Translate

martes, 14 de junio de 2011

RETOCANDO


A pouco máis de dúas semanas para a gran cita de CARRIL, o RANA está no seco en terras mecas para curarse das feridas do inverno e engalanarse na medida que esixen os acontecementos.





Despois do traballo gordo feito polos profesionais do Asteleiro (cambio dun bance, retoques na cuberta, reparación cabina, recuperación tambucho de proa...), agora andamos coas pinturas e vernices ás voltas: casco, cabina, cuberta, patente, nome, folio, greca, etc.)



Coma todos os anos, vai a vir un monte de xente a votar unha man, pero coma todos os anos as promesas e as boas intencións as leva o vento. Bueno, este anos dúas excepcións. Jorge e Pablo (curiosamente ningún deles socio do CMS).


Pablo cubrindo coa cinta de papel. (¡Que latiña da esto da cinta!)



E coma compañeiro do RANA no seco, unha ilustre dorna preparada xa para o que veña: a DESEMPARADA do presidente de Amigos da Dorna Meca, e tamén redactor deste blog, o Sr. Lino.





Que traballiños dan os barcos e que pouco se ten en conta na Administración. Na reunión do pasado venres (a cal non puden asistir precisamente para ter o barco preparado para Carril), púxose de manifesto non so a CRISE do momento senón a pobreza mental dos que nos gobernan. En especial esta Deputación que xa nin disimula á hora de repartir cartos e cargos a cambio de votos.
Mais agora toca preparse para Carril e imaxino que inmediatamente despois, haberá que poñer no centro do debate o futuro do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia buscando unha estabilidade orzamentaria e institucional que garanta a súa pervivencia.

O que toca: poñer proa a CARRIL





Moitos ánimos a todos e en especial á comisión organizadora.
Nos momentos de dificultade é cando máis temos que amosar a forza do colectivo da Federación.












Nota: como reproche á organización do X Encontro, referir que o listado de inscripción de participantes debeu ser pechado alá polo nº 122, xa que desta maneira se impediría a chegada das ordas ártabras a bordo dese barco mal trincado que capitanea un muiñeiro de prevendas e vendetas, presunto toureiro valente máis que nunca na cuberta limpa se viu.



Este conspirador das flotas atánticas co seu gato Mini, teñen amedrentado ao longo dos tempos dos Encontros a toda unha lexión de apocados dorneiros de ben, avasallando coa súa lingua de botalón e velamen de cor carne crúa a canto barquiño se atopa na súa vista de páxaro petivermello abundante noutrora nos reinos das Españas.

Polo ben da convicencia pacífica, este furador de rodicios que levanta tempestades no medio da calma chicha con so abrir o seu peteiro bucaneiro, solicitamos arresto domiciliario para este Simoncheli dos barcos vellos, en igualdade xusticeira que se fixo co Meco, e máis valera alquitranalo e engaiolalo na Illa de Cortegada para escarnio e aviso a mareantes e demáis calaña de “ojo al parche”.

5 comentarios:

Lino dijo...

Din as malas lencuas, que o trinado foi dos últimos en inscribirse por temor do seu capitán de muinhadas a deixar constancia de datos intrínsecos da comunicación persoal e intransferible, a pesares de nunca ser testigo nin partícipe de navegación na que se deran rumbos encontrados con embarcacións de piratas informáticas.
Con todo a ínclita embarcación coa sua nunca ben ponderada tripulación non precisará de medidas de seguridade adicional, xa que o patrón-contramaestre armarase con un saco de nitrato a xeito de capa e unha vimbia, a ver quen é o juapo que se arrima ao costado en Carril!!

queca dijo...

hahahaha, magnífica a nota de reproche para os Encontros. Non sei ben quen é o susodicho, pero a descrición é para meter medo, hahahaha. Ánimo, compañeiros, que xa non vos queda nada. Vémonos en Carril!

bou de vara dijo...

Meus queridos amigos, o perigo nos acecha. A feito de advertencia e consello para a nosa amiga Queca que polo que se ve aínda non veu ao demo en persoa, direiche que andes sempre ollo vieso e proceloso cando nevegues polas augas carrilexas. Leva presente que esta presença demoníaca aparece cando non o esperas, sempre espreitando a súa presa dende o lonxe, Minetizándose coas criaturas monstruosas do abismo, sempre disposto á embestida de falsa tourería. Se escoitas un asubío de airexa norteña, desconfía, seguro que é o seu gato afiando as unllas antes do ataque. Estade atentos.

Lino dijo...

Coitada Queca que non conose ao Demo do SOcorro feito home!!

queca dijo...

Ai, mimá, que empezo a ter medo!