Esta entrada estaba errada na data (gracias Lino). O ano que quería resaltar era o 2006 que foi cando existiron problemas de entendemento entre as entidades organizadoras. Agora xa semella superado, aínda que é certo que a gran cita de Combarro coa Festa do Mar, terá que saber compatibilizar os intereses económicos dunha Festa que medra e os intereses sen lucro das asociación culturais organizadoras da concentración de embarcacións tradicionais, que foi en definitiva o xérmolo para todo o que veu detrás.
Translate
viernes, 24 de octubre de 2008
O Râna na Festa do Mar. Combarro 06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Xaquín:
Esta foto é do 2006, seino porque a fixen eu, nesa travesía explicamoslle aos convidados que o barco de vela pode ir a calquera lugar, con casos prácticas, ademais esas camisolas amarillas foron nese ano.
Saúde:
Lino
Lino, vexo que estás moi atento. Todo o que dis é certo. Precisamente eu quería poñer unha foto de Combarro 2006, porque fago referecia especial a este ano polos problemas que rodearon esta edición. Busquei o CD que ti me deches con fotos de travesías do Rana, e o primeiro que mirei para identificar unha foto do 2006, foi a cor daquela camiseta, a lembro porque a bordo é raro que meta algunha cousa desa cor. Non sei porque se me foi a cabeza o "7" porque o obxectivo era incluso falar algo daquela edición do 2006. Pero como non ai mal que por ven non veña, é moito mellor que me corrixades os amigos porque así teño unha ocasión de saber que estades aí e poder comunicarme con vos. Moitas grazas pola túa corrección e pola visita.
De "nazas" Xaquín.
Eu lémbrome porque ese ano levamos o Rana desde portonovo nunha travesía que empezou con unha chumbada en Portonovo, que estaba fría de carallo polo que pasín de mollarme.
Estuvo ben.
Agora tras ese ano polémico e coas reformas estruturais de Combarro, a pesar de todo penso que nunca volverá a ser o mesmo, primeiro foron as carpas tapando as embarcacións e este ano estivemos, tratousenos ben pero non foi nada atractivo para o visitante xa que os pantaláns ficaron pechados.
Pero de todo se aprende non?
Por certo: foi a primeira vez que dormin na Irmandiña, eramos solo dous pero o outro moviase moito, pisoteabame... pudo ser peor...
Bos días Lino, sempore pensei que o de Combarro, a Festa do Mar, merecía maior compromiso por parte de todos. Diante do "boicot", eu propuxera unha xornada de velas plegadas, que os barcos non navegasen en sinal de protesta, e se cadra convocar á prensa e ler un manifesto a pé de porto. Penso que esa era mellos solución que o simple "boicot" que finalmente se fixo. Nos seguintes anos a cousa mellorou pero penso que é preciso definir entre todos que é o que se quere para a Festa do Mar de Combarro porque os problemas como ben dís, siguen onde estaban: ubicación das carpas, amarre das embarcacións, lucimento dos barcos,programa cultural, exposicións, espacios en terra para as asociacións, etc.
Pero tamén é certo que é unha cita que non se pode perder porque costou moito traballo a moita xente, e na miña opinión faise necesario unha intermediación entre o Concello (Festa do Mar) e as asociacións (encontro embarcacións), porque se un día estas cousas se disocian estaremos fodidos.
Jrasiñas polas fotos meu.
Por serto, eu para o ano non amarro no porto deportivo, bou para o muelle coma sempre.
saudiña e saudos ó Xá (a ver se pos unha foto del no blog.
Home, eu dese que empecei a ir a Combarro nunca parei, con un barco, con dous ou sen barco "de paquete"... de Feito Fabian e máis eu somos campeóns de remo, invictos, sempre gañamos cando nos presentamos para participar, e no 2007, a Pelexa, conmigo e Fabian rematou segunda na regata de vela (e a Meca de primeira)
- outra cousa, fállache o mail, ven todo de volta.
"Unha foto de quen???"
Foder meu, topei esta entrada de puro chou. Normalmente non veño tan atrás no blog. Xa sabemos que eres o máis jrande bojador de todalas rías, e máis aínda en Combarro, para eso tes peito dabondo. (Bou comprobar o amilio)
A foto: O Cañón que vai pola de Jarrido, non lle chaman Xá?. Pois ese, o da javicha na boca, o da enxurrada .....
Publicar un comentario