Os autores deste libro son José Luis Escalante González, biólogo marino grovense, que comentou as fotografías de Rafael Sanmartín Lois, que combinou a súa afición ao submarinismo co interese polo medio que nos arrodea.
O volume conta con 224 páxinas ilustradas con máis de 350 fotografías a toda cor, con gran calidade e detalle, realizadas todas elas en augas da Ría de Arousa, máis concretamente na costa da península do Grove.
Ao longo dos seus capítulos documéntanse dez filos, ou troncos, e as súas correspondentes especies. A pesar do caracter claramente divulgativo da obra hai que destacar tamén os datos científicos sobre bioloxía marina desta costa, incluído a nomenclatura científica, castelana e local das especies documentadas. Nas fotografías amósanse intres e situacións da vida dos seres marinos que habitan nas nosas costas.
Este libro sae ao mercado da man da empresa grovense Todogrove Edicións e xa está a venda en librerías.
1 comentario:
Lino, parabéns a edicións Todogrobe pola publicación deste libro dunha grande calidade. Notase ben que foi feito con mimo e detalle. Non son esperto na materia pero penso que é a primeira vez que sae unha publicación destas características, onde a fotografía, texto, deseño, maquetación e publicación son de aquí. Esto si é facer país e amosalo bonito.
Publicar un comentario