O señor Majete Boudevara dime que teño o blog abandonado e non falou mal (pero ben tampouco), hai xa algún tempo que non fago algunha entrada, pero é xusto recoñecer que o chiringuito non estuvo mal atendido, xa que foi el quen se encargou de actualizar con uns posts ben interesantes. No mes de xaneiro estarei en disposición de subir a ampliación dun traballo que publiquei hai uns meses sobre as liñas de transporte marítimo na Ría de Arousa.
Concordo nos desexos do meu bo amigo e refrendoos no fondo e na forma. Como non quero que remate o ano sin poñer algo, fixen unha selección (pequeña escuelma) de algunhas fotos deste ano das que teño grato recordo, porque cada fotografía conleva unha historia, grande ou pequena. Nestes meses pasaron moitas cousas, boas e malas... anduvemos algo a vela, un pouco a pescar e bastante nas tabernas, e como sempre hai un movil ou unha máquina de retratar a man, procuro captar algo para a lembranza.
Recén botada
Palmeira, mes de maio
Faro do Sinás
Regata do Bao
Bateas
Arriando cabos
Regata dos Faros (Foto: M. Muñiz)
Lady Truel
Illa de Rúa
Con esto remata o 2012 no Boudevara, para o 2013 esperamos poder estar por aquí e tamén por alá; sexa como sexa, vos portádevos ben, ou mal, como máis vos compense!
"Al fin y al cabo, Don Vito, el dinero no lo es todo."
El Padrino II
2 comentarios:
Esta sí que foi unha boa sorpresa e a mellor maneira de pechar o boudevara por este ano, con lady truel incluída. Tomoche a palabra e agardo que para o ano, te deixés ver máis por aquí..., porque é certo o que nos dí Mik Corleone, "hai cousas que non se pagan cos cartos". Apertas compañeiro e boa pesca.
Feliciano! E que veña con máis historias e fotiños bonitas coma estas :)
Publicar un comentario