Algunhas veces temos comentado as dificultades de abandeiramento para un barco construído noutro país. Así foi para o RANA, construído nos asteleiros Segelyacht de Hamburgo e matriculado en Berlín.
Por fín, o RANA ten folio de aquí coa matrícula 7ª VILL 3-31-13, pero para chegar até aquí, houbo que pasar por unha serie de procedementos e tramitacións que vou comentar resumidamente porque pode ser interesante para outros barcos que estén na mesma situación.
Pasos para un abandeiramento:
No ano 2004, cando eu merquei o RANA, a lexislación esixía unha serie de papeleos, trámites e pago de taxas e impostos para calquera barco "extranxeiro" que quixese inscribirse no Rexistro Marítimo Español. Evidentemente este acto podía ser de caracter voluntario, se ben, estabas obrigado a facelo no caso de que o barco estivese máis de 6 meses en augas españolas (por suposto non vou a entrar en cuestións de territorialidade ou xurisdicción marítima). Eso era o que Aduanas decía cando te viña a facer unha visita abordo e sempre podías, como facía algunha xente, facer unha viaxe de ida e volta ata Portugal antes de cumprirse ese prazo de medio ano.
En canto ao papeleo había que facer:
- Baixada de bandeira no pais de orixe.
- Traducir a baixada por traductor xurado homologado.
- Liquidar o Imposto de Transmisión Patrimoniais e actos xurídicos documentados polo 1% do valor do barco reflectido no contrato de compra-venda. (creo que agora aumentou)
- Liquidar o imposto de matriculación e abandeiramento polo 12% do valor do barco.
- Pasar a impección de buques (daquela 240 €).
- Liquidación na Autoridade Portuaria por ocupación de mar e sinais marítimas (en función da eslora).
Despois de facer isto, había que presentar toda esta documentación, máis a maiores, toda a documentación que tiveses de orixe do barco: (certificado navegavilidade, permiso navegación, proxecto construcción, probas de estabilidade, etc.). E a partir de aquí empezaban os problemas:
1ª. Poidera ser que Capitanía Marítima non aceptase a valoración do barco do contrato de compra-venda. Entón a mesma Capitanía se encargaba de peritar o barco (previo pago de tasas), e normalmente incremento do valor que repercute inmediatamente nun complemento da liquidación de impostos para cubrir a diferencia.
2º. Como a maioría dos barcos "clásicos" son anteriores ao marcado CE, e moitos non son barcos de construcción en serie, había que realizar un proxecto de inxeñería como se fose de nova construcción. Así que a pagar un proxecto que como mínimo rolda os 3.000€ (de ahí para o norte dependendo do porte do barco).
En fín, unha serie de papeleos e impostos que desaniman a calquera.
A nova lexislación:
Actualmente danse unha serie de cambios lexislativos que favorecen a inscripción e abandeiramento para este tipo de barcos, polo menos nalgúns casos, xa que se dan unha serie de exencións:
- 1ª Exención: Os barcos de menos de 8m de eslora, están exentos do Imposto de Matriculación, o cal xa supón unha importante rebaixa, nin máis nin menos que o 12% do valor do barco.
- 2ª Exención: os veleiros de menos de 9m de eslora sen motor intraborda, están exentos do Imposto de ocupación e sinais Marítimas que se liquida na Autoridade Portuaria, o cal se paga cada ano, e en función da eslora, pode chegar a supoñer unha pasta.
Por outra banda, é importantísmo mirar si o barco que se quere matricular é un especimen único ou ben, trátase dun modelo de barco que, aínda que non se trata dunha construcción en serie, sí se teñen construído máis de un barco de acordo ao mesmo proxecto. Neste caso, haberá que presentar toda a documentación para acreditar que existen distintos barcos iguais construídos cos memos planos. Se esto é posible, aforrarás o gasto dun proxecto de enxeñeiro e montón de tempo en papeleo.
