Translate

viernes, 13 de noviembre de 2009

Nova sección: Bou e Vara

Esta semana estrenamos sección: Bou e Vara


Consiste na vella formula periodística de resumir a semana en dúas novas, unha boa e outra mala. Neste caso, claro está, as novas terán que ver coas cousas dos barcos vellos, as embarcacións feitas a machada, as que van a pan de millo, ós animaliños da Ría (incluídos ós mantidos a pan), coas crebas e o janapán, co bocho, coas maruxías, marejadas e marejadillas, cos cantos das sereas e as tablas de pardaquilla.

Resumo da semana

BOU
(Por Lino Prieto)
Na estrea desta nova sección do Boudevara queremos destacar a boa nova que nos anunciaron desde Portos de Galicia os pasados días. Para os que non esteades ao día, estamos a falar do anuncio feito polo ente público que algún xornal recolleu como "Portos apuesta por reducir las tasas a las embarcaciones tradicionales en los muelles"(Faro de Vigo Ed. Arousa 27/10/09).


Segundo isto, as taxas aplicadas ás embarcacións tradicionais serán obxecto de deducións de até un 90% nos 122 portos galegos dependentes do ente, o que se convertiría nunha realidade a partir de xaneiro.
Está é sen dúbida a nova do mes, a do semestre e incluso á do ano, xa que chegado ese día as embarcacións tradicionais darían o seu primeiro paso cara a teren unha condición especial recoñecida (a nivel oficial) e institucionalizada; o que podería derivar en facilidades para as asociacións e particulares que empregan e reivindican o uso, fomento e dignificación dos nosos barcos.
Agardamos impacientes a xaneiro para poder volver a falar deste tema nesta mesma sección...


VARA


A mala nova da semana é sen dúbida a non resolución do secuestro dos mariñeiros do Alakrana. Solidaridade cos mariñeiros e as súas familias.
A vara nesta ocasión vai para o negocio da piratería, onde como supoñíamos, andan polo medio empresarios, politicos corruptos, autoridade locais e gubernamentais, mafiosos e tamén, de xeito indirecto, “inxenuas” ONGs, e “atolondrados” gobernos europeos que por falla de control na asignación de recursos ó desenvolvemento de paises do “4º mundo”, acadan un efecto perverso de estimulación da piratería.
Todo esto maniféstase no informe “A piratería no golfo de Adén”, realizado polo Instituto Noruego para a Investigación Urbana e Rexional (NIBR), por encargo do seu Ministerio de Defensa e que se publicaba onte no periódico "El Mundo.es".

Esto non é nada novo, detrás da piratería normalmente se esconderon moitos intereses políticos e económicos que nacen nas altas esferas. Para eso se inventou a figura do corso, onde a diferencia co pirata radica en “si te rin” os de arriba ou te "colgan" dunha soga, según veña o vento.
O ano pasada nestas memas datas de aniversario do afundimento do Prestige (6 anos), xa falábamos neste blog destes temas lembrando a figura do Capitán Kid, un home que se veu envolto nun conflicto de intereses que lle ocasionaron a morte, o escarnio público e o sambenito de pirata para a eternidade (el tamén tiña muller e filla). Con tal motivo aconsellábamos o libro “El Cazador de Piratas” de Richard Zacks, onde se narra como “as oscuras ambicións de monarquía inglesa, os gordos usureiros e os especuladores sen escrúpulos acabaron con el, e o condenaron como chivo espiatorio para tapar as miserables mentes dos que o condenaron”, vos sona?


Para rematar, lembrar que JOÂO é o persoeiro do mes de novembro, así que podedes mandar algunha foto, anecdota ou o que queirades que teña relación a:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es

Animádevos e boa fin de semana

1 comentario:

Lino dijo...

ahi tedes o enlace
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/10/27/portos-apuesta-reducir-tasas-embarcaciones-tradicionales-muelles/380862.html
e ánimo que xa queda pouco para xaneiro