Translate

miércoles, 5 de junio de 2013

CAMBADOS EN BRANCO E NEGRO III

Muíño de mareas. Tragobe

Vai a terceira e derradeira entrega de imaxes antigas de Cambados. Certo que vai tarde e despois dun longo período de tempo sen actividade no blog. 
Eso non quere decir que estemos parados, pero os traballos de preparar as embarcacións do Clube Mariño Salnés e máis o RANA, ocupan o tempo libre, sobre todo cando temos moi perto o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que este ano acolle a localidade do Freixo. Imos aló:





  • Embarcacións Tradicionais
Muelle de Cambados

Xa comentamos moitas veces neste blog, que en Cambados as dornas polbeiras eran máis ben escasas, e que a flota da pesca artesanal estaba formada sobre todo por dornas mecas, lanchas do xeito, racús e dornas de tope, sendo cecáis a gamela a tipoloxía máis propia dos portos de Cambados. Eran gamelas grandes, de ata 8m de eslora, aparellaban con vela latina e se empregaban tanto para o marisqueo a flote cos raños, como para a pesca de liña e artes menores 

dorna de escarva

Aparello en cangrexa
















dornas mecas varadas no Borrón.

Gamela. Aparello en latina con martelo



Gamelas ao rastro antigo





















  • Regatas
 Daquela xa se facían regatas, a remos e a vela, sobre todo coas dornas de tope e máis adiante cos "loritos", unha variante da gamela moi lixeira, con pouca manga e moi afiada de proa. Sen esquecer os botes a remos que derivaron co tempo nos bateis e traíñas da Asociación de Remo "Vento Mareiro" (hoxe desaparecida).



bote a remos



Imaxen de 1910. Foto J. Bellver



Regata en 1900


dorna de tope
Detalle: Das regatas de dornas de tope, os mariñeiros de Cambados lembran ao Joven "Banderas", un mítico mariñeiro cambadés apaixoado polo mar e a navegación á vela. Competía cunha dorna feita en Cambados no antigo asteleiro de Alvarito situado no Pombal e que no seu momento foi motivo para unha entrada neste blog. (enlace: http://boudevara.blogspot.com.es/2009/10/balandros-de-cambados.html).
E como todo se hereda, hoxe, o seu bisneto, Juan C. Martinez Cacabelos é o presidente do Clube Mariño Salnés.    

Juan Martinez Cacabelos "Cubeiro".


E Cambados tamén tiña os seus galeóns, dos que xa falamos noutras entradas,





E tamén as motoras ou tarrafas, a maioría feitas precisamente no Freixo, sede este ano do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais. 

Motoras en San Tomé
 
  • As ostras:
 Falamos de tempos en que Cambados era unha potencia na producción de ostra que se criaban en grellas colocadas no banco marisqueiro do serrido. tamén chegou a haber moita batea de ostra, máis hoxe case son unha anécdota e o monocultivo do mexillón ocupa parcticamente tod a actividade miticultora.




O Serrido


Ostreira




Ostras da conserveira "Guau"




Eran os tempos do peixe seco, e como curiosidade, Cambados tiña a súa Casa de Baños no Pombal, onde se facía todo tipo de tratamento con algas, lodos mariños e auga do mar, é decir, o que hoxe coñecemos como talasoterápia.


peixe a secar

 
Casa de baños. O Pombal


E se tivésemos que escoller algún simbolo do Cambados mariñeiro, a patela tería que ocupar un lugar destacado polo seu significado:

Lavadeiro. Muelle de Cambados

peixeiras


O quiñón

(Enlace: baile tradicional da danza das patelas:)



remate:

En fin, un andar mariñeiro pola historia dunha vila de fondo de Ría que "durme deitada ao sol á beira do mar", como di o famoso poema de Ramón Cabanillas. Unha vila que viveo e segue a vivir do mar ainda que moita xente non sepa distinguir unha gamela dunha dorna, pero para eso están as asociacións e os blogs, para que non se esqueza.

Mais, se envellecemos xuntos,
se recorremos o vieiro da vida paso a paso,
mirarei nos teus ollos o esvarar do tempo 
inorde como un barco.

do poema "Se envellecemos xuntos".
Xulio López Valcárcel


Arquivo fotográfía: Confraría de Pescadores "San Antonio". Cambados



 

3 comentarios:

andrea dijo...

Fermosas historias, amigo Xaquín, faste de rogar, pero sempre paga a pena a espera! Bicos!

bou de vara dijo...

Gracias Andrea, a túa visita sempre á tan agardada como agradecida. Achuchóns multiples.

Sandra Pérez dijo...

Preciosa entrada neste blogue,noraboa....Ah! o meu avó era tamén "cubeiro" de Santo Tomé....