaxe. A ver se para a próxima imos a bordo.

viernes, 9 de abril de 2010

O obispo durmiñento


A Araceli varada en Galicia

Os nosos amigos de Málaga coa súa barca de jávega finalmente e despois de moito bogar chegaron a Padrón. Como xa comentamos na entrada anterior fixeron o seu percorrido por etapas, condicionados pola climatoloxía (cousas do mar) e polos días dos que dispuñan (cousas de terra).


A "Rosario Ana" amarrada nos pantaláns das Joritas

O contacto cos “nosos homónimos” andaluces non é de agora, senón que xa ven de anos atrás. Estiveron con nos celebrando o VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en xullo de 2005, e desde aquela mantívose o contacto, de feito varias embarcacións galegas asistiron ao seu I Encuentro Marengo, un evento realizado no seu centro de operacións, no malagueño barrio de Pedregalejo, onde se atopan os Astilleros Nereo, unha carpintería de ribeira emblemática coa que teñen unha especial relación.




A ruta no GPS

Ofrecémosvos, por xentileza dos amigos do CD La Espailla, unha imaxe de satélite na que se ve o trazado que completaron na etapa que cubriron desde o Porto de Meloxo, no Grove, ata Vilaxoán.


A tropa no Obradoiro "de plantón"

Tamén nos comentaba Carlos González que chegaron á Praza do Obradoiro para recibir a bendición obispal (a ese barco non lle entra máis o bicho), pero o bispo debeu de salir o sábado anterior porque non asistiu á cita.

Quedamos coa intriga da historia do obispo durminte.


miércoles, 31 de marzo de 2010

A Araceli no Grove



O pasado martes tiven oportunidade de coñecer aos amigos da Club Deportivo La Espailla, un grupo de amigos veteranos nesto do tema cultural e mariñeiro do barrio de El Palo, en pleno centro de Málaga.


O amarillo é a súa cor


Atópanse nestes mares esta semana inmersos nunha actividade que consiste vogar desde Arcade a Padrón, recreando a Ruta Marítima Xacobea. A pasada fin de semanas botaron ás augas galegas a súa barca de xábega ‘Araceli’, unha embarcación propia da Mediterráneo, construída hai algo máis de dous anos nos Astilleros Nereo, na mesma Mágala.

A ‘Araceli’ é unha réplica recente da ‘Nuestra Señora Virgen del Carmen’, a orixinal que conta con máis de 180 anos de vida nas súas madeiras; que mide 9 metros de eslora, pinta de branco e ten uns detalles moi coidados.



Preparando para botala ao mar

O mal tempo que lles cadrou desde a fin de semana forzounos a facer cambios no plantexamento da expedición, polo que decidiron achegarse por terra a Porto Meloxo, para volver a botar ao mar a embarcación e continuar remando desde alí cara a Padrón. Alí fun recibir ao grupo, que viña acompañado por Braulio Puga.





Unha vez alí, Braulio presentoume ao responsable da loxística e portavoz da expedición, que era Carlos González, un galego de Pontevedra que leva moitos anos afincado en terras malacitanas. Foi quen me contou que o CD La Espailla ten documentada a existencia de 9 barcas de xábega e que dúas delas (máis esta réplica) atópanse no poder do colectivo, e que están en perfecto estado de coidado e navegación, aínda que preferiron empregar a ‘Araceli’ para esta viaxe, a plota reúnese para celebrar 8 regatas a remos nas fins de semana de xullo e agosoto. Carlos tamén me falou de que estas embarcacións son de orixe fenicio, proba da fama de grandes navegantes desta civilización, e que este é o motivo de que luza nas amuras ese ollos tan características.






Botei unha man para baixar o barco do carro, fixémonos unhas fotos todos xuntos cas súas roupas amarelas, despedímonos e alá foron remando rumbo a Vilanova de Arousa, nunha etapa máis para completar a súa viaxe. O próximo domingo estarán na santiaguesa Praza do Obradoiro, con furgón, remolque, barco e todo para que o bispo lle bendiza a ‘Araceli’, e de volta para Málaga, pero esta vez sen remar.




Braulio de reporteiro a bordo facendolle fotos ao patrón