A primeira impresión foi bastante cativa, un pantalán practicamente deserto, e de madeira case nada, as embarcacións alí expostas eran algún veleiro de charter e varias lanchas grandes coma mundos, de segunda mán e á venda.
Na prensa estes dias anunciaron moito a presencia deste barco, o Misericordia, célebre por ser un dos barcos empregados na grabación da serie Piratas, que se emite en Telecinco. Decimos un deles, porque tamén participaron un número de embarcacións de asociacións da FGCMF, como foron as dornas, a xeiteira e a buceta da ACD Dorna, ou o Nuevo Sofía da AC Rabandeira. Pero debe ser que este barco é no que navegan os bichasos da serie.
Os propietarios son unha parexa de orixe polaco, moi amables e agradables, que nos comentaron que trouxeron a embarcación do porto de Almerimar, en Almería. E que pretenden conservalo do mellor xeito posible; comentaban tamén que o barco empregouse na grabación para as tomas do seu exterior xa que grabar abordo sería moi complicado polas súas dimensións.