No pasado mes de agosto tivemos a oportunidade de participar no que, sen lugar a dúbidas, é o evento de referencia no que a barcos clásicos e de época se refire en Galicia.
Ata chegar a ser o que é pasou algún tempo e bastante traballo, pero coma sempre: todas as grandes viaxes comezan por un primeiro paso.
Navegando entre clásicos
Por: Lino Prieto
Algo de historia
Algo de historia
No ano 2007 asistimos por primeira vez a unha regata de clásicos
propiamente dita, tratábase da I Marin Yacht Classic, organizada polo CN de
Beluso e co patrocinio da puxante Factoria Naval de Marín, ao ano seguinte
volveuse a celebrar a proba, pero houbo un 2 sen 3 xa que o sector do metal
comezaba a resentirse e fallou o patrocinio, o que coincidiu con un baixón na
actividade do club organizador.
Tango e Mizar, Beluso 2007
Pingüino Uno e Miña Miniña, Beluso 2007
No 2008 o Club Náutico San Vicente do Mar solicitou a colaboración da
Asociación de Amigos da Dorna Meca para organizar a súa I Regata de Clásicos,
na que se pretendia dar cabida a veleiros desas características así como a
embarcacións tradicionais, particularmente as de maior porte, por aquelo de que
poideran “competir” unhas e outras. A regata de Beluso e a do Grove coincidiron
no tempo, pero só a segunda se mantivo, a pesar do cambio de patrocinadores e
esponsor.
O Nuevo Sofía e A Meca, San Vicente 2008
A Rabandeira, San Vicente 2008
VI edición
Este ano celebrouse a sexta edición acadando un gran éxito de participación
e unha coidada organización. Foron 35 os barcos que se deron cita en Pedras
Negras, unha vez máis na última fin de semana de agosto, para tomar a saída das
dúas etapas que compoñen esta regata, así como para disfrutar das outras
actividades que completan o programa nos 3 dias que abarca esta cita: asamblea
da Agabace, homenaxe a Alfredo Lagos, exposición fotográfica (na que participo
e tiven o gusto de inaugurar), concurso de fotografia...
O Cyrene
Tango
Cara á saída
Vela
Os franceses do YCC
Nos meses previos ao verán a Asociación Galega de Barcos Clásicos e de
Época AGABACE, estableceu un vínculo de traballo co Yacht Club Classique de La Rochelle. Froito
desta relación entre ambas entidades naceu o I Rallye La Baule-Galicia , no
que unha flota de 8 velerios clásicos (máis 2 barcos de apoio) se achegou ás
nosas augas, das que disfrutaron durante os 5 dias de estancia que se
repartiron entre Aguete e San Vicente. Visitaron diferentes monumentos e
lugares de interese no Grove, Cambados e Santiago, ademáis de participar tamén
na VI Regata das Illas Atlànticas, o que lle dou un caracter de internacional a
este evento.
Dous dias de regatas
A primeira das probas tivo lugar o sábado, co sol arriba, moi arriba, deron
a salida a un espectáculo de velas e fasquias
que en poucas ocaisóns se pode contemplar deste xeito. A flota virou
cara a illa de Ons, collendo corso proa ao Sentulo para doblar no faro e
adentrarse na ría de Pontevedra, onde o primeiro paso obrigado foi a baliza dos
Pelados (diante do porto de Aguete) e o segundo o faro de Morrazán, para
iniciar a ceñida cara a meta, en Sanxenxo. Estaba previsto vento fresco para
toda a fin de semana e así foi, ao pouco de comezar a bolinar o Petán (un
regata deseñado por William Fife de 1927) deunos un susto cando a arboladura
completa lle saiu polo costado, quedando so unida ao casco polas escotas e o
enrollador, non houbo danos persoais pero a manobra de remolque foi un tanto
complicada e finalmente perderon palos e velas.
Avería no Petán
Petán e Miña Miniña
Entrando na ría de Pontevedra
Despois de un refrixerio en Sanxenxo, tivo lugar unha etapa “técnica”, feita a tino da chegada a este porto da primeira etapa da Todopoderosa Vuelta, e que consistiu non caste de exhibicións de barcos e manobras na contorna de Silgar. Ao remate: volta a San vicente para un pouco de recreo e gula dos sentidos.
Escorando
O Kahyam na popa do Cyrene
Caza escota
O Ránâ medíndose co Arosa X
Nocturne
Xornada do domingo
O domingo seguia acompañándonos o vento intenso para a etapa das Illas Atlánticas, propiamente dita, que encheu de ambiente o mar de San Vicente. A primeira hora da tarde comezaban a entrar en porto os barcos para clausurar a regata coa entrega de premios e outros detalles a barcos e tripulacións.
O Bryell II chegando a Morrazán
O Casandra no Sentulo
Para os que queirades coñecer como quedou o podium aqui vos queda un enlace á noticia en Todogrove.
PD: É unha lástima non contar con algunha foto máis para
ilustrar esta entrada, pero tivemos un problema coa tarjeta de memoria da
cámara e só conservamos unhas 60 imaxes das mais de 300 que fixemos durante a
fin de semana, o que non ten cabeza ten que ter pes.
texto e imaxe: Lino Prieto
texto e imaxe: Lino Prieto
1 comentario:
Sr. Lino, preciosa entrada, cunhas imáxenes espectaculares e unha información moi valiosa para os amantes dos barcos clásicos.
A Regata do sábado foi espectacular e para disfrutar de verdade navegando a carón de todas esas xoias flotantes. A xornada de regreso ao Náutico pola tarde, se cadra fíxose dura de máis, con ventos que nalgúns refachos acadaban os 25 nudos. O ambiente impresionante coa flota francesa amarrada en San Vicente acompañada pola flota galega.
O domingo, semellaba unha regata tranquila pero o vento foi subindo de intensidade provocando algunha que outra avaría, entre elas a vela maior do RANA que rachou pola metade cando completábamos a primeira volta (aínda así quedamos terceiros na nosa clase), e foi a navegación máis bonita das que teño feito co RANA.
Por outra banda, a Regata mostra ás claras que os barcos tradicionais e os clásicos conxuntan de maravilla e comparten un mesmo espíritu: o da conservación do mar e dos barcos.
Noraboa pola entrada e vémonos na seguinte edición.
Publicar un comentario