O mar dos teus ollos, miña ribeira,
cruzalos dame reparo, vivo vogando nela,
cando na miña dorna e a toda vela,
debuxo no mar o corpo da miña Carmela.
Quixera volver escravo nunha gamela,
se aquela tivese na proa a súa guedella.
Mais cando busco no fondo da súa cadeira,
a soas me atopo sentado na miña polbeira.
No mar fican os peixes, na terra fican amores,
e no medio de todos eles, xeito e ardores.
fragmento cantiga "O Mar dos teus ollos".
Exidio Cuíñas. 2002
imaxe: Marcos Escudeiro
imaxe: Marcos Escudeiro
Escolma de Nadal
Imos chegando ao final dun ano vizoso e farturento de actividades e navegacións e aqueles anos cheos de dificultades e atrancos de hai ben pouco, van perdéndose na distancia sen que por popa se divise xa o seu ronsel de penuria.
Estou a falar do ano 2015, cando o Clube Mariño Salnés cruzou as peores augas da súa vida, atravesando aquel famoso Rumbo de Colisión que case nos leva a pique a toda a Asociación. Foron tempo complicados, sen dúbida, sen máis axuda da que nós mesmos puidemos procurarnos; máis agora, podemos respirar ao ver que o CMS, lonxe de afunfir, rexurde como un picapeixe remontado o voo logo dunha longa inmersión ao inframundo.
E que mellor xeito de rematar o ano que seleccionando unha pequena escolma de imaxes que nos lembren o feito ao longo destes meses onde os cambadeses asistimos non só a recuperación social e económica do CMS, senón tamén ao nacemento do proxecto da Mariña Tradicional Porto de Cambados e da Asociación Cultural e Deportiva "Vela Tradicional Cambados", dous guindastres onde debería apoiarse o futuro da cultura marítima de Cambados.
![]() |
Mariña Tradicional Porto de Cambados. Imaxe: Marcos Escudeiro. Cambados 2016 |
Imos aló:
- Xaneiro-febreiro-marzo:
Reparando a Muller de Balboas, a quén espimos por completo retirándolle toda a pintura para darlle tratamentos base da madeira antes de imprimar e volver a pintar coa cor vermella que a caracteriza.



(video1):proceso de espido.
detalle do vídeo: pódese ver claramente o nome Boudevara pintado no costado da Muller de Balboas como resultado dos problemas daquel ano 2015 onde tivemos que disfrazar o noso barco insignia.
Música: Échame a mi la culpa. Albert Hamon. Interpreta: Majete.

Folga dicir que tamén a espimos e volvemos pintar até o folio:


e rematamos o mes de marzo convocando ao voluntariado do CMS para uha recollida solidaria de alimentos para os refuxiados da guerra en Siria:


- abril-maio-xuño:
Neste trimestre preparamos un maio para colaborar na Festa dos Maios do Concello de Cambados:


e decontado chegaron as botaduras do 2016:
A Muller de Balboas




![]() |
Rampa de Varada, Porto de Tragobe. Xullo 2016. |
A julicheira

Na imaxe da dereita, a Julicheira pola popa da Sicamontes.
![]() |
Porto de Tragobe-Cambados. Imaxe: Marcos Escudeiro |
e tamén do RÂNÂ:
![]() |
Portonovo. Xullo 2016. |
- Xullo-agosto-setembro:
Iniciamos este trimestre cedendo a Julicheira para a Festa do Corpus, onde serviu de altar para os actos propios destas celebracións. Vainos saír devota a dorniña, xa que doutra volta tamén a solicitaran para a Capela do Hospital por Semana Santa onde mesmo foi patroneada pola fermosa imaxe do Nazareno desta pequena igrexa do centro histórico de Cambados.
e pronto fumos navegar:

![]() |
A Julicheira e a Sicamontes dende a proa da Muller de Balboas. |

![]() | ||
Travesía Cambados-Muros. Folkboat RANA. 2016 |
(video 3) Travesía Portonovo-Cambados:
(video 4). Paso por Monte Louro. Travesía Muros-Cambados
(video 5). Navegando na Muler de Balboas
e entrementres, cumprimos co sorteo da Cesta de Nadal 2015 que inclúe unha saída en dorna cos agraciados, neste ocasión, unha familia de Cambados:

entrega da cesta e saída en dorna este verán.


Xornadas de Vela Tradicional:






e para remate do mes de setembro, asistimos á regata de remos da Valvanera en San Tomé organizada pola Asociación de Embarcacións Tradicionais "A Torre":
![]() |
Preparando a saída. Torre de San Sadorniño (San Tomé-Cambados). Imaxe: Asociación "A Torre" |
- outubro-novembro-decembro:
aínda que este ano chegou con retraso, no mes de outubro por fin puidemos navegar no VII Memorial Tito Silva.
Memorial Tito Silva
Imaxes: Lino Prieto Prol
![]() |
A flota meca: A Miña Miniña, Belisa e Irmandiña |
![]() |
A Airexa |
![]() |
A Irmandiña |

![]() |
O Rana. |
Ciclo de documentais da Memoria:



e en decembro, como xa é costume, o CMS centrou os seus esforzos en elaborar un espectacular CESTÓN DE NADAL.
remate:

imaxe: Gamela. Cambados
Autor: Egidio Agra
A todos Bo Nadal e Felices Festas
vaite correndo, vaite levando,
unha airexiña que vai medrando.
da catiga O mar dos teus ollos.
Exidio Cuíñas