
Ben, aquí vai un resumo da travesía dominical:
Partimos do porto do Grobe as 12:00h, con vento suave do norte. Ceo despexado e temperatura cojonuda. Destino Bueu.


Chegando o Faro das Umias izamos maior e xénova. (A mesana de momento non é necesaria). O vento vaise mantendo até dobrar o Faro do Pombeiro pero votase en falla un pouco do vento dos dias atrás.


Por popa imos deixando a Illa de Salvora. As baterías por babor:



Á altura de Ons, o vento rola a Noroeste e trasluchamos aparellos. Acadamos os 6 nudos e pronto rebasamos Cabicastro.



Xa na Ría de Pontevedra aumenta o vento e chegamos con boa marcha até a praia da Tulla (xa en Bueu).


Deixamos o Zorba fondeado e collemos a neumática para dar unha volta pola costa sur da Ría: Punta Cabaliño, Beluso, Punta Monte Gordo, Praia de Lapamán, Illa de San Clemente, Punta Loira, Aguete, Punta Moa, Praia Mogor e Portocelo.





Cae a tarde e con ela o vento. Tan so izamos xénova pero pronto temos que recollelo. Queda por diante unha travesía a motor perseguindo un sol que se vai agochando por detrás de Salvora.







Á altura do Pombeiro a noite nos deixa as luces de ribeira por babor, Salvora e Nor pola popa e unha Ría de siluetas de bateas por estribor. Imos chegando as escuras coas luces dos faros, xa van sendo horas de poñer pe en terra e o cú na taberna a tomar un vaso.




Até aquí, a bitácora dun día de domingo de agosto navegando no Zorba dende o ollo do mariñeiro de abordo.
7 comentarios:
espero non morrer sen probar o Zorba a vela, xa que a motor e e mais na zodiac xa teño navegado.
Moi bonita a reportaxe!, a ver cando me enrolas, capullete!
Fantastische!!! Bonitas fotos e estupenda narración, gustoume o detalle de "poñer pe en terra e o cú na taberna". Un bo final para un bo día, polo que se bota de ver...
Sr. Lino:
Xa probaches as pipas facundo?
Curros:
Con tanto pseudónimo non ai quen te sija a pista. O de enrolarse, eu podo convidarte no RANA que é o meu barco, pero antes tesme que axudar a pintalo. Anímaste?
Andrea:
A ver para cando nos vemos a tomar uns vasos deses. Pon día e nos achegamos por aí ou fasemoslle unha incursión os furranjios de interior.
Jeje, por aqui non hai loureiros, señor boudevara, só pelenjríns. Seguramente vaia con Queca á regata do dominco na Illa, se vos animades, tupendo!
Saudinha
Majete, sabes que este sabado temos regata de dornas en San Vicente, non?
a ver que tal sale.
Ides a vir algún da tropa dos majetes?
Sra. Andrea:
Penso que o do domingo quedou aprazado. Así que o dos vasos vai ter que quedar para outra ocasión: Combarro?, Bueu?. Ons?
Apertas dende aquí paralá.
Sr. Lino:
Tentaremos estar por San Vicente, pero a ver o vento. A Julicheira non está ainda a punto para unha regata esixente e ai que ir recuperando sensacións (fai tempo que non ando coa Julicheira e faiseme estraña). Na regata da calmoseira mesmo demos volta de quilla. De todas formas faremos por estar aí. Vémonos
Publicar un comentario