Translate

viernes, 24 de junio de 2011

Ártabros en Mecolandia


Na infáusta tade do 23 de xuño do ano 2011 de nuestro señor, pouco antes das 5 da tarde arribaba ao porto do Grove o célebre trincado "Ría de Ferrol", 14 anos despois de participar neste mesmo emprazamento no III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en xullo de 1997. Fan escala de un par de días no Grove na súa viaxe para participar nas xornadas previas ao Encontros de Carril, en Vilaxoán.

A roupa ao clareo

A maniobra de atraque non tivo complicación, xa que consistiu en acoderar o barco ao Chasula (conocíanse de vista), que está coma unha paloma no pantalán que fixo Portos recentemente para determinadas embarcacións.

Xuntos, máis fortes...

Ao fondo desta fotografía vese o Pavillón de Deportes Náuticos, pois ben, no 1997 só existía o recheo onde se ubica esta instalación, e foi nesa explanada donde se situaba a carpa da Taberna Mariñeira.


Quen isto escribe achegouse ata o porto para saudar e recibir á completa tripulación da embarcación, que estaba formada por 6+1, non teño manía ou superstición algunha contra esta cifra, pero si que teño un claro motivo para expresala deste xeito e nesta forma, que explicaremos máis adiante.

Roberto, Jose, Juan, Bedoya (con gorra encarnada), Susa e Nes

Os seis ártabros magníficos déronse un paseo pola terra dos mecos, visitandos farmacias e incluso tamén o a Astillero Garrido, para logo seguir aopiando o sector da hostelería local.

Aconsellando a Garrido, perfil grego
Chícharo
Os que ata o de agora pensabamos que o ínclito e nunca ben ponderado César "Mirada Penetrante" Bedoya, maestro muiñeiro e ténologo de rodicios, era o que cortaba o percal abordo do Ría de Ferrol estabamos ben enganados. É certo, e así hai que manifestalo que a súa experiencia e dotes prácticas para a navegación, conxuntadas co seu coñecemento do arte moderno e a negociación diplomática, o convirten en peza moble (que se pode mover) esencial no organigrama interno do Ría de Ferrol, pero tra-la arribada de onte coñecemos a un novo tripulante, presentámosvos a Chícharo, o contramaestre.

A Chícharo gústalle a cámara

Se ninguén o remedia, este galo de Mos de raza e de Pontedeume de nacencia, elexido entre os seus 15 irmáns para facer este importante cruceiro, pode lograr que se tambalee a xerarquía do navío. Foi o único que aguantou todo o viaxe en cuberta, o único capáz de peteirarlle a Manillas, o único que cantaba ao amarrar en porto...
Vedes que na foto Chícharo ten mal semblante, e foi porque o Faro de Vigo recolleu nas páxinas da sección de Arousa, pero no momento da foto foi vítima dun acto de sedición, xa que a marinería púxoselle diante para que non quedara constancia da súa presencia.


Veremos como acaba esto...

4 comentarios:

bou de vara dijo...

Moi boa Lino. Nunca vin tanta bichería nun barco.

andrea dijo...

E non acabará ese chícharo nun bo guisote? hmmmm...

Lino dijo...

Andrea, que sepas que durante a fin de semana, como o Ría de Ferrol marchou do Grove para evitar o azoute do Boudevara, desplazamos dúas unidades móbiles para manter o fío informativo. a última hora da xornada do domingo o Chícharo (de nome artístico Secundino) seguia abordo "indultado".
É máis, temos documentos gráficos que confirman a supremacía de Chícharo, puxo a Manillas a fregar a cuberta e a Bedolla a pescar con cana!!!

andrea dijo...

jejeje, o galo ten xenio!!!
Vémonos en Carril, rapaces!