Mais polo ceo sen tempo dos seus ollos,
leves no leve, branco no Branco,
seguen a cruzar ténues, venturosos,
imposíbeis, aqueles veleiros leves,
aqueles veleiros brancos.
do poema "Veleiros brancos"
(poemario "A melancolía dos corpos)
Xulio Valcarcel
Chega o inverno, xa se escoita o vento petando contra as xanelas na noite, e polo día, esas encalmadas no mar, coma espellos cincentos, que agardan polo temporais e os seus vagallóns. Mesmo este ano semella que o inverno tiña presa e disque chegou adiantando ás mesmas témporas, coma un moderno estadista que se anticipa ao seu propio tempo e racha coas estadísticas preestablecidas de antemán. O outono acaba sempre por impoñerse ao verán, pero por moito que sopre e vente, non será quen de levarnos nin a memoria nin as lembranzas destes días de verán.
Memorias e lembranzas I: Botadura e XII Encontro
Empezamos polo principio, coa botadura do Rána no porto do Grobe a principios de xullo..., uns días antes do inicio do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo da Cruz. Daquela, xa estaba até as mesmas sentinas de tanta lixa, tanto verniz e tanta patente, e confesaba na derradeira entrada deste blog, que a varada deste ano se me fixera eterna e dura, moi dura. Pero en fin, ao final o barquiño regresou ao mar, e nós, a pasealo dun lado a outro da Ría e as veces, mesmo fora dela.
Imaxes da Botadura:
(gravación: Quico Alvarez)
Rumbo Cabo da Cruz:
Nada máis botar o barco ao mar, aparellamos e fixemos provisións para acudir ao XII Encontro en Cabo da Cruz, nesta ocasión, cunha tripulación formada por Quico e Felix (socios do Clube Mariño Salnés), por Loli e Pereira (parella de feito) e unha representación do melloriño do Xurés, escollidos por Toño "O cesteiro", que acudiu á cita cos "Rampeiros da Baixa Lima", un grupo de entusiastas barulleiros da troula, a ghaitiña, o pan de millo e o brandy Soberano que éche cousa de homes.
Os Rampeiros en acción:
Pero unha semana antes disto, xa o Clube Mariño Salnés andaba en acción para levar a Muller de Balboas a Cabo da Cruz, se ben nesta ocasión, renomeada (ou camuflada) baixo o nome de Bou de Vara. Porqué?..., pois por cousas da Burrocracia, da Volta ciclista ás Españas, das patrulleiras vixiantes das augas interiores e dos Rumbos de Colisión..., se ben, isto é outra historia e agardamos que para o ano que ben, a nosa dorna de tope se poida quitar o anteface e revelar a súa verdadeira identidade.
A travesía:
tripulación: Bea, Miguel, Jato, Kube e Felix. |
A chegada:
Punto de Encontro:
Coma sempre, a localidade que alberga un Encontro, neste caso Cabo da Cruz, convértese nun punto de confluencia de culturas, experiencias, sensacións e por suposto, navegacións.
toma de contacto coa hostalería local:
cos pantaláns:
..., cos barcos:
e co mar:
Vídeo navegación do sábado:
Ben, até aquí a 1ª parte das Memorias e Lembranzas deste verán, marcado en parte pola celebración do XII Encontro, se ben, calquera cousa por importante e novidosa que sexa, sempre acaba por converterse en algo rutineiro cando acontece con regularidade e coa previsible monotonía de escenografías semellantes. Non por isto, un Encontro perde importancia nin relevancia, pero para os que levamos xa uns anos nestas andainas, resulta comprensible que xa non vexamos as cousas cos mesmo ollos de anos atrás, de cando o traxe estabase a facer e á modelo, noviña de todo, aínda lle medraban as cadeiras.
Unha aperta moi forte aos socios do Clube Mariño Salnés, ao colectivo da FGCMF, a todas as asociacións ou particulares que viñestes de fora, tanto ás que acoden dende sempre coma aquelas que viñeron por primeira vez (caso de Croacia) e unha lembranza especial para Luís Rei, sobre todo naquel ano de 2005 no que Cambados acolleu o VII Encontro. Unha aperta Luís.
Fotografía de Emilio Insua (blog "A insua do Insua")
Praia de San Tomé. Cambados 2005
Na imaxe: Luís Rei (diante), Joâo, Toño "O cesteiro" e Chus ao fondo. De popa, a "Chouva" (a 1ª dorna do CMS) e a Nossa Senhora da Graça (gamela Portuguesa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario