Translate

martes, 25 de junio de 2013

A MULLER DE BALBOAS AO XI ENCONTRO



 
  
Como xa é sabido, este ano toca ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, tratase da XI edición, e a localidade de OUTES-FREIXO colle o relevo da vila de Carril que albergou o Encontro no ano 2011. Para este ano 2013, o Clube Mariño Salnés vai a participar coa dorna de tope "A Muller de Balboas" que xa está inscrita e representará ao Cambados mariñeiro polo menos no que atinxe ao CMS.

Esta é unha edición especial xa que a dorna cumple 50 anos e leva 10 anos en mans do CMS.  


  


A Muller de Balboas

 
No ano 2002, o CMS quería unha dorna de tope e atopou unha no Grobe. Daquela incorporaba motor intraborda e estaba acondicionada para a pesca con nasas e como tantas outras ía ser desguazada. Unha vez adquirida, levámola para Poio, onde un ano antes encargáramos a construcción da dorna de escarba "Julicheira" a Isidro Mariño e a Paco "Paxaro". 
Para a recuperación da dorna de tope, voltamos a confiar nas mesmas persoas e ademáis incorporouse Valentin Pérez Gonzalez, o derradeiro carpinteiro de ribeira de Combarro.
Unha vez rematado o traballo de restauración, a antiga carpintería, situada na ribeira perto do bar "Aquí te espero", pechaba pola xubilación do mestre. 
Pouco máis tarde, unha nova edificación borraba para sempre o son dos martelos, as aixolas e os cepillos na beira mar de Combarro.








A Muller de Balboas na carpintería de Valentín:

colocación da cuberta e fogonadura               dereita: novo espello               





Valentin e Isidro Mariño


 Caracteristicas da dorna unha vez restaurada

Eslora: 5,40m
Manga: 1,90m
Aparello: vela de relinga (realización: Julio Pousa e Ramont Albert)



No ano 2003 botámola ao mar coincidindo co Encontro de Embarcacións da Illa de Arousa, e dende aquela, A Muller de Balboas ten asistido a todos os Encontros, (con excepción de Ferrol 2009):



 Carril 2011:






Muros 2009:


A muller de Balboas a carón do RANA


 Case todos os anos, coincidindo co remate dos taballos de mantemento, facémoslle unha festiña na sede do CMS, na escalitana de San Tomé:

 


   

 
Fronte a escalinata. 2012

Restauración no garaxe de Bruno. 2011


















Esta ano lucía así de bonita na rampla de San Tomé:






Pero a Muller de Balboas non só asiste puntualmente ás citas de cultura marítima galegas, tamén ten viaxado fora, como no ano 2004 na cita de Douarnenez:

Féttes Marítimes de Douarnenez. 2004

E son moitas as persoas que teñen navegado con nós, a veces en actividades de escola e outras simplemente por dar unha volta:

entrando no Grobe









Carreirón. Illa de Arousa. Verán 2010
 
Moitos tardes de navegación, incontables bordos, horas e horas disfrutando e compartindo experiencias, risas...

De Vilaxoán a Cambados. 2009















Cubeiro, Nando, Oscar e Delia. Volta do Carreirón. 2009


Camiño do Grobe para a botadura dos galeóns de Sanxenxo. 2003
  
Dez anos coa Muller de Balboas, unha dorna que navega de maravilla e coa que temos vivido tantas aventuras e anécdotas..., tantas caras, tanta xente a bordo que seguro lembrarán con agarimo as saídas de navegación cos membros do CMS, poucos pero con moito mérito, penso eu, por ter bogado tantas veces a contacorrente. Pero ahí seguimos e gardo que a cousa dure e a Muller de Balboas que o vexa.


Remate:

Este ano, o CMS vai ao Encontro tan só coa Muller de Balboas, en terra van quedar seguramente a Julicheira e o RANA, outra vez será, pero aínda así, coido que estaremos perfectamente representados con esta dorna que é sen dúbida o barco enseña da Asociación. Seguro que hai fotos moito mellores, pero eu só teño éstas, agardo que vos gusten. 
Vémonos no Freixo-Outes 2013.

6 comentarios:

Lino dijo...

Majete:
A botadura dos galeóns fíxose durante a Festa do Marisco do 2003 (empezaba eu naquelo da Directiva) ainda que se empezaron a construir no ano 2002.
Nalgunha das imaxes da web do Asteleiro dos Garrido que aqui vos deixo
http://www.astillerosgarrido.com/?p=212&lang=gl

Lino dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
bou de vara dijo...

Gracias Lino, agora corrixo.
Oes, a ver se pos algo no blog que o club de fans te vota de menos.
Apertas

bou de vara dijo...

Por certo Lino, elimino o comentario que esta duplicado.

andrea dijo...

parabéns para a boa moza!

bou de vara dijo...

Gracias Andrea, un pracer coma sempre atoparte por aqui. Veremoste polo Freixo?
Bicos e achuchóns.