Translate

lunes, 9 de diciembre de 2013

Viaxamos no tempo



Hai un par de semanas asistimos ás Asambleas da FGCMF, unha ordinaria e outra estraordinaria, dos temas tratados cabe destacar a renovación parcial da Xunta Directiva e, por outra banda, a moi positiva valoración e balance do desarrollo do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que nos xuntou a case todos durante unha fin de seman de xullo no porto do Freixo-Outes, e do que, por certo, xa se atopa disponible o video en DVD na Federación.



Como xa expresamos no seu momento, no boudevara tamén quedamos encantados coa organización do XI Encontro, co entorno e a experiencia, que nos levou a rememorar os encontros primeiros, nos que todo era mais austeiro e prudente (corrian outros tempos no plano económico e organizativo) pero no que non faltaron barcos e xentes, que é do que se trata.
Máis alá de resultados e valoracións, hoxe queremos tratar de lembranzas, así que vos ofrecemos un lotiño de instantáneas de aqueles dias que pasamos no Freixo, na terra e mar de Outes. Despois de remenxer na carpeta de fotos "XI Encontro" topamos algún roubado, unhas poucas panorámicas e certas miradas indiscretas... coa esperanza de que vos gusten e vos poidades evadir uns minutos desta friaxe.
Aqui vos quedan:



" Non levo nada deso na mochila..."



 "A onde vas, rapás!?"



" Cando se sale aqui?"



 Prefire permanecer no economato



 lugares con moito encanto



 Cultura marítima á porta do super



 Freixo la nuit



ahi a está!

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Boas Lino, bonitas imáxenes para lembrar o Encontro do Freixo e mesmo tamén para aproveitar a ocasión de felicitar aos membros da FGCMF que repiten cargo na directiva e moi especialmente ás novas incorporacións, a de Anxo de Portonovo e por suposto a túa.
Norabóa a sorte todos
Xaquin

queca dijo...

fotazas outra ves! :)