Hai un par de semanas asistimos ás Asambleas da FGCMF, unha ordinaria e outra estraordinaria, dos temas tratados cabe destacar a renovación parcial da Xunta Directiva e, por outra banda, a moi positiva valoración e balance do desarrollo do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que nos xuntou a case todos durante unha fin de seman de xullo no porto do Freixo-Outes, e do que, por certo, xa se atopa disponible o video en DVD na Federación.
Como xa expresamos no seu momento, no boudevara tamén quedamos encantados coa organización do XI Encontro, co entorno e a experiencia, que nos levou a rememorar os encontros primeiros, nos que todo era mais austeiro e prudente (corrian outros tempos no plano económico e organizativo) pero no que non faltaron barcos e xentes, que é do que se trata.
Aqui vos quedan:
" Non levo nada deso na mochila..."
"A onde vas, rapás!?"
" Cando se sale aqui?"
Prefire permanecer no economato
lugares con moito encanto
Cultura marítima á porta do super
Freixo la nuit
ahi a está!
2 comentarios:
Boas Lino, bonitas imáxenes para lembrar o Encontro do Freixo e mesmo tamén para aproveitar a ocasión de felicitar aos membros da FGCMF que repiten cargo na directiva e moi especialmente ás novas incorporacións, a de Anxo de Portonovo e por suposto a túa.
Norabóa a sorte todos
Xaquin
fotazas outra ves! :)
Publicar un comentario