Outras vías:
Tendo en conta que moitos barcos que integrar a flota galega de "clásicos" son buques construídos noutros países, sempre está a posibilidade de poñerlle bandeira de Bélxica, a cal permite que un "non residente" en territorio belga, poda incribir alí un barco independientemente de onde esté o barco ou da zona por onde navegue. Esto ten ventaxas pero tamén algún inconvinte, por exemplo, cos períodos de prazo que cada país, a través de Aduanas, establece como máximo para poder navegar nas súas aúgas. Se ben, algunha xente afirma que agora ese tempo é ilimitado para barcos con bandeira de calquera país europeo. Eu, confeso que neste asunto non o teño tan claro e a miña experiencia me dí que non é así, e fai apenas un ano, recibín unha "visita" da lancha de aduanas que me confirmou que de momento, se estás máis de 6 meses navegando por aquí, tes aque abandeirar o barco e si non multa que te criou. En todo caso haberá que estar atentos por que parece que esto pode cambiar en breve.
O caso do RANA.
O RANA, está dentro deses campos de exención e por ter unha eslora de 7,64, está exento do Imposto de Matriculación e do Imposto de Ocupación e Sinais Marítimas. Por outra banda, en Capitanía ao final atenderon positivamente a documentación que presentei para demostrar que se trata dun barco de "clase Folkboat", recoñecida internacionalmente e que dende o proxecto orixinal realizado en 1941, se teñen contruído máis de dous mil exemplares.
En definitiva, o RANA xa ten folio e toda a documentación pertinente para navegar (certificado nagavilidade, permiso de navegación, etc.).
Estas imáxenes corresponden ao mes de Setembro, un día antes de recibir a visita do Inspector de Buques da Capitanía Marítima de Vilagarcía e que me obrigou en definitiva a varar o barco en dúas ocasión neste verán.
En definitiva, o RANA xa ten folio e toda a documentación pertinente para navegar (certificado nagavilidade, permiso de navegación, etc.).
Estas imáxenes corresponden ao mes de Setembro, un día antes de recibir a visita do Inspector de Buques da Capitanía Marítima de Vilagarcía e que me obrigou en definitiva a varar o barco en dúas ocasión neste verán.
Ben, agardo que esta información resumida poda servir de axuda para algún armador dun "clásico" que esté nunha situación similar. Sei que cada caso é distinto, e cada un ten que mirar o que mellor lle conveña, pero éste é o meu caso e quería compartilo porque é posible que non se esté ao tanto destas modificacións e exencións na nova lexislación en materia de abandeiramento.
E se alguén está pensando en facerse cun Folkboat, que sepa que pode facelo (xa hai varios casos) e non sae nada caro no caso de ter a baixada de bandeira orixinal e con 200€ pode arranxar o problema.
Sorte a todos.
Navegación de outono:
Ben, e como non podía ser doutro xeito, saímos a estrenar o novo folio este domingo de tregua de temporais. Unha xornada bonita a pesar do ceo gris e dunhas temperaturas que nos obrigaron a ir ben abrigadiños:
E máis nada, este sábado que ben, imos repetir navegación outonal e de paso, a paparlle uns callos a Vilanova, ou un cocidiño a Palmeira, ou se cadra unhas fabas cun tintiño a Aguiño..., xa veremos, esó sí, avisade e vir abrigados.
Animádevos
(Se vos apetece vir a navegar con nós, chamade ao 626722143,
Xaquin).
3 comentarios:
Con la ijlesia hemos topado, Majete! que ben lle senta o dorado ao Râná!!
Grande Xaquin. Boas navegações de outono.
Abraço desde Viana
Sr. Lino: claro que lle senta ben. Moitas gracias polo agasallo do folio. A ver se pronto tenmos unha entrada das túas.
Joao, a túa sempre unha sorpresa agradable e ben recibida.
Unha aperta
Publicar un comentario