Translate

viernes, 31 de octubre de 2008

CHEJOU O VENRES

Hoxe é Venres: imos pechar esta boa semana que nos dou de todo un pouco, sol e chuvia, vento e calma chicha, momentos de soidade e tempos compartidos. Unha semana onde nos enteramos que, no medio dunha crise mundial de alimentación (seica din por aí que tamén lle afecta ós banqueiros) un tercio da pesca mundial vai pola borda. Cousas deste mundo.

Pero hoxe é venres e toca persoeiro da semana. Case tiña que facer esto todos os días, porque son tantas as persoas que merecen un recoñecemento por ter traballado e aportado o seu tempo, o seu saber, as súas gañas ou simplemente a súa ilusión. Ben, como diría Kubeiro “déixate de mariconadas e acaba dunha ves”, esta semana remata como empezou, cun recoñecemento a un colectivo calado e que pouco sae nas fotos.

O persoeiro da semana é a Asociación A Remadoira

8 comentarios:

lino dijo...

Xaquin, mira ben a foto da Muller de Balboas no Grove, ten unha psicofonía!!! debeu de ser feita a traves dun cristal e vese como unha sombra da persoa que a fixo... chamade a Iker jimenesss
Bo finde!

bou de vara dijo...

Bos días Lino, pois tes razón. Non teño idea quen fixo a foto. Será cousa de enviar a 5º milenio. O que pasa e que con esas pintas de Isidro, de pano panplonica a jafas chulo-macarra non sei si será boa idea. Hoxe pola mañán escoitando radio 3 no coche, entereime que un alemán estudia as psicofonías dos electrodomésticos (sonidos raros das neveras, imaxes de canais de TV non sintonizados, e cousas polo estilo, e ate fixo un disco e creou un "centro laboral de arte
psicofónico" ou algo así. Se cadra mellor enviarlla aquí, para que estudie a dornapsicafonía.

Lino dijo...

eu se o pajaran ben e non tivera mais que faser ainda estudiaba as sicofonias que fan os teleñecos cando ronca, ou aljo peor, que seghuro que o hai, pero como non nos caen a nos as becas esas teremos que mirar por nós de outro xeito
Saúde:
Lino

bou de vara dijo...

Lino, esa Meca sae a navegar ou non?. Podíase organizar unha saida de fin de semana ata Palmeira por exemplo, co Rana, a Meca..., e quen queira apuntarse. Pero que baixe a friaxe, que teño unha psicoafonía de carallo.
moita salitre, estopa e psicaflés.

lino dijo...

A meca saiu bastante este ano, e ainda está en activo, está amarrada en San Vicente. Agora estou en Pontevedra, no descanso para xantar e chove a dios dar ajuas, e fai un frío do carallo!!, pero no caso de cambiar o tempo pódese sair, por suposto, veremos como evoluciona o tempo metereolóxico e falamos mais adiante na semana, clao que si.

bou de vara dijo...

Lino, pois nada, a ver se o tempo acompaña e este inverno facemos un programa improvisado de navegación de inverno entre portos.
avanti

Lino dijo...

Xaquin:
Acaba de chamarme un personaje para propoñerme sair de pachangueo coas dornas este sabado, que o martes e san Maritño e "Aljo haberá que faser...", Nese caso podiades vir na de tope, en caso de termos vento para unha pachanga...
xa falaremos, que meteogalicia solo da previsión até o venres

bou de vara dijo...

Lino, paréceme ben, posiblemente esta sexa a saída de fin de tempada para a Muller de Balboas. Despois poñerémola a durmir. Bou armando tripulasión. Ala, que descanses.