Festas da Guadalupe
Rianxo 2019
datas: 19-20 setembro
lugar: Porto de Rianxo
Imaxes: Hadriana Ordóñez Otero
Imos continuar coa mirada retrospectiva deste verán coa lembranza da navegación de finais de setembro até Rianxo, onde o Clube Mariño Salnés foi convidado polo Concello de Rianxo coincidindo coas Festas da Guadalupe e co motivo de apoiar a recuperación da lancha xeiteira da localidade e se cadra, a creación dun novo colectivo que se encargue da protección do patrimonio marítimo da vila.
Para esta ocasión ilustramos a entrada cunhas excepcionais imaxes de Hadriana Ordóñez Otero realizadas durante a travesía e a estadía dos membros do CMS na vila de Castelao, Dieste e Manuel Antonio e sobre todo, de homes e mulleres que teñen o mar coma sustento e compañeira da vida.
A Travesía:
Entrada en porto: amarre e baño:
toca plegar velas e ordenar a bordo:
entrada da Miña Miniña en porto:
e regreso:
Remate:
Unha fermosa xornada de navegación e convivencia arredor dos barcos vellos. Despídome coa esperanza de que Rianxo volva contar cun colectivo que dinamice o seu patrimonio marítimo, continuando dalgún xeito o xermolo do Obradoiro de Carpintería de Ribeira "Xeiteira" e daquelas Festas Das Tradicións Mariñeiras celebradas naquel ano de 1999.
Agradecementos:
Á tripulación do Rana:
Bea, Miguel, Hadri e Olaia.
Ao concello de Rianxo polo convite.
Á tripulación do Miña Miniña por acompañar o evento,
e agradecementos moi especiais para Hadriana Ordóñez Otero pola amable cesión destas fermosísimas imaxes.
A tod@s, moita salitre
Até a vindeira entrada
No hay comentarios:
Publicar un comentario