Translate

lunes, 27 de junio de 2011

Un dominco en Vilaxoán


O racú dos da Dorna Meca, coma un misil

Si, un dominco, con "c", en Vilaxoán, pero non un dominco calquera, senón que se trata da segunda das xornadas previas ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Carril 2011.

Sete mundos de dornas

O Râná, primeiro da fila no pantalán dos grandes

Os pantalán enchéronse a máis non poder, e na outra dársena, na que se amarran os bateeiros amarraron os galeóns (o de Abilleira, o Industrial, o Eliseo...), a Dorna Sara, o trincado Ría de Ferrol e algún que outro veleiro que tomou parte nestas xornadas.


O ambiente foi excelente, un rollo moi cordial, que destila as ganas que temos todos de que este encontro sexa como os anteriores, nos que todo saia ben e boa mostra delo foi a implicación nesta xornada previa, na que participaron un bo lote de embarcacións. Supoño que ese bo rollo reinante tería algo que ver con que era a sobremesa e a xente viña frejando o bandullo.

Dous que sempre veñen aos encontros navegando: o Ría de Ferrol e o Búrbida

O inicio da navegación, pouco despois das 5 da tarde

A Maristela, outra que nunca falla!

O remate das xornadas consistiu en unha navegacion libre, basicamente traveses e viradas, barcos máis grandes e barcos máis pequenos. Para o xoves está prevista a arribada, e os homes do tempo din que haberá que coser rises, pero alí estaremos.

Proa a Carril!!