Translate
viernes, 17 de junio de 2011
40 Aniversario
O RANA xa esta no mar, e esta é unha botadura moi especial porque este ano cumpre 40 anos.
Os Folkboats
(“barco popular”)
O RANA pertence á clase Nordic Folkboat, un deseño de veleiro clásico orixinario de Suecia, onde se construíu o 1º da súa clase no ano 1942.
Dende entón construíronse máis de 4.000 en Suecia, Inglaterra, Francia, USA, Irlanda, Finlandia, Nourega, Canadá e Alemaña.
Logo da Federación Intenacional Nordic Folkboats
Esta barco enormemente pupular e carismático, cecáis acadou a categoría de mítico cando no ano 1976, a navegante australiana Anne Gash, logrou con 55 anos de idad dar a volta ao mundo co seu Folkboat de 7,3 metros “Ilmo”, converténdose na 3ª muller na historia que o conseguía .
Para cando esto sucedía, O RANA contaba con 5 anos.
O RÂNÂ
(vocablo finlandés que significa “viaxeiro”)
O RANA foi feito en Berlín no ano 1971 correspondéndolle o nº309 dos contruídos en Alemaña. Tivo distintos propietarios antes de que no ano 1997 o adquiran Mikel e Julieta, (“os alemáns”), para facer unha travesía polas canles fluviais de Alemaña e Francia até chegar ao Mediterráneao pola Rosell francesa.
O RANA en Berlín antes de empezar a travesía.
A partir de aquí unha singradura de 4 anos arredor da Península con estadías nas Baleares e Portimao para chegar a Bueu onde recala durante todo o ano 2003.
Mikel e Julieta entrando na Ría de Pontevedra
No ano 2004 deciden poñer o barco á venda pero a finais de verán ainda non consiguen atopar comprador polo que deciden navegar cara ao norte coa intención de poñelo á venda na costa francesa, e senón, navegar ata Noruega onde prevén que sexa máis doado a súa venda (aquí estes barcos son moi populares e apreciados, sobre todos os anteriores a 1975 os cales están cosntruídos integramente con madeira de alerce.
Dous meses despois de Douarnenez 2004, Montse e mais eu decidimos poñernos en contacto con Mikel e Julieta para comprar o barco, máis a xente próxima aos alemáns nos din que partiron hai dous días . ¡Mágoa!.
Pero o mal tempo na costa de Fisterra obriga ao RANA a ter que regresar a Bueu e agardar unha melloría meterolóxica para retomar a travesía, mais os partes son claros e anuncian mal tempo para todo o mes. Aos poucos días recibimos a chamada:
- Xaquin, son Julieta, que estamos en Bueu, si estas interesado no barco pásate por aquí e falamos.
Ao día seguinte o RANA cambia de propietarios e dende setembro do 2004 o seu porto de amarre é o de Tragobe en Cambados.
Durantes estes 7 anos, o RANA deixou ver a súa estrana fasquía polas Rías de Vigo, Pontevedra, Muros e por suposto a de Arousa: Encontros de Bueu, Combarro, Desembarco de Ons, Vigo..... As facianas de sorpresa por ver un barco tan “raro” trocaron xa por unha ollada afeita ao casco verde do RANA, xa tan galego coma calquera outro.
O RANA no Encontro de Bueu. 2004
En procesión.
Nestes 7 anos o barco vara anualmente no Grobe, nos asteleiros Hijos de J. Garrido onde xa se lle teñen feito distintos arranxos e labouras de mantemento. Este ano por fín acordámosnos de levar unha cámara e facerlle unhas fotos de corpo enteiro.
O RANA coma todos os da súa clase, sorprenden por ter unha obra viva que supón máis da metade do barco, tanto no peso coma no volumen (1.5 Tn. por baixo da liña de flotación).
Este ano Pablo foi o que máis traballou no barco
Da comenzo a procesión dende o asteleiro até o varadero
Os coches en carabana con total respeto
Polo paso de peatóns
¿Os mariñeiros do escultor Alfonso Vilar a bordo?
Paso pola escultura do gran escultor de Vilalonga Alfonso Vilar recentemente finado.
O mar está perto
De momento o RANA con mais rodas ca un tractor e menos ca un bateeiro
Ala, pola rampla abaixo
Para esta ocasión a botadura do RANA estivo arroupada por moita xente do CMS (Pablo, Oscar, Humberto, Jorge...,) co seu presidente á cabeça. Na foto Majete e Satélite.
O RANA volta á casa. Porto de Tragobe. Cambados
O certo é que aínda que o RANA xa leva 7 anos por augas galegas é pertence a unha clase que leva navegando polas augas de toda a costa europea dende 1942, todavía conserva matrícula alemana xa que aquí os listos das “nosas” capitanías marítimas non fan máis que poñer atrancos para concederlle folio “nacional”: que si proxecto de enxeñeiro como se fose barco novo, que si marcado CEE, que si bañeira estanca.... e taxas, moitas taxas. Así que de momento o RANA celebra o seu 40 aniversario como pirata, berlinés e cambadés.
Bueno, por todos os bos momentos que temos disfrutado contigo,
FELIZ 40 ANIVERSARIO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parabens para o menino e mais ao pai putativo ; )
Moitas gracias Andrea
Publicar un comentario