
A noite do 16 de xullo, andaba a nosa flota nerviosa e impaciente pola celebración da
I Varada de barcos Tradicionais en San Tomé. Aínda que o CMS xa ten os seus aniños e experiencia en organizar cousas e colaborar noutras, era a primeira vez que se ía facer esta Varada, que inicialmente pretendía ser o escenario de presentación da recuperación dunha réplica de Gamela de Cambados. Como xa explicamos no blog do CMS, esto non foi posible e teremos que agardar un pouco máis de tempo para voltar a ver unha embarcación desta tipoloxía navegando por augas de Cambados.
A Julicheira non daba collido o sono e imaxino que andaba a soñar cunha praia chea de barcos e velas de tipoloxías irmáns.
A Julicheira en San Tomé
Dorna "Nerea" da Asociación Calmoseira de Cambados, á carón da Julicheira.Pola mañán, reunidos na sede social, recibimos a chamada de Lino Prieto (Amigos da Dorna Meca) anunciando a cancelación da Regata dos Faros do Grove por mor da previsión de fortes ventos do norte para a tarde. “Un pao” porque a Varada quedaba seriamente condicionada, tanto polas previsións de vento como pola cancelación da Regata, o cal impedía a realización da Travesía Grove-Cambados. De inmediato tomouse a decisión de manter a programación conscientes de que as cousas non ían sair como agardábamos, pero a xente viña preparada para navegar e as caixas de sardiña que nos dou a Confraría agardaban na neveira xa co sal.
Preparando para sairAsí que decidimos deixar a Julicheira amarrada e formar tripulación única na Muller de Balboas para disfrutar dun día de navegación. Sen rumbo fixo, saímos a dar bordos pola Ría: primeiro a Carreirón, despois ó Rego de Alcalde, seguidamente ó Bao para pasala Ponte da Illa, despois viñeron os bordos cara Vilanova e o Seixo, e finalmente parada en Vilaxoán que será porto de Encontro para o ano que ben.
Tres en liña

Os risos para as facianas
Comandante Kubeiro con mais roupa da habitual.Foi o día do bautismo de mar para novos socios que se mollaron con algún salseiro, e tamén para convidados como Fernando da “Asociación Barcas do Minho”.
Mila Miser: ás escotas
Fernando: mariñeiro de reemplazo. (Moitas gracias pola molestia de asistir co carocho)Sobre as 18.00h voltamos para Cambados, a cumprir coa programación do que quedaba da programada Varada, pois para esas horas xa tiñamos cancelado as actuacións musicais e animacións que estaban anunciadas no Cartel.
Rafa: mariñeiro profesional do cerco á caña na longa empopada á Cambados.Chegamos a Cambados nun plis-plas cun ventiño constante do norte pola popa e varamos á Muller de Balboas na praia, triste e soa, ¡pobriña!. Por alí non se veía barco ningún, tan só as excepcións de Anxo (Amigos Dorna de Portonovo) que se achegou a San Tomé coa Bicoca, o Sr. José e mais o Carocho de Barcas do Minho, pero xa nin sequera baixaron os barcos do remolque.
A muller sozinhaA tarde caía e ollando para a dársena de San Tomé, pensabamos no bonito que sería ver entrar os barcos para varar na praia e izar as velas...., máis non foi así. ¡Que se lle vai facer!, exclamaban algúns; e o noso presi, insuflando ánimos respostou: Ala, a asar sardiñas.
Dornas cambadesas no solporE así se fixo, e co lume, o cheiro das sardiñas e o Vinho Canhero fúmonos animando e pouco a pouco esquecendo o total fracaso da Varada en San Tomé. A eso das 12 da noite xa non quedaban sardiñas e o persoal desprazoude até o centro a presenciar o último traballo de Treixadura, un grupo de música tradicional con moita impronta cambadesa.



E agora qué?. Nada, a seguir traballando e a agardar por tempos mellores.
Apertas a todos os membros do CMS.
Fotos: Mila Miser, Quico Alvarez e Boudevara.