10 ANOS DO CLUBE MARIÑO SALNÉS
Agora que xa remata a tempada e as dornas se gardan para invernar, toca facer traballo de inverno, pero tamén repaso do ano para avaliar como foi a cousa. Pero antes vou facer un breve repaso desta asociación que naceu no ano 1998 e polo tanto cumpre 10 anos de vida, con moitos altos e baixos, pero en todo caso unha historia peculiar que vou a resumir dende a miña óptica e en clave doméstica.
7 comentarios:
Joder meu, que boa idea, un repasdo poir des anos de historia, outros non podemos faselo porque hai des anos ainda andabamos practicamente a "pincar o moco".
Xa sabes que ainda que nonh partisipo moito rabuño tempo para ler, polo menos.
Porque o comentario neste post?
Pois porque me lembrou a anecdota que me contaras relacionada con esta fotografía, na que houbo que dixo que "non se podía ir na rejata con DUAS VERJAS"
Saúde maifriend
Lino
Ola Lino, alégrome moito da túa visita, como ves non abondan. Pero xa estou curtido en vogar contra corriente, a cuestión e saber hacia onde se vai e ter o convencemento de que paga a pena. O que conto do Clube está feito dende unha óptica persoal e moi en clave doméstica. É a miña idea dun blog, que a persoa que o fai poña de seu, que se desnude un pouco (para cousas máis serias xa estan as Webs). Para min foi dificial aceptar esto por aquilo de que podía ser mal interpretado ou entender que este blog era revanchista. Bueno é un risco que agora teño que aceptar. O nome do blog xa dí moitas cousas, pero a "vara" pretendo dala con rigor pero tamén con humor e sentido crítico, e sempre pensando en animar ó cotarro, esto é, incitar á que a xente se manifeste abertamente, eso sí, con responsabilidade e sempre tendo en conta que todos compartimos unha casa e unha causa común: o mar, a cultura colectiva e o patrimonio herdado. Ben, nesto de desnudarse, vou tentar sorprenderos ó final do repaso dos 10 anos do Clube, cunha fotos que agardo non sexan censuradas. Moitas grazas e moita salitre.
Xaquin:
O teu blog visitoo sempre que podo.En canto á optica que lle das aos post é a idónea, é algo persoal, nunca institucional nin ex-oficial (xa me entendes) e o de revanchista está fora de lugar, xa que unha vez pechados os ciclos non caben esas interpretacións.
Como ben sabes fun dos "primeiros" (con permiso dos primeiros sen comillas) blogers nesto dos barcos vellos "como nos justan a nos". Tivera un blog nos Space de MSN pero que me vin obligado a pechar a medida que fun collendo responsabilidades de aqui e alá. Logo aprobamos en asamblea facer a páxina da Dorna Meca, en plan resumo, taboleiro de anuncios e novas, e ata hoxe, non ten case nada de persoal, pero coido que é un bo escaparate.
Agora vexo o teu blog e dame un mundo de envidia, quen me dera a min, ainda que sexa para contar algo da pequena histoira que coñezo, pero dame medo mandar facer o barco para logo ter que poñelo a vender.
Pecho xa esta carta aberta, e eso, que sigo sempre atento, majhete....
Ola Lino, pois claro que coñecía e visitaba o teu mítico e iniciático blog "Bebe, loita e pensa" (alí estaba o Rana).Foi nese momento cando me apeteceu crear un, me daba envidia a frescura de poder falar e decir o que te petaba dende un espacio propio. Pero non o fixen polos motivos que expliquei antes. Naquel tempo coincidia con Fraga en solo unha cousa que dixo "un ex-presidente o mellor que pode facer e calar e marchar". Pero agora xa pasou certo tempo daquela e animeime (ademáis vexo que Fraga sigue a decir o que lle peta).
A verdade e que os blogs son fantásticos, penso que van xogar un papel fundamental na configuración dunha sensibilización e aprecio polo mar e o patrimonio marítimo nun importante espacio social, sobre todo na xente nova. A nosa casa común da Federación ten nos blogs un dos seus maiores aliados e difusores, xa o verás.
Saúde e sentidiño
Ola Xaquín:
Levo seguindo o voso blog desde que o abriches.
Non sabía que foras presidente da Federación, e eso confírelle un plus as túas opinións e valoracións.
Coincido con Lino en que ninguén vai malinterpretar a túa visión, e coincido contigo na importancia que poden ter os blogs para a federación, sempre e cando obvimente os administradores exerzan con responsabilidade.
Por certo, tampouco sabía o teu nome. Eu chámome Moncho e estou na rede para o que faga falta.
Un saúdo mariñeiro.
Saúdos Moncho. Por descuido non vin esta entrada, pero sí a máis recente, pero volto a expresarche o meu agradecemento polo interese que amosas. É todo un estímulo para continuar. A ver se un día me ensinas posibilidades dun blog, aínda non sei facer un albun de fotos ou poñer como no teu blog un apartado de "argonautas na rede" que fai un resumo dos titulares de cada blog.
Seguiremos navegando.
Publicar un comentario