Translate
viernes, 26 de septiembre de 2008
mariñeiros do "bou de vara" de Cambados
Etiquetas:
Persoeiro do día: Oscar Padín
ARTE "BOU DE VARA"
Ben, como definitivamente este blog vaise chamar Bou de vara, é de xustiza que fale un pouco deste pequeno aparello de arrastre que se mantén aberto cunha vara de ferro mentres se arrastra dende o barco. Con esta arte vaise as zonas de libre marisqueo con profundidades superiores ós 1om., entre os meses de novembro a marzo. Así que se os pasades nesas datas por Cambados veredes barcos de pequeno porte fasenso lançes e lançes dende a punta de tragobe ate as bateas. Ás veces máis de 100 larjhadas, así que xa vos podedes dar unha idea da maestría desta xente. Collen un pouco de todo, volandeiras, chopos, nécoras, linguados e outras especies de fondo. As fotos tomeinas para o caderno didáctico "Aprende á beira do Mar". Dentro do programa Cambados á beira do Mar, que facemos a Confraría, as mariscadoras de Guimatur e nos (Intramar) tamén temos un DVD sobre a pesca e o marisqueo en Cambados. Se alguén está interesado que avise que poño máis información.
Ben a homenaxe do día vai para os mariñeiros que empregan a arte do Bou de Vara e en concreto hoxe para "OscarPadín"
Etiquetas:
artes de pesca artesanal
jueves, 25 de septiembre de 2008
FOTOS CARLOS CULLER 3
Entrando en Tragobe
un día deses que non atopas tripulación e decides ir só.
Navegar só e algo distinto, aínda que normalmente prefiro sair con xente.
Etiquetas:
DORNA DE TOPE "A MULLER DE BALBOAS"
martes, 16 de septiembre de 2008
DORNA DE TOPE "MULLER DE BALBOAS"
Esta é a Dorna "de tope" do Clube Mariño Salnés de Cambados. Foi mercada no Jrove e restaurada en Combarro nunha carpintería de ribeira hoxe esquecida e da cal falaremos outro día. Traballaron na restauración Paco Paxaro (Clube Mariño A Reiboa) e Isidro Mariño (Intramar S.L.). ademáis da xente da asociación. Este ano foi moi madrugadora e xa no mes de abril andaba navegando pola Ría de Arousa. Estivo en Bueu, Ons, Combarro, Vilaxoán (As Rebenidas) e non sei onde máis. As fotos foron feitas por Carlos Culler, un rapaz afincado en Cambados afisionado á fotografía e namorado da dorniña dende a primeira vez que se atoparon na praia de San Tomé.
Etiquetas:
DORNA DE TOPE "A MULLER DE BALBOAS"
SALITRE
Este blog quere facer unha homenaxe a aquelas persoas que andan no mar, sinten o mar e nunca saen nas fotos.
Para todos eles este blog.
Etiquetas:
DESERDADOS DO MAR
Suscribirse a:
Entradas (Atom)