Translate

viernes, 17 de junio de 2011

40 Aniversario




O RANA xa esta no mar, e esta é unha botadura moi especial porque este ano cumpre 40 anos.





Os Folkboats
(“barco popular”)



O RANA pertence á clase Nordic Folkboat, un deseño de veleiro clásico orixinario de Suecia, onde se construíu o 1º da súa clase no ano 1942.
Dende entón construíronse máis de 4.000 en Suecia, Inglaterra, Francia, USA, Irlanda, Finlandia, Nourega, Canadá e Alemaña.


Logo da Federación Intenacional Nordic Folkboats



Esta barco enormemente pupular e carismático, cecáis acadou a categoría de mítico cando no ano 1976, a navegante australiana Anne Gash, logrou con 55 anos de idad dar a volta ao mundo co seu Folkboat de 7,3 metros “Ilmo”, converténdose na 3ª muller na historia que o conseguía .



Para cando esto sucedía, O RANA contaba con 5 anos.


O RÂNÂ
(vocablo finlandés que significa “viaxeiro”)

O RANA foi feito en Berlín no ano 1971 correspondéndolle o nº309 dos contruídos en Alemaña. Tivo distintos propietarios antes de que no ano 1997 o adquiran Mikel e Julieta, (“os alemáns”), para facer unha travesía polas canles fluviais de Alemaña e Francia até chegar ao Mediterráneao pola Rosell francesa.


O RANA en Berlín antes de empezar a travesía.


A partir de aquí unha singradura de 4 anos arredor da Península con estadías nas Baleares e Portimao para chegar a Bueu onde recala durante todo o ano 2003.


Mikel e Julieta entrando na Ría de Pontevedra

No ano 2004 deciden poñer o barco á venda pero a finais de verán ainda non consiguen atopar comprador polo que deciden navegar cara ao norte coa intención de poñelo á venda na costa francesa, e senón, navegar ata Noruega onde prevén que sexa máis doado a súa venda (aquí estes barcos son moi populares e apreciados, sobre todos os anteriores a 1975 os cales están cosntruídos integramente con madeira de alerce.
Dous meses despois de Douarnenez 2004, Montse e mais eu decidimos poñernos en contacto con Mikel e Julieta para comprar o barco, máis a xente próxima aos alemáns nos din que partiron hai dous días . ¡Mágoa!.

Pero o mal tempo na costa de Fisterra obriga ao RANA a ter que regresar a Bueu e agardar unha melloría meterolóxica para retomar a travesía, mais os partes son claros e anuncian mal tempo para todo o mes. Aos poucos días recibimos a chamada:
- Xaquin, son Julieta, que estamos en Bueu, si estas interesado no barco pásate por aquí e falamos.

Ao día seguinte o RANA cambia de propietarios e dende setembro do 2004 o seu porto de amarre é o de Tragobe en Cambados.

Durantes estes 7 anos, o RANA deixou ver a súa estrana fasquía polas Rías de Vigo, Pontevedra, Muros e por suposto a de Arousa: Encontros de Bueu, Combarro, Desembarco de Ons, Vigo..... As facianas de sorpresa por ver un barco tan “raro” trocaron xa por unha ollada afeita ao casco verde do RANA, xa tan galego coma calquera outro.



O RANA no Encontro de Bueu. 2004


En procesión.

Nestes 7 anos o barco vara anualmente no Grobe, nos asteleiros Hijos de J. Garrido onde xa se lle teñen feito distintos arranxos e labouras de mantemento. Este ano por fín acordámosnos de levar unha cámara e facerlle unhas fotos de corpo enteiro.
O RANA coma todos os da súa clase, sorprenden por ter unha obra viva que supón máis da metade do barco, tanto no peso coma no volumen (1.5 Tn. por baixo da liña de flotación).






Este ano Pablo foi o que máis traballou no barco


Da comenzo a procesión dende o asteleiro até o varadero


Os coches en carabana con total respeto


Polo paso de peatóns


¿Os mariñeiros do escultor Alfonso Vilar a bordo?


Paso pola escultura do gran escultor de Vilalonga Alfonso Vilar recentemente finado.


O mar está perto


De momento o RANA con mais rodas ca un tractor e menos ca un bateeiro



Ala, pola rampla abaixo


Para esta ocasión a botadura do RANA estivo arroupada por moita xente do CMS (Pablo, Oscar, Humberto, Jorge...,) co seu presidente á cabeça. Na foto Majete e Satélite.




O RANA volta á casa. Porto de Tragobe. Cambados


O certo é que aínda que o RANA xa leva 7 anos por augas galegas é pertence a unha clase que leva navegando polas augas de toda a costa europea dende 1942, todavía conserva matrícula alemana xa que aquí os listos das “nosas” capitanías marítimas non fan máis que poñer atrancos para concederlle folio “nacional”: que si proxecto de enxeñeiro como se fose barco novo, que si marcado CEE, que si bañeira estanca.... e taxas, moitas taxas. Así que de momento o RANA celebra o seu 40 aniversario como pirata, berlinés e cambadés.

Bueno, por todos os bos momentos que temos disfrutado contigo,
FELIZ 40 ANIVERSARIO

martes, 14 de junio de 2011

RETOCANDO


A pouco máis de dúas semanas para a gran cita de CARRIL, o RANA está no seco en terras mecas para curarse das feridas do inverno e engalanarse na medida que esixen os acontecementos.





Despois do traballo gordo feito polos profesionais do Asteleiro (cambio dun bance, retoques na cuberta, reparación cabina, recuperación tambucho de proa...), agora andamos coas pinturas e vernices ás voltas: casco, cabina, cuberta, patente, nome, folio, greca, etc.)



Coma todos os anos, vai a vir un monte de xente a votar unha man, pero coma todos os anos as promesas e as boas intencións as leva o vento. Bueno, este anos dúas excepcións. Jorge e Pablo (curiosamente ningún deles socio do CMS).


Pablo cubrindo coa cinta de papel. (¡Que latiña da esto da cinta!)



E coma compañeiro do RANA no seco, unha ilustre dorna preparada xa para o que veña: a DESEMPARADA do presidente de Amigos da Dorna Meca, e tamén redactor deste blog, o Sr. Lino.





Que traballiños dan os barcos e que pouco se ten en conta na Administración. Na reunión do pasado venres (a cal non puden asistir precisamente para ter o barco preparado para Carril), púxose de manifesto non so a CRISE do momento senón a pobreza mental dos que nos gobernan. En especial esta Deputación que xa nin disimula á hora de repartir cartos e cargos a cambio de votos.
Mais agora toca preparse para Carril e imaxino que inmediatamente despois, haberá que poñer no centro do debate o futuro do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia buscando unha estabilidade orzamentaria e institucional que garanta a súa pervivencia.

O que toca: poñer proa a CARRIL





Moitos ánimos a todos e en especial á comisión organizadora.
Nos momentos de dificultade é cando máis temos que amosar a forza do colectivo da Federación.












Nota: como reproche á organización do X Encontro, referir que o listado de inscripción de participantes debeu ser pechado alá polo nº 122, xa que desta maneira se impediría a chegada das ordas ártabras a bordo dese barco mal trincado que capitanea un muiñeiro de prevendas e vendetas, presunto toureiro valente máis que nunca na cuberta limpa se viu.



Este conspirador das flotas atánticas co seu gato Mini, teñen amedrentado ao longo dos tempos dos Encontros a toda unha lexión de apocados dorneiros de ben, avasallando coa súa lingua de botalón e velamen de cor carne crúa a canto barquiño se atopa na súa vista de páxaro petivermello abundante noutrora nos reinos das Españas.

Polo ben da convicencia pacífica, este furador de rodicios que levanta tempestades no medio da calma chicha con so abrir o seu peteiro bucaneiro, solicitamos arresto domiciliario para este Simoncheli dos barcos vellos, en igualdade xusticeira que se fixo co Meco, e máis valera alquitranalo e engaiolalo na Illa de Cortegada para escarnio e aviso a mareantes e demáis calaña de “ojo al parche”.

lunes, 30 de mayo de 2011

Barcos a flote

O pasado venres fumos a parar á ría de Vigo, cadraba no tempo a visita co salón NAUVigo 2011, comentáronnos que a parte de exposición en Cotogrande non era gran cousa (por non falar de que este ano era mitade salón náutico e metade salón de golf, curiosa enxagua), polo que diriximos os nosos pasos á mostra de barcos a flote.
A primeira impresión foi bastante cativa, un pantalán practicamente deserto, e de madeira case nada, as embarcacións alí expostas eran algún veleiro de charter e varias lanchas grandes coma mundos, de segunda mán e á venda.
Tamén se podían visitar nesta mostra a flote as embarcacións feitas pola Escola Obradoiro Mar de Vigo: a traiñeira Vig05 e o galeón Coruxo, perfectamente atendidos por varios alumnos do obradoiro.

Na prensa estes dias anunciaron moito a presencia deste barco, o Misericordia, célebre por ser un dos barcos empregados na grabación da serie Piratas, que se emite en Telecinco. Decimos un deles, porque tamén participaron un número de embarcacións de asociacións da FGCMF, como foron as dornas, a xeiteira e a buceta da ACD Dorna, ou o Nuevo Sofía da AC Rabandeira. Pero debe ser que este barco é no que navegan os bichasos da serie.
Os propietarios son unha parexa de orixe polaco, moi amables e agradables, que nos comentaron que trouxeron a embarcación do porto de Almerimar, en Almería. E que pretenden conservalo do mellor xeito posible; comentaban tamén que o barco empregouse na grabación para as tomas do seu exterior xa que grabar abordo sería moi complicado polas súas dimensións.Tamén estaba no mesmo finger do pantalán o Raquel C, o antigo pesqueiro Abuelos, reformado para buque-escola da Escuela de Vela O Grove. Tamén houbo algún xornal que se enleou ao falar de estes dous barcos: para clarear as liña porpoñemos o clásico xogo das 7 diferencias na fotografía que está xusto enriba destas palabras.

A todo esto, a mostra a flote foi na Marina Davila Sport, nun dos seus pantaláns, que se atopan a un lado da marina seca, onde como podedes comprobar: hai de todo.

lunes, 21 de marzo de 2011

Volta no Rana


Aproveitando o bo tempo desta fin de semana decidimos dar unha volta co Rana.
Destino: Aguiño





O día perfecto para navegar, vento lixeiro pero suficiente para ir facendo camiño en dirección a Aguiño, bordos entre Savora, Rúa e Vionta:














Marcando rumbo


Nivel de escora


Con tanto mariñeiro a bordo, non foi raro o de largar un curricán para probar sorte:


O palangre polo "guincher"


Os palangreiros


Liouse o palangre


Arranxando o palangre.

Co resultado dunha triste xarda imos chegando ao paso de Sagres.



Lenda de sagres:

"As características formaciones rochosas do archipiélago de Sagres, con formas que se asemellan a figuras humanas e de animais, deron pé a unha chea de lendas. Unha delas fai referencia á invasión dos celtas. Di esta, que os celtas chegaron por mar e cairon no encantamento que ameazaba a todos os que tentaban loitar contra os estrimnios, quedando convertidos en pedras para sempre. O xefe dos celtas, Saefes, tomou por muller a "Forcadiña", filla do rei dos estrimnios, coa intención de realizar a invasión de xeito pacífico e non padecer o encantamento.

Da relación naceu un fillo chamado "Noro", pero a astucia foi descuberta e os celtas foron víctimas do encantamento. Saefes quedou petrificado converténdose no con do "Home de Sagres", coa lingua fendida por sete lugares, que é o illote de Setelinguas coa mandíbula desfeita e espalladas as moas. Formando a súa vez, os cons de "Queixada" e as "Moas". A pedra "Forcadiña" está situada pero da punta de "Couso" e "Noro" próximo a Vionta. As outras pedras e illotes son os restos das embarcacións dos mariñeiros de Seafes, que quedaron petrificados para a eternidade."


O poeta cambadés Ramón Cabanillas, nas súas sagas de "Na noite estrelecida" falou do arquipélago de Sagres e da illa de Sálvora como "lugares sagrados dos celtas", cando localizou nelas as fantasías de Merlín e os soños do Rei Arturo.
(información recollida de http://www.lariadearosa.com/Ribeira/hi-Riveira.html)






Xa de regreso, co sol meténdose polas costas atopamos un vento bonito que nos fai coller boa marcha. Un pouco antes, o artista da fotografía Rafa, fai estas fotos a contraluz:








E así imos chegando, xa coa noite enrriba. Foi un bonito día de navegación cos compañeiros Humberto e Rafa, e como non, unha vez en terra a saborear á triste xarda, pobriña, neste ocasión non se dou indulto a ninguén.