Translate

martes, 18 de diciembre de 2012

VIEIRAS PARA O NADAL

Aínda que non pensábamos publicar nada máis neste ano, a boa nova da apertura da campaña da vieira para a flota de Cambados no sector 4, obríganos tamén a reabrir o blog para dar conta desta boa nova que nos enche de ledicia polo que supón para moitas familias nestas datas de Nadal.

Con este texto abría onte o blog dos rañeiros de Cambados:

"Con semanas de retraso, a flota da vieira dará comezo hoxe á campaña. Toda vez superado o episodio da tóxina  amnésica, os controis indican que xa é posible a súa extracción".


A VIEIRA: Un producto Estrela

A Vieira é certamente un producto estrela na costa galega, e especialmente nas Rías Baixas, onde resulta moi dificil entender un Nadal sen decatar este producto. As imáxenes que imos poñer corresponden á Campaña deste ano realizadas pola reporteira gráfica Mónica Yrago Sobrino e por outra banda, retomamos algúns datos e imáxenes da Campaña do 2008 que se empregaron como material para a elaboración do cuaderno didácto "Aprende á beira do Mar", dirixido a alumnos de primaria e secundaria dentro do programación "Cambados á beira do Mar", froito da colaboración entre a empresa Intramar S.L. ("aula obradoiro Chasula"), as mariscadoras de Cambados "Guimatur", a Confraría de Cambados e a Consellería do Mar.    
 
Imaxe tomada por Mónica Yrago dende Tragobe coa Torre de San Sadorniño ao fondo. Cambados 2012


A flota da vieira en Cambados



Cambados é o primeiro porto de Galicia en capturas de vieira cunha flota de 40 barcos onde se enrolan 120 tripulantes. 

  Zonas de extracción:

As viéiras tómanse na entrada de Cambados , As Meáns, o Galiñeiro, Os Pragueiros , Sálvora, Rúa, As Lobeiras e a costa norte da Ría dende Aguiño ate Boiro.






  • secuencias de arrastre:
     
 os barcos poden largar un ou dous rastros




 
  •   escollendo:



 

 

 

  









  •  Rastro da vieira:


 O rastro da vieira ten os dentes curtos e drobrados cara atrás para evitar que se enterre no fondo.


 

 















  •  Os cupos para esta campaña

Nesta campaña serán 25 kilos de vieira por tripulante, até acadar os 75 k. por embarcación e 3.000 kilos en total.  

Zona de estracción:

Os 40 barcos que sairán no primeiro día desta campaña traballarán na zona aberta, una das dúas sub-áreas da zona 4.

Horario

De nove da mañán até a unha do mediodía, con saída e regreso ao porto de Tragove.

 








  •  A descarga no Porto de Tragobe:
 
 
Toda a vieira ten que pasar por lonxa para despois pasar pola planta de eviscerado.


 


 



 
 


  • As previsións:
"O máis importante para o sector é que sálvase a campaña de Nadal e dende a Cofradía avanzaron que as previsións apuntan a uns bos resultados, tanto en calidade como en cantidade, acadando facilmente unhas capturas por riba dos doce centímetros establecidos, o cal repercute positivamente no precio deste recurso".
(texto: blog rañeiros de cambados").

A previsión é que se chegue a unhas tres toneladas de recurso por cada xornada de traballo. 



  •   A evisceración:
 



Toda a vieira ten que  eviscerarse para a súa comercialización ben en fresco ou en conxelado para evitar así posibles intóxicación por toxinas.  


A encargada de eviscerar o producto que chega á lonxa é empresa Vieirasa. 


A apertura da campaña permitirá combinar a venta de producto fresco e conxelado.

 

  
Luis "O Chiste". Cambados 2008

 Remate:

A pesares de que esta boa nova obrigou dalgunha maneira a reabrir o blog que xa estaba de vacacións (con servicios mínimos), pensamos que vale a pena axudar na promoción deste producto estrela, da flota da vieira en Cambados e por suposto dos mariñeiros e as súas familias.

Ademáis, a entrada sirveme para lembrar a Luís, mariñeiro e amigo que se nos foi este ano, e que no seu momento foi "persoeiro da semana" neste blog cando facíamos esta sección.(déixovos o enlace desa entrada:).

Ata sempre compañeiro.




Datos e enlaces:

Imáxenes: 
Mónica Yrago Sobrino
Arquivo Boudevara

Datos: 
blog Rañeiros de Cambados
Arquivo Boudeva

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que ben che quedou! onte paseille unha visuada moi rápida.