ESTA SEMANA, estuven coa xente da Remadoira para resolver a "Misteriosa orixe da Belinda" e xa vos aununciei que necesiato un tempo para contrastar datos. Queda a cousa aprazada ate a semán que ven. Así ten máis emoción. No tema do aniversario do Clube Mariño Salnés non é doado resumir en tan pouco espacio e tempo toda unha década de actividade, así que a semán seguinte será a 2ª entrega.
Durante a semana e a través da historia do CMS fixen unha viaxe no tempo, un ollar de esguello ó pasado máis inmmediato. Vivimos con tanta presa que o de onte xa está reseso. Pero non poderemos chegar a comprender nada si non temos un momento para ollar o tempo arredor de nos. O persoeiro desta semana non é unha persoa atemporal, todo o contrario, é un home deste tempo, do outro e do que virá. Quería reservar a esta persoa para unha ocasión máis lustrosa, pero o "xok" que me dou velo na prensa diante do Presidente Touriño na Festa de San Froilán precipita a elección do persoaeiro de hoxe.
O Persoeiro da semana é: CAO de Combarro.
6 comentarios:
Ola amigo:
Está xenial a serie de entradas sobre a historia do CMS.
Por favor, continúa, é moi interesante.
Ao outro lado da pantalla do ordenador hai xente á que lle interesa o que nos contas.
Non o dubides.
Unha aperta mariñeira.
Ola Xaquín,
parabéns polo blog.
Creo que lle estas dando un enfoque moi interesante.
Lembrar de onde vimos, e a xente que noutros tempos (e agora) dou o callo, pareceme unha grande idea.
Amigo Farturas, abrir así a golpe de luns o blog e atopar de primeiras coa túa visita é unha boa maneira de empezar a semana. Fuches a primeira persoa que entrou no blog, fará agora unhas seis semanas. Foi así como comprobei que o blog estaba na rede e ante a decisión de eliminalo ou seguir, decidín o segundo. Inmediatamente fixeches un enlace con boudevara na Sigradura da Relinga que eu aínda non tiven a deferencia de facer por que naquel primeiro contacto xa te expliquei que tería que pasar un tempo para considerarme un blogger. O recoñecemento son as visitas e este blog aínda ten moi pouquiñas pero se ti dis que outra xente está interesada no que conto é que xa me podo considerar un blogger e como tal solicito autorización para poñer "Singradura da relinga" na lista de blogs en Boudevara. Parabéms pola Comisión Muros.2009. Vexo nas fotos caras coñecidas, outras novas e tamén unha combinación de xente nova e xente experimentada. Pinta moi ben.
Saúdos mariñeiros
Xocas. moitas grazas pola visita. Seguirei esta semana coa historia do CMS aínda que hoxe non teño tempo. Eu tamén penso que é interesante de vez en cando facer exercicios de memoria, axuda a manter a mente en forma e ademáis así convertemos o tempo en espacio común, porque a pequena historia do CMS, coma a de outras asociacións, tamén ten aportado o seu grao de area á Grande Historia da Federación. Benvido a este blog.
Ola Xaquin:
A min tamén me parece moi interesante o teu blog, e tamén o sigo dende que se fundou. O principio non sabía que eras ti ata que puxestes a túa foto. O da historia do CMS é algo que eu descoñecía, escoitara falar algo de que a Federación estaba parada pero non sabía que fose así, porque eu entrei neste mundo das embarcacións tradicionais verán do 2002.
Parabéns, e agardo intrigado por saber máis.
Ola Mónica/Santi?, estou contando a historia dos dez anos do Clube Mariño Salnés (CMS) e aproveito, de paso, para enlazar con cousas da Federación daqueles anos que me tocou vivir(dende unha óptica persoal e doméstica como xa dixen). Pero non confundas unha cousa coa outra (dame a sensación de que quizás non deixe demasiado claro cando falo do Clube de Cambados e cando falo da Federación, tentarei ser máis claro).
En canto o "parón" da Federación foi así, e así se conta no apartado ¿Que é? da Web oficial da FGCMF que reproduzco: "despois dun encontro de embarcacións nas augas do Grove en xullo de 1997, a Federación, en palabras de Dionísio, "ficou varada, sen directiva e sen actividade ningunha", mentres as asociacións mantiñan aceso o facho da posta en valor dese patrimonio".
Ben, xa ves, daquela a organización dos Encontros eran como Atila, e para as asociacións que organizaban supoñía un "queime" considerable. Nese ano 1997 ese esforzo tamén pasou factura á Federación que tardou un tempo en recuperar folgos. Son cousas que pasan, e todo ten un prezo. Falando doutras cousas noraboa pola "Lavanqueira", está preciosa. Teño ganas de ver a da escola de Vigo, a terceira do Desafío A Tope. E tamén está a Belida ou a Airexa, e A Muller de Balboas, toda unha flota de dornas de tope.
Gracias pola visita a este blog, eu tamén sigo o voso dende o principio. Salitre compañeiros.
Publicar un comentario