Translate

jueves, 23 de octubre de 2008

XOVES. Cousas do día

Hoxe tiña pensado falar do caso da “Misteriosa orixe da Belida” (por fin puiden estar coa xente da Remadoira) pero agardo ate mañá para poder contrastar algúns datos.

Hoxe tamén quería iniciar un artigo/tema sobre a nova regulación e delimitación do dominio público marítimo terrestre que estes meses está dando tanto que falar. A semana pasada por exemplo desaloxaron a 20 familias de mariñeiras nas Baleares (non podo precisar o sitio porque estaba recollendo información e artigos de prensa deste tema), e mesmo se ten creado unha asociación para a defensa de afectados por esta nova lei. Con respecto a este tema vexo que no blog “el mar es el camí abre este debate e polo tanto a quen este interesado o remito a este blog. Calquera nova con este tema comentareina.

Así que hoxe seguirei co resumo do aniversario do Clube Mariño Salnés, que xa se está estendendo de máis e mañá abordarei temas pendentes (xa non sei como organizar o tema, falla o tempo)

3 comentarios:

Curros Pondal dijo...

Pero que cona andaches a facer o xoves pola mañá para non poderes actualizar o blog?
Estaste a facer un vagoneta?
Tes un blog moi interesante, xa cho irei explorando nos vindeiros días e irlle zugando todo o de interese que ten, que ha ser moito.
Saúdos salgados e músicas de gaita dende a Avda. de Vilariño!!

Lino dijo...

Xaquin, esta foto é do 2006, seino porque a fixen eu, ademais polo color da camisola--
Saúdos

bou de vara dijo...

Amigo Curro moitas grazas pola visita, será moi interesante estar atento as túas correccións linguisticas. O malo dos blogs e que normalmente ai pouco tempo así que se escribe a toda ...., a fume de caroço quero dicer. Pero non deixan de ser espacios de difusión, tamén da linguaxe, así que procurarei revisar un a ortografía e esas cousas. Moitas grazas e agardo verte a miudo por aquí.