mar do tempo que en cada salseiro
recargas a tinta azul coa que escribes,
mar da memoria que en cada travesía,
achicas un feixe de historias que revives.
Exidio Cuíñas
Cuaderno de bitácora 2018
![]() |
Travesía Cambados-Portonovo. Rana 2018 |
Foi a deste ano sen dúbida unha campaña longa que se iniciou alá polo mes de abril co traslado do Folkboat Rana a Portonovo para a varada anual. Alí estaría o barco unhas cantas semanas antes de volver ao mar. Daquela travesía lembro a ilusión por iniciar unha nova tempada de navegación e o contacto cos barcos; no horizonte: travesías, concertos, fondeos fronte á praia..., en fin, o VERÁN.
Traballo durante a varada:
Exterior: tratamento obra viva, saneamento cuberta, pintura cabina, verde e patente.
Interior: saneamento sentina, retoques verniz e pintura.
Pau: lixado e verniz.
Outros: soporte motor, reparación bomba achique, reposición escota foque, cana temón, etc.
Chegado o mes de Xullo, emprendemos travesía de volta un fermoso día con parada na illa de Ons a papar o polbo en Casa Checho. Iniciase así a campaña de navegación no Folkboat Rana coa agradable presenza de Manolo, o noso taberneiro cambadés favorito.
![]() |
imaxe: Manolo (Furancho Madalena). Folkboat Rana. 2018 |

CMS
clube mariño salnés
Pronto empeza a tempada tamén para o Clube Mariño Salnés e logo duns cantos meses de traballo na sede para preparar os barcos, cumprimos co prazo do 17 de maio para ter os barcos navegando o día das Letras Galegas.
As primeiras en ir ao mar a inchar serán a Julicheira e A Muller de Balboas, mentres que a Sikamontes terá que agardar un pouco máis para repoñer o calafateado.
![]() |
Xulia (esquerda) e Ana (dereita) mestras calafates. |
Traballo na Sika: retirada estopa vella, saneamento xuntas, reposición estopa e sellado con brea alquitranada.

![]() |
Traballos colectivos: limpeza da sede-obradorio do CMS |
Asiña empezaron tamén as actividades para as demáis entidades de Cultura Marítima de Cambados (A Torre e As Goritas) coa organización da regatas de remos e a III Regata do Salnés de dornas a velas organizadas pola Asociación Cultural A Torre.

![]() |
Rafa patroneando a Julicheira (CMS). III Regata do Salnés |
![]() | |||||||||||
Equipo de regata a remos do CMS (de esquerda a dereita): Alicia, Rubén, Miguel, Xaquin, Oscar, Xan, Sanchís e Rafa. |
VISITA AO HIDRIA II
Xullo 2018

Lavábamos tempo mirando como axudar (modestamente) aos armadores do Hidria II Jacobo & Sesé e este ano, dende a directiva do CMS propuxeron unha visita privada ao "barco alxibe" para socios do Clube e a xornada foi todo un éxito.
Até o Grobe desprazámonos coa Muller de Balboas (dorna de tope), o Rana (nordic folkboat), o Unicornio (bote de Ribadeo) e a Julicheira (dorna polbeira).
![]() |
Preparando os barcos para a expedición. T de Cambados. 2018 |
![]() |
Arribada ao Grobe. |
Foi unha xornada completa con visita guiada polo barco seguindo as explicacións de SESÉ, e posterior comida a bordo onde improvisamos un pequeno restaurante flotante.
![]() |
No interior do Hidria atendendo ao funcionamento da caldeira de vapor. |
Xantar e baño:



E de regreso, aínda temos tempo de facer unha paradiña en Carreirón para tomar un baño:
![]() |
Camiño de carrerón a bordo do Rana |

ESCOLA DE VELA TRADICIONAL
CAMBADOS 2018
A mediados do mes de xullo ábrese, por terceiro ano consecutivo, a Escola de Vela Tradicional de Cambados, organizada pola Asociación de Vela Tradicional Cambados coa colaboración do Concello.
Aínda que até o de agora todas as edicións foron un éxito, a continuidade da iniciativa vai depender en gran medida da consecución da Mariña Tradicional Porto de Cambados que garanta a seguridade dos barcos e das persoas participantes nas actividades que se ofertan dende a Escola.



![]() |
Folboat RANA. Escola Vela Tradicional. Cambados 2018 |
OUTRAS ACTIVIDADES:

Ao longo dunha campaña tan longa hai tempo para asistir a regatas, organizar excursións, asistir as festas da contorna ou simplemente, organizar saídas de navegación coas visitas que recibimos no verán en Cambados e tamén para os/as novos socios/as.
Expedición Illa Rúa

![]() |
Geocaché atopado en Rúa |

Participación Arribada Gaélica. Cambados 2018:


enlade video: II Arribada Gaélica 2018
Participación Regata Camping Miami. O Grobe:

![]() |
Equipo regata CMS: Rubén, Xan, Patri, Olaia, Rosana e Pablo. |
Participación rodaxe video musical "CRESPO-POR MI (EL SANTO)":


Montaxe Obradorio Carpintería de Ribeira. Festa Corsaria Marín 2018:
![]() |
Festa Corsaria Marin 2017 |
![]() |
Festa Corsaria Marín 2018 |
Travesía a Ribeira:
Con motivo da celebración dos 25 anos do I Encontro de Embarcacións Tradicionais celebrado na vila de Ribeira no ano 1993, organizamos unha expedición conxunta con Alberto da Asociación Sueste de Moaña, saíndo dende Cambados cos folkboats Pukinelo e o Rana, dúas embarcación xemelgas que por primeira vez navegaron xuntas.
![]() |
O Pukinelo navegando cara Ribeira. |

Arribaba ao Festival "Entre Bateas". Boiro 2018:

![]() |
Tripulación a Boiro: Xan, Miguel, Rubén, Pablo e Xaquin. |
Participación rodaxe video musical "estalido" de Santi Araújo:



Navegacións, visitas e novos/as socios/as:
![]() |
A dorna de tope "Airexa" vista dende a proa da Julicheira (dorna Polbeira) |


![]() | ||
Tripulación da Muller de Balboas: Olaia, Rosana, Bea (A Presi) e Rubén. |
... novos socios, novas patroas:

![]() |
A Sikamontes. Illa de Arousa 2018 |

![]() |
Saída no Rana con David e amig@s |
![]() |
Vista de Rafael e amig@s |
e para ir concluíndo, recordo dunha saída de navegación moi especial na Muller de Balboas xa ao final da tempada:
![]() |
Travesía na Muller de Balboas con Chus, Pilar, Silvia e Cristal. outubro 2018 |
remate
En fin, unha campaña longa. Agora os barcos pasarán unha curta invernía até pasadas as badaladas do novo ano que marcará coma sempre, o inicio do traballo na nave para a posta a punto das embarcacións para unha nova tempada.
Pero iso é outra historia e até entón, imos gozar de todas esas horas de navegación e convivencias arredor dos barcos tradicionais.
A tod@s MOITA SALITRE
![]() |
A Sikamontes navegando coa coa vela "á cruz" |
agradecementos:
- Imaxes:
Miguel Montero
Bea Laya
Manu Paz
David Hamer
Bruno
Silvia Vozza
Arquivo Vela Tradicional Cambados.
Alumnos/as Escola VTC
Soci@s do CMS
- A Manolo (Furancho Madalena) polo polbo en Ons.
- A Jacobo e Sesé pola visita ao Hidria II.
- Aos que me axudaros cos arranxos no Rana deste ano.