Translate

sábado, 9 de julio de 2011

CARRIL cheira a mar





"Esta villa del Carril se començó a fundar habrá poco más de cien años. Fundáronla algunos vezinos del Padrón que venían a pescar junto dó está fundada".
Jerónimo del Hoyo. 1607



ALGO DE HISTORIA

O comentario do Jerónimo ven a poñer de manifesto a conexión fluvial desta vila con Santiago de Compostela, se ben, o seu porto xa estaba habilitado dende moito antes, en concreto dende a súa creación en 1512.

Mais sería a mediados do século XVIII cando Carril chegaría a ser uno dos máis importantes portos de Galicia, onde se ubicaban as principales casas de comercio e as súas filiais da época.



Nesta época é cando Carril coñece a súa època dourada como "porto natural de Santiago", e froito da puxanza da burguesía compostelana, en 1801 establecese en Carril unha Aduana de segunda clase. Nestes anos contabilízanse na vila varias fábricas de salazón da sardina, curtidos e outras de fundición, e arribaban con frecuencia importantes cargamentos de liño e cáñamo procedentes de Rusia, e de coiro remitidos dende América, vía Andalucía e Portugal.


Os primeros 30 años do século XIX foron años de recesión, que no empezarían a superarse até a década de 1840, cando varias casas de comercio de Santiago se asocian, iniciando así unha nova fase de intercambios mercantís con América do Sur e cos portos máis importantes de Inglaterra, Francia, Bélxica e Portugal.

Carril tiña por entón 2.165 habitantes que se albergaban en 250 casas repartidas entre a Vila e os barrios de Fábreica, Sardiñeira e a Illa de Cortegada, contaba ademáis con Aduana e unha multitude de almacéns onde se depositan os xéneros de comercio.




A pesares destes síntomas de recuperación, nas décadas seguientes Carril entraría nunha época de decadencia, xustificada en esencia, pola progresiva sustitución da vela por embarcacións de vapor, co conseguiente aumento da tonelaxe dos barcos que en definitiva deixaron insuficientes as súas instalaciones portuarias, situadas en plena desembocadura do río Ulla e constreñidas pola illa de Cortegada. Foi entón cando os comerciantes composteláns comezaron a ver con mellores ollos outros portos do litoral galaico como A Coruña, Ferrol, Vigo, ou a mesma Vilagarcía.


E aínda que a construcción, entre 1862 y 1873, do ferrocarril compostelán supuxo un respiro a esta situación de declive de Carril, o certo é que ese mesmo acontecemento acentuou ainda máis a unión con Vilagarcía, a quen Carril ía cedendo paulatinamente a hexemonía como "porto natural de Santiago".



Breve apunte sobre o ferrocarril


Carril foi a primeira estación do final da primeira líña de ferrocarril de Galicia que unía Santiago con Carril. Bautizado como ferrocarril compostelano da Infanta Dna. Isabel, (42 Km.), foi construído para unir Santiago de Compostela co moi importante porto de Carril daquela, hoxe barrio mariñero do Concello de Vilagarcía e na época que nos ocupa, "Ayuntamiento Constitucional de Santiago de Carril".
(foto: inauguración liña Santiago-Carril. 1873)




Hoxe o antigo apeadeiro de Carril alberga o Museo do Ferrocarril de Carril.








Seguimos:

A pesares da contrucción da liña ferroviaria, o proceso de declive sería irreversible a partires de 1888, data na que se habilita o famoso Peirao de Ferro en Vilagarcía. Como consecuencia inmediata, o trasvase gradual das dependencias administrativas ligadas ao porto (Aduana, Xunta de Sanidade, Casas Consignatarias, etc.) a esta última vila.


Sin os importantes ingresos que xeraba o porto e os establecimientos mercantís e industriales, o Concello de Carril, como antes Vilaxoan, foise pechando en sí mesmo até que no ano 1913, agobiado polas débedas contraidas coa Deputación e a Facenda Estatal, ademáis duns impostos municipais cada vez maiores, solicitou de mútuo acordo coas duas vilas vecinas a súa anexión a Vilagarcía de Aroua.

Bibliografía:
Vilagarcía, Vilaxoán e Carril de Manuel Villaronga.
Historia e vida da Ría de Arousa de Manuel Fajardo Piñeiro.
Turvilagarcía
Fotografía:
O Mar de Memoria. Xunta de Galicia. 1991
Estampas de Galicia. Colección "Ksado". Albún nº1.


X ENCONTRO
O día
Por Lino Prieto
Foto: Lino Prieto, Mónica Irago, Montse Piedras



A toma de contacto cos Encontros foi diúrna, varias viaxes a Carril desde martes da semana de inicio do Encontro permitiron ver como se foi cocendo i expandido a loxística propia do evento.





O mércores pola mañá todo o mundo andaba apurado: tripulantes, directivos, organización, artesáns, xornalistas, expositores, políticos (bueno, estes non anduveron tan apurados nin antes nin durante)… a inauguración era inminente.
Os barcos seguían chegando por mar e por terra.





O xoves unha boa rasca de nordés limitou as ansias de chegar veleando de moitos dos que entraron a porto durante a xornada, que foron moi poucos e despois dun mundo de bordos e bolinas co vento na proa (entre estes poucos, dúas bravas de armas tomar, A Meca e A Muller de Balboas).





A estampa do porto xa ia molando cada vez máis. Na tarde do venres xa casi estaba todo o mundo no seu lugar, comenzaban os reencontros no mar, no pantalán i en terra, tamén o muelle estaba enchéndose de xente que viña a mirar, moita xente que se achegaba a ver de cerca que era eso que había en Carril na fin de semana.







O resto da fin de semana foi moi de navegar, incluso en planeadora e nemáticas para nos achegar a Cortegada, esa illa cercana e descoñecida que foi obxecto de mercadeos de concello, monarquias e empresa privada, que finalmente acadou un estado de conservación para o interese xeral.



Todo para nós

Si algo hai que salientar deste Encontro, aparte do compromiso e o ambiente sano e propicio á colaboración para que todo saíra ben, é algo que contribuiu a dar unha imaxe excelente, falamos do feito de que se deixara todo o espazo portuario da dársena de Carril para as embacacións participantes no X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.





A imaxe era algo único, todo cheo de barcos de madeira, de paus de madeira, de velas… unha estampa da que moitos dos que teñen poder de decisión deberían sacar unha lección positiva, agora que parece que se vislumbran “intencións” de empezar a considerar as embarcacións como algo tanxible e real,













E para os máis pequenos:



Barcas na piscina


Mauro e Santiago Insua (retoño de Emilio Insua, do equipo de redacción de ARDENTÍA)

Regata de barcaños




Mauro, vencedor 2ª manga da regata de barcaños.


X ENCONTRO
A noite
Por Xaquin
Fotos: Mónica Irago, Lino Prieto, Montse Piedras, Toño Cesteiro




As noites en Carril duraron o que quixo Secundino co seu canto anunciando o albor dun novo día, cada día cuns 20 minutos de retraso con respecto ao anterior.
Según dixo Sir Cesar Bedoia este retraso era unha artemaña do galo de Mos por confundir o tempo real e aprazar o seu xuizo final e mesmo forzar o seu indulto.


Sir Bedoya a dieta de chícharo

Mais na noite do sábado oficiouse sen remedio un acto relixioso a bordo do "Rei do Mar" para exculpación dos pecados do inxustamente afamado galo. Alí estaban todos os santos apostólicos e católicos, incluído o demo do Socorro ataviado de monaguillo.Esa mañán o poliño xa non cantou nada.


Galeón con-catedral "Rei do Mar" (ACD. Illa de Arousa). Foto: Belen Rod

Pero ata ese día transcorreron moitas horas morcegas lostreghadas por incontables barulleiros da gaita e demáis instrumentos atronadores de percusión e repercusión auditiva, todo mesturado con alegóricos cantos trivais e bárbaras contorsións de acenos e aquelarres de cintura para arriba e para abaixo.







Entre idas e venidas para desaloxo dos líquidos elementos na rampa de varada, moitos se decataron da presencia da Martola co seu bicho pintado, renomeada AMAR e que dou pé a un dos actos máis senlleiros do Encontro na lembrança do desaparecido Paco.


A Martola de Paco Bicho.

Para entón Toño o Cesteiro tentaba localizar a Osa Polar e o Carro de Manolo Escobar.


Barulleiros na Parisina (Asoc. A Calmoseira): Toño, Simón, Gerardo, Felipe....

O día a día, (ou a noite á noite) foi esgotadora, máis resistimos. O xoves unha delicia de ambiente co aire fresco dos Chus Boy´s (Sara, Alex e Simón) cantando con osadía temas rusos, chicanos e coreanos (se alguén ten fotos que avise), algo inaudito hai poucos anos cando a Lei do Talión impoñía xota por jota, polca por polka e bombo que te criou.
Ajora se impón o de “eu non quero traballar nin tampouco cotisar, que cotise o alcalde... Ala, viva o jipismo”





A renovo sonou a Viñalar Fantastic Band, que non aparecían en público dende o 2006 e que este ano se arrexuntan para ofrecer a música tabernaria de sempre.





E cun toque tamén distinto apareceron na taberna mariñeira os gaiteiros de Sobradelo Van de Cuncas (Asociación Cultural NOS) con toque e bo facer do mestre Manuel tocando o clarinete acompañando a un cuarteto de gaita, acordeón e tamboril coma nas bandas de antaño (tampouco teo fotos).

Moito canto expontaneo e himno jerrero como o meco “Cala Compadre” que xa sonou en Muros e resoou no Carballino.





E penso que o ultimo que sonou foi o toque de queda de Pelouro a bordo dun bombo crecido e curado de espantos que marchou polo Ulla abaixo.



En fin, un Gran Encontro de dia e de noite, con moito navegar e moita carallada, depois de todo é que o mariñeiro quere ao chegar a terra, eso si, con respeto e sen descarrilar.
Faltou coma sempre o palé.
Até a próxima

7 comentarios:

andrea dijo...

Xente, magnífica crónica! Fixechedesme revivir cada día (e mellor ainda, cada noite), e tamén botar de menos os Encontros... ate dentro de 2 anos. Mentras, haberá que ir argallando outras travesías.

Apertinhas e noraboa pola pluma, hehehemmmm

pd: sen comentarios sobre a cerimonia de consagración do noso Rei do Mar, con nocturnidade e alevosía. Os carcamáns de pro e de adopción reservámonos o dereito de represalia. Dixen!

martina dijo...

parabéns pola crónica !!!
dende logo queda demostrado que os Encontros cada vez van a máis, que non son unha anécdota duns aloucados senon que o noso patrimonio marítimo ten futuro, graciñas a todos os que o facedes posible

Lino dijo...

Martina e Andrea:
Gracias polo voso comentario. Cremos que así debe de ser, os Encontros son a nosa festa, como unha xigantesca xornada de portas abertas concentrada nun emprazamento concreto cada dous anos, e que confirma non só a constante de mantemento, senón que vai a máis, máis tipoloxías, máis embarcacións, novos proxectos e sobre todo novas caras.
Por moitos anos...

bou de vara dijo...

Martina:
Moitas gracias pola túa participación no blog que ben sendo o que nos fai seguir adiante. Igual acontece coa defensa da cultura marítima, cantos máis mellor.

Sta. Andrea:
Estamos certamente entusiasmados de que a través do blog poideras revivir tantas sensacións diurnas e nocturnas dende o teu exilio sureño. É algo que para nós ten prezo.
No canto da túa condición de carcamana da inclusa, lembra que deixarse levar pola venganza está penado polas leis da divinidade e non quixéramos que por culpa desto dos barcos vellos (con ou sen pulpito) votases a perder a túa alma limpa e cristalina.
Unha forte aperta e reservote praza no limbo do RANA.

anagnorisis dijo...

Que mejor fin de fiesta que un himno jerrero, pero ya de estar aquí "teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía..." hubiera estado más acertado.

Bicos

Lino dijo...

Anagnórisis querida, o himno de "Cala compadre" non forma parte da lírica popular, de feito a correcta entonación debe ser co puño en alto, espero que algun dia de materialices e poidas disfrutar da tonada

anagnorisis dijo...

Mi querido Linuss, todo himno que necesite de un puño en alto merece, al menos, toda mi atención.
Prometo materializarme un día de estos, en cuanto abandone definitivamente la parra.