Translate

martes, 3 de julio de 2018

ESCOLA de Vela Tradicional Cambados


Escola de Vela Tradicional Cambados 2018
Edición: 3ª edición
              do 17 de xulo ao 11 de agosto.

Organiza: 
Asociación Vela Tradicional Cambados

Colabora: 
Concello de Cambados




 


Descrición:

Por terceiro ano consecutivo, o concello de Cambados e a Asociación VTC van poñer en marcha unha nova edición da Escola de Vela Tradicional.

Novo formato: para a presente edición, a Escola estará aberta durante un mes enteiro do 17 de xullo ao 11 de agosto e ofrecerá dous cursos de 2 semanas de duración cada un.

Requisitos: Os cursos están abertos ao publico en xeral a partir dos 14 anos (ou ben cumprilos no presente ano) e saber nadar.



 
Datos

  • Nº DE CURSOS: 2
  • Lugar:  Mariña Tradicional Porto de Cambados
  • Nº alumn@s por curso: 20 PRAZAS
  • Duración curso: 2 SEMANAS cada curso.
  • Días de curso: martes, mércores, venres e sábado.
  • Horario: de 16:00h a 20:00h.




CALENDARIO
 
16 de xullo: Apertura e presentación oficial Escola 2018



CURSO 1
Curso 1: do 17 ao 28 de xullo

Martes 17
Mércores 18
Venres 20
Sábado 21
Martes 24
Mércores 25
Venres 27
Sábado 28


CURSO 2
Curso 2: do 31 de xullo ao 11 de agosto

Martes 31
Mércores 01
Venres 03
Sábado 04
Martes 07
Mércores 08
Venres 10
Sábado 11




PREZO:  60€ + 10€ de seguro.  
 - Desconto de 10€ para os socios/as da Asociación Vela Tradicional Cambados



Embarcacións da escola: 


Unicornio. Bote de Ribadeo. Asociación A Torre
  
  
tipoloxías
barcos

DORNAS polbeiras:
Treixadura,Toxiña, Selosa, Julicheira e Sicamontes
5
DORNAS de tope:
Airexa e Muller de Balboas
2
Bote Ribadeo:
Unicornio
1
Loros/gamelas:
Espadeiro, Caíño, Jipi
3
Outros:


Nordic Folkboat
Rana
1
TOTAL

12








 







 

Equipo da Escola: o equipo de patróns/nas, monitor@s e axudantes os aportan as asociacións de cultura marítima de Cambados: 

Clube Mariño Salnés 
A Torre 
As Joritas


 

Obxectivos:

  • Ampliar a oferta cultural e deportiva de Cambados
  •  Consolidar a navegación tradicional en Cambados
  • Contribuír a acadar a MARIÑA TRADICIONAL PORTO DE CAMBADOS
  • Socializar o patrimonio marítimo das asociación de cultura marítima de Cambados




 ESTE VERÁN, VEN NAVEGAR CON NÓS A CAMBADOS!

 Inscrición:
 1º andar do Concello de Cambados 
do 02 ao 15 de xullo.

miércoles, 27 de junio de 2018

Pano Branco





boligrafía: Pano ao vento


Pano branco

Pano branco, costura de sal
Pano branco para bicar o mar
Pano branco, rizo de mel
Pano branco para deixarte querer.


Vai co vento pano branco de portar,
que na proa agardan os salseiros para te ver.
Pano branco por te ver,
asoman as nubes con asubíos para te levar.
Pano branco por te querer, 
 apértanse as drizas para te cantar.



Pano branco escuma de sal
Pano branco costura de mar.



Do silencio queres fuxir pano branco de foular,
por non ver o trapo de preguiza caer.
Pano branco por te mover,
embebes as ansias para te calar.
Pano branco por non morrer,
cantas ao vento para te arredar.






Pano branco, costura de mel
Pano branco para bicar o mar
Pano branco rizo de sal
Pano branco para deixarte levar.




Exidio Cuíñas
   xuño 2018 ©




É tempo de navegar, e xa levamos unhas cantas travesías no macuto: Travesía Portonovo Cambados, II Desembarco Gaélico, Travesía Sálvora...


 


  
Boas singladuras neste verán 
e vento nos panos brancos!

Imaxes:
Miguel Montero e Diego (Vela TRadicional Cambados)
2018

viernes, 4 de mayo de 2018

Sálvora: diario de un farero

Sálvora. Diario de un Farero



A editorial Hoja de Lata, ven de publicar "SÁLVORA. DIARIO DE UN FARERO",  un traballo persoal de Julio Vilches, fareiro da illa dende 1980 até o mes de agosto de 2017.

reproduzco a presentación que nos aporta a páxina da propia editorial:
Hoja de Lata. "Sálvora. Diario de un Farero".

 





 Unha mañá brumosa de 1989, Julio Vilches desembarca en Sálvora, illa localizada na bocana da ría de Arousa, disposto a estrear a súa praza de fareiro. O reciben un estartelado faro en obras, dous quilómetros cadrados de praias e bosques virxes, cabalos salvaxes, estrondo de gaivotas e os seus novos veciños: Andrés, un axudante acordeonista con moito perigo, e o Algarrobo, coas súa egrexia carabina. Para Julio, Sálvora será a partir de agora un anaco de terra libre onde celebrar a vida xunto a unha peculiar comunidade móbil de animais, amigos, amantes, náufragos e trotamundos mariños.

 
Con inusitada frescura e non exenta de drama e humor, estas páxinas recollen en primeira persoa, os quefaceres e a evolución do oficio de fareiro, o traballo de cotío nunha illa practicamente deserta, onde os traballos e as avarías do faro altérnanse con sesións de guitarra e cancións xunto a cheminea, guerras feudais co marqués propietario da illa, recollida de “mareas louras” lanzadas ao mar por contrabandistas en apuros, auxilio de mariñeiros accidentados, perigosas travesías marítimas, animadas festas e tamén, épocas intermitentes de soidades (relativas).


Edición de Gloria Vilches



Julio Vilches 
(Valencia 1953)

Farero de Sálvora dende 1980 até agosto de 2017.










O libro é de todo recomendable, son 37 anos de oficio narrados en primeira persoa por unha testemuña de privilexio para poder comprender a vida dun fareiro e se cadra, a transformación da sociedade dende a atalaia dun farol alumando o mar e a terra ao seu redor.

Deixovos unha escolma de imaxes dunha travesía realizada en setembro do ano 2012 onde fumos recibidos precisamente por Julio, que nos convidou amablemente a subir até o alto do faro:






Julio Vilches na entrada do Faro




















imaxes de Rafael Padín.



Para os que queirades ver máis imaxes do faro, deixo o enlace daquela xornada de setembro de 2012


BOUDEVARA: VERÁN II

Noraboa pola publicación do libro e até sempre.