Continuamos esta serie de relatos das travesías deste verán pasado, lembrando unha das catro viaxes á illa de Sálvora que fixemos no Rana este ano. A primeira, cun grupo de amigos convidados polo meu fillo Mauro, realizada alá polo mes de xullo.
Tripulación: Nandi, Isabel, Alex, Liam, Mauro, Quico + eu.
Memorias e lembranzas II: Sálvora
Preparando a saída:
A navegación:
Moi boa travesía con vento frouxo pero suficiente para facer avanzar o barco e poder ir relevando a caña entre toda a tripulaciòn. Vento perfecto para navegar con nenos e cunha tripulación que quere disfrutar do mar sen sobresaltos.
Na caña Nandi (nai de Alex) |
Alex trincando a trapa |
Sálvora xusto na proa. |
Chegamos e coma sempre, o primeiro é saudar á Serea e logo tomarse un bó baño.
Se ben, meu fillo Mauro ten un xeito particular de facerse notar nada máis desembarcar en calquera sitio:
Logo do xantar, emprendemos a marcha para facer a ruta do Faro partindo dende o Almacén:
Vistas dende o Almacén (antiga salgadeira) |
O equipo: Mauro, Santiago, Liam e Alex |
O Faro:
Sinalando a Pagar, onde afundiu o vapor-correo Santa Isabel en 1921 |
Isabel (nai de Santiago) |
... de volta ao Rana, atopámonos co garda da illa, "a besta que domina o roteiro do Faro, o mesmo que atormenta a aquiles que furtivamente levan cousas da illa que non lles pertencen". Ben, iso foi o que lles contei aos repaces para facerlles entender que cando visitábamos unha ílla do Parque Nacional das Illas Atlánticas (coma calquera outro Parque Natural), non se podía nin deixar nin levar nada que non fose noso. Pouco caso me fixaron e mesmo o meu fillo, logo da filípica, contestoume que quería levar a cabeza do cabalo para poñela na súa habitación..., criaturiñas!
Alex posando co garda da Illa mentres Mauro manifesta a súa decepción por non poder levar un "souvenir". |
E tiven que pasar todo o camiño de regreso explicándolle de novo, porqué non se podía interferir coa natureza, que tiñamos que ser respetuosos co Parque, que patatín, patatán..., nin caso. Se cadra cando sexan maiores o entenderán. (ou non!). En todo caso, tratamos de desfrutar da paisaxe
E chega o momento de partir, de afastarse pouco a pouco dunha illa misteriosa, enigmática e máxica, que sempre deixa un pouso de inquietude, coma se unha parte de ti quedase alí para sempre petrificada como a serea ou a alma do cabalo repousando sobre a ponla dunha árbore no camiño do faro..., se cadra son certas as vellas lendas celtas e un anaco de nós, debe quedar en prenda cada vez que visitamos esta illa onde habitou Forcadiña, a filla do Rei dos oestrymios.
Despido esta entrada con imaxes de regreso a Cambados deixando por popa a preciosa Illa de Sálvora. Até a seguinte entrega e un saúdos a toda tripulación:
Até a próxima.
(imaxes: Isabel Gonzalez Avión)
No hay comentarios:
Publicar un comentario