Translate

miércoles, 3 de julio de 2013

O RÁNÁ VAI PARA O MAR


Como todos os anos, o RANA pasa pola penitencia do "carro". Este ano, leva varado dende o mes de febreiro na explanada dos Asteleiros Garrido do Grobe onde agarda entre rexas (imaxe 1), ata mañán a eso das dúas da tarde, a hora prevista para liberalo coa chegada da marea.

Se todo vai ben, mañán vai ao mar para terminar de aparellalo e o venres voltará de novo para Tragobe, este vez para quedar fondeado porque de momento non ten praza no pantalán.





Traballiños principais deste ano:
  • Tratamento do forro interior
  • Sentina (limpeza e imprimación)
  • Cabina (2 capas pintura 2 compoñentes)
  • Cuberta (2 capas esmalte)
  • Eliminación varnices vellos lateral cabina e colocación do novo (6 máns)
  • Eliminación e tratamento óxidación
  • Varnices das tapas, tambuchos e tratamento panas 
  • Selado desconchados no casco exterior
  • Imprimación ( 2 capas autopulimentable)
  • Pintura do casco
  • Repintado da greca e pintar folio (todo a man) 



Un monte de horas e fins de semana, unha verdadeira penuria baixo o sol e o carallo do norte que non para de espallar pingueiras de pintura e amolarme coa cinta carroceira. Pero hoxe por fin dou por terminada a faena por este ano, polo menos no que atinxe ao mantemento do barco, porque a partir de agora, veñen outros problemas como é o do amarre ou convencer á Capitanía para que me den folio "daquí" dunha vez. Pero esa é outra historia, hoxe polo menos teño esa satisfacción que todos experimentades cando, despois de meses de lixa, rasca e pinta, ides devoltar o barco ao mar.

Así estaba fai apenas unha hora:


de costado




de proa





de popa
 
 


 
de cú



por baixo


e por riba


Moito traballiño, pero este ano polo menos contei coa axuda inestimable de Mauro:
 



























 Remate: está claro que manter un barco ocupa moito tempo e supón un esforzo considerable pero tamén sabemos que nos dan certas alegrías e algunhas cousas que non se atopan en ningún otro sitio. Pero se cadra o que máis esgota é a deixadez e indiferencia xeralizada ante a perda de tanto patrimonio flotante, as veces por omisión, outras por malas accións..., sempre ese monte de papeleo e unha chea de burocracia de terra que marea.   En fin, a miña pena é non poder ir co RANA ao XI Encontro simplemente porque terei que agardar a que por fin me den o numeriño do folio "daqui", (de momento sigo con folio alemán) e terei que conformarme con mirar para él e contarlle mentiras, porque a ver como lle explico eu que para poder voltar a navegar precisa que o marquen outra vez como se fora unha res.
 
Pois nada, ánimo a todos os armadores que teimades en conservar un barco vello de madeira ( O RANA é un deseño de 1941 e construído no 1971) e que poidamos disfrutar no mar como un exercicio natural de liberdade. Vémonos no Freixo


2 comentarios:

andrea dijo...

E ao final vímonos! Lástima de Ráná... Bicos patrone!

Unknown dijo...

Great post! This is my blog http://universaltalkforyou.blogspot.com/, join/follow it if you like. Great post! This is my blog http://universaltalkforyou.blogspot.com/, join/follow it if you like.