A poucos días da Regata de Dornas da Asociación A Calmoseira, andamos a poñer a punto as dornas do CMS.
Si a semana pasada toquou estrenar drizas para A Muller de Balboas, onte foi a JULICHEIRA a que estivo en probas da nova pala de timón, drizas e caña de fortuna.
De momento comprobamos que é necesario axustar a pala do timón e reparar algunhas fendas que xa son doenzas crónicas que a dorniña padece. Pero imaxinamos que aínda que non nas mellores condicións, poderemos asistir á Regata dos Calmoseiros.
Foi tamén día de escola para a nova xeración do CMS, que paparon unha tarde de solleira e vento de iniciación, !o xusto¡
Emilio
Fran
Fran, Emilio e Quico
Coma ben sendo habitual, Quico ademáis de ser xa un dorneiro de cotío, fai as labouras de fotógrafo oficial do CMS, algo que se votaba en falla xa que até o de agora ninguén se ocupaba deste tema e por iso poucas fotos temos das travesías feitas durante os últimos anos. Aquí van algunhas de onte:
1ª LECCIÓN:
O IMPORTANTE É CHEGAR A PORTO
mañán máis
4 comentarios:
vaia mundo de xente na dorna, e cacho de caña, que hasta o color lle queda ben
Ola Lino, xa ves, inda que son rapaces ocupan de carallo. A túa caña pinta moi ben, seguro que non contaba a pobriña con cheirar o mar de novo. A ver se para a semana facemos a nova e te levamos a reliquia.
De momento moitas gracias por deixala.
Apertas
Patrão Xaquin sulcando mares...
abraço desde terras de Viana
Ola Joâo, ai que mollarse un pouco que se non con tanta calor quedamos coma cartóns.
Abraço paralá
Publicar un comentario