O mércores da semana pasada achegueime ate o pantalán de San Gregorio (Bouzas-Vigo) onde teñen os barcos os da asociación A Remadoira, toda unha flota, museo vivo e flotante. Fun recibido por Ramón, propietario da Dorna de Tope Belida (nesta asociación a maioría dos barcos son particulares) que me dou unha lección/explicación sobre a historia de cada barco, o proceso de reconstrucción e o que representaba cada un deles para a Asociación.
Esta asociación é, ademais de outras moitas cousas, unha verdadeira carpintería de ribeira, e a golpe de aixola, serra e martelo teñen recuperado mais de 12 barcos tradicionais. Enumero algúns: bote de cesantes, dúas dornas, dorna de tope, gamela, anguleiro, .....
Translate
martes, 28 de octubre de 2008
A BELIDA: chaves para atopar unha orixe. De San Gregorio a Mörling
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pois si que da voltas o mundo, e os barcos máis ainda.
Os de Remadoira tamén teñen unha dorna grande "chanquete", que foi do Grove para San Gregorio. Que por certo, en Combarro 2007 ía diante da Pelexa na regata de vela, con tres tripulantes a bordo, parteu a verga.
Ese é Xe, e que non se entere que lle chamas "arma de fuego". Ese si que merece unha homenaxa, toda a vida no mar e sempre con frases lapidarias e historias de canto recuncho hai.
O Xé, claro, pois vas ter que poñelo no blog da dorna meca. Non sabía que se molestaba co de Cañón, un día pregunteille si era familiar de Benito Cañón de Cambados e non me contestou nada.
O bo da historia da Belida e que me abre portas para despois contar cousas no blog, pero si que da voltas a cousa, dende a primeira vez que vin a dorna en Combarro tiven unha sensación rara, daquela doume preguiza de andar a escarabechar, pero agora quero resolver o tema (con permiso da Remadoira), aínda que me supón un tempo que non teño. ¡Quedan tantas cousas no tinteiro!, bueno o caso e ter saúde e tempo para andar no mar .... e nos loureiros, que ajora xa temos viño novo e están prendidas as lareiras.
Publicar un comentario