Translate

jueves, 30 de octubre de 2008

2ª entrega: 10 anos do Clube Mariño Salnés

Estes ultimos días andei enleado coa “Orixe da Belida”, que me levou de San Gregorio a Mörling e de aquí ate o acubillo do faiado da miña casa onde agora ando escaravellando en carpetas cheas de po e balor, abrindo correspondencia do meu avó de cando traballaba no Museo de Pontevedra. Facía anos que xa non andaba de “fuchicón” nas súas cosas, sempre me dou un pouco de arrepío andar a asexar a vida de alguén.

Ben, voltando a un tempo atrás pero máis para acá, retomo o resumo da historia do Clube Mariño Sales, ¿onde estabamos?. Ah si, no 2002

Ano 2002: foi o ano post-encontros de Poio 2001. Sempre houbo “pánico” ós anos seguintes á celebración dun Encontro. Non había bos precedentes. Se non que lle pregunten á Isidro Mariño como quedou despois da organización do Grove-97. Pero as cousas mudaran tamén nesto, e así o ano 2002 foi un ano cheo de actividades tanto para o CMS como para o entorno da Federación.

II Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Porto de Cambados 2002

Para o Clube Mariño Salnés foi o ano da celebración da II Xuntanza de Embarcacións Tradicionais” que naceran con caracter bianual, e polo tanto coincidía coa celebración da 3ª Regata do Albariño. O porto vello de Cambados voltouse a encher de barcos como xa sucedera coa primeira edición. Popularizamos os callos como “prato lixeiro” e, claro, así enchidos, a regata da tarde estivo caracterizada pola ausencia de vento (en plan siesta). Nestes casos dise que gañou o máis técnico, e ese día a regata a gañou Parada coa súa Fuxe. Procedemos á botadura da Muller de Balboas, a pobre non navegou nadiña e papou os días da Xuntanza fondeada, “a inchar”. Non importa, non seguintes anos esta dorna nos ten dado moitas horas de navegación e alegrías.

Isidro, Gonzalo e máis eu camiño do Grove con motivo da
botadura dos Galeón contruídos polos irmáns Garrido para o Náiutico de Sanxenxo.
O Grove 2002


Regata de dornas en Cambados


Por certo, (un inciso que lle chaman) onte mesmo pola noite tiven que ir na procura dunha nova tripulación do Clube que tiveron que amarrar “de urxencia” no Grove. A nortada e o cambio da hora foron as causas, (aparte da inexperiencia), pero o que importa e que esta dorna leva navegando dende abril sen descanso e neste ano formáronse dúas tripulación novas.

Voltando a ese ano 2002, rematada á Xuntanza comezan os problemas para o Clube. O esforzo da organización de actividades, xunto con problemas internos e o tempo adicado á Federación, deixaron un pouco tocado ó Clube, eramos unha asociación moi pequena e estábamos facendo un esforzo por riba das nosas posibilidades. Parecía que entrábamos nun punto de inflexión, pero decidimos tirar para adiante arroupados polo ronsel da Federación.


Para o conxunto da Federación foi un bo ano, e aínda que se puidera pensar que era un ano de certo descanso, non foi así. No Apupo de final de ese ano 2002, no habitual resumo da tempada, iniciábao así: “O calendario advertía que o 2002 non era un ano sabático e que a marea ía durar de marzo a outubro”. E así foi, porque houbo moita actividade e moito traballo, a Federación voltou a Arcachón e a Douarnenes. No primeiro caso para consolidar a amizade cos da Bahía de Arcachón e no segundo para promocionar ós vindeiros encontros, os da Illa de Arousa.2003. Dese ano teño moitas lembranzas, como a I Travesía das Letras Galegas organizadas por ACD Dorna, o retorno da Regata dos Faros no Grove, a regata da Parrocheira en Ferrol ou a botadura dos galeóns feitos polos irmán Garrido. Pero todo esto quedou enxurrado na memoria cando o 13 de novembro o Prestige entrou nas nosas vidas.

Galegos (FGCM) e vascos (Albaola).
Arcachón 2002 (meses antes do Prestige)

Ata mañán

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa o fas para provocarme!! Non lembro cal foi o primeiro ano que fun a regata de Cambados (fora ao lado do parador) e papar aqueles callos, lembro tamén unha frase (o ano seguinte) célebre de Isidro diante de aquela pota preparada por Ricardo na Cultural cando seu veu diante de aquela pota de callos enriba dun carrito "made in na casa" cando afirmou cos ollos clavados nos garbanzos:
"Se non me vira nadie metía os pés dentro da olla!".
A foto da regata de dornas é da Regata do Albariño que se celebrou nos Encontros, que por diferencias de criterio co meu daquela tripulante, a dorna quedou alá arriba e amarea alá abaixo, co que fun nunha lancha de apoio facendo de fotogra, mentras a Luz Divina lle pegaba a risa en terra.
Ves como todo o malo é empesar? na miña corta historia neste mundillo unha das cousas máis graticiantes son estas anécdotas sin precio que nos alegran a vida.
Saúde:
Lino

Lino dijo...

joder, o retorno da regata dos faros... si señor, non che dijo eu que me esta picando xa aansia de botar un blog....

O´Fartura dijo...

Ola Xaquín:
Andamos a argallar unha entrevista interblogueira a Manuel García Sendón (coordenador do encontro de Muros).
Eu creo que a túa participación enriquecería moito a iniciativa.
Por favor, ponte en contacto conmigo no meu correo-e:
monchobouzas(arroba)gmail.com
E cóntoche de que vai a vaina,...

bou de vara dijo...

Lino, aí xa entras ti, eh!.
Imaxino que xa daquela andarías por aquela regata do Faros, toda unha clásica que voltaba o calendario anual de actividades despois de... lembras cantos anos?. Todas as asociación pasan rachas, é parte da historia de cada asociación.
O dos callos na finca de Torrado debeu ser nese ano 2002 ou no 2003, terei que miralo no albún de fotos. Ese é un problema para min, desa época non teño fotos dixitais así que está todo en papel e non teño tempo para escaneos. Estaría ben ir facendo, ós poucos, un albun de todos estes anos, habería que comentarllo a Xocas a ver si se anima para facelo na Web da Federación.
Voltando ós callos a verdade e que deron moita vidilla e o do carriño aquel estartelado do Carrefur arranxado por Cuniquí en tardes do Castriño, con Ricardo de cociñeiro e unha chea de axudantes arredor de carallo,... son as cousas que van enchendo os buracos da vida.
Se creas un blog convídote a un prato de callos e unha boa tasa de tinto, e trae o Xé. xurado nun loureiro.
Que aproveite

bou de vara dijo...

Moncho,
boa iniciativa o da estrevista. Gracias polo convite a participar que acepto de bo gusto.
Salitre

Lino dijo...

Fasendo un pouco de memoria a primeira dos faros na que estiven foi en 2003, pero non participando, estivemos Figue, Javi e mais eu amarrados á popa do Ella vendo a regata, despois a entrega foi a bordo do hidria, e nese 2003foi cando chegamos a de Torrado e xa acabara todo ou aljo paresido. Outro día contarei o da travesia á illa de arousa, sen puta idea de velear con aquela nortada.

bou de vara dijo...

Lino, conta, conta, e se podes mandar foto mellor. Aínda que non sei si se pode agregar unha foto a un comentario, seguro que tí sabes.
Boa fin de semana.

Lino dijo...

Tampouco é cuestión de vir a copar a tención do foro non?
Deixa ir como vai, naqueles tempos eramos mais mosos e andabamos moi "empalmados" con ter unha dorna e velear...