
Ben, aquí vai un resumo da travesía dominical:
Partimos do porto do Grobe as 12:00h, con vento suave do norte. Ceo despexado e temperatura cojonuda. Destino Bueu.


Chegando o Faro das Umias izamos maior e xénova. (A mesana de momento non é necesaria). O vento vaise mantendo até dobrar o Faro do Pombeiro pero votase en falla un pouco do vento dos dias atrás.


Por popa imos deixando a Illa de Salvora. As baterías por babor:



Á altura de Ons, o vento rola a Noroeste e trasluchamos aparellos. Acadamos os 6 nudos e pronto rebasamos Cabicastro.



Xa na Ría de Pontevedra aumenta o vento e chegamos con boa marcha até a praia da Tulla (xa en Bueu).


Deixamos o Zorba fondeado e collemos a neumática para dar unha volta pola costa sur da Ría: Punta Cabaliño, Beluso, Punta Monte Gordo, Praia de Lapamán, Illa de San Clemente, Punta Loira, Aguete, Punta Moa, Praia Mogor e Portocelo.





Cae a tarde e con ela o vento. Tan so izamos xénova pero pronto temos que recollelo. Queda por diante unha travesía a motor perseguindo un sol que se vai agochando por detrás de Salvora.







Á altura do Pombeiro a noite nos deixa as luces de ribeira por babor, Salvora e Nor pola popa e unha Ría de siluetas de bateas por estribor. Imos chegando as escuras coas luces dos faros, xa van sendo horas de poñer pe en terra e o cú na taberna a tomar un vaso.




Até aquí, a bitácora dun día de domingo de agosto navegando no Zorba dende o ollo do mariñeiro de abordo